"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
GALICIA
Pintor. Decorou o retablo da capela de Nosa Señora do Rosario (1612) na igrexa de Santiago de Betanzos e, en 1617, realizou o mesmo labor para o retablo maior de Santa María de Centroña en Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san Martiño de Dumio.
-
PERSOEIRO
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga (570). Foi o artífice da conversión sueva. A partir do 550 contribuíu decisivamente á cristianización de Gallaecia, mediante a propiciación do monacato e a expansión da nova Igrexa. Gracias á súa intervención ao redor do 559, o Rei Teodemiro converteuse ao cristianismo. Tentou suprimir as supersticións e os restos do paganismo e do priscilianismo aínda presentes na sociedade rural e proporcionar á Igrexa Galaico-sueva unhas normas para poder desenvolver a grande obra de restauración da vida cristiá. Escribiu Parrochiale Suevorum ou Divisio Theodomiri e os Capitula Martini, colección canónica que redactou como colofón e complemento dos Concilios I e II de Braga. Modificou os canons e incluíu capítulos propios en que tratou a represión de diversas supersticións mencionadas no tratado De correctione rusticorum, onde pretendeu corrixir os hábitos e costumes pagáns vixentes en certas zonas de Galicia. Tamén fundou o mosteiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. O seu espírito aventureiro levouno a Italia, Flandres ou Brasil. Escribiu Viriato Trágico (1699), un poemario épico onde no Canto XV, titulado “Um sonho profético”, relata os aspectos máis destacados e emocionantes da súa vida en 80 estancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico árabe. Foi protexido dos califas de Bagdad e autor dunha recolla dunhas 100 cancións, das que destaca o Kitāb al-Aganī de Abū-l-Farā Palatino; ǧ ‘Alī al-Isfahānī.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Estrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible, que ten unha función fundamentalmente protectora ou de unión.
-
membrana abdominal
peritoneo.
-
membrana adventicia
Capa externa das arterias.
-
membrana anal
Membrana que pecha o extremo anal do intestino embrionario.
-
membrana bacteriana
Membrana que recobre o citoplasma bacteriano.
-
membrana basal/hialina
Capa delgada e transparente, rica en glicoproteínas, que está situado baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.
-
membrana basilar
Porción membranosa do tabique dos condutos do oído interno.
-
membrana caduca
decidua.
-
membrana celular/citoplasmática/plasmática
Membrana que rodea a célula, delimitando o seu contorno e controlando o seu contido. A membrana plasmática está en contacto co citoplasma (medio interno), e por outro lado, co medio extracelular (medio externo). Os seus compoñentes principais son os lípidos (fosfolípidos, colesterol e glicolípidos), que son os maioritarios, as proteínas (integrais e periféricas) e os glícidos. A membrana plasmática é unha estrutura semipermeable, asimétrica e dinámica, onde os seus compoñentes teñen posibilidades de movemento proporcionándolle unha certa fluidez. As súas funcións fundamentais son regular o paso de substancias cara ao interior da célula e viceversa, permitindo o paso de nutrientes cara ao interior e a saída de refugallos ao exterior, e illar e protexer a célula e permitir a agregación e a cohesión de células veciñas formando tecidos e órganos. A primeira mención da existencia dunha membrana celular atribúese xeralmente a Theodor Schwann (1839), nas décadas seguintes...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
membranoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao instrumento en que o son é producido mediante a vibración dunha membrana tensa sobre ou dentro dunha cavidade ou orificio, na moderna clasificación organolóxica. O son prodúcese por percusión (tambor), por rozamento (zambomba) ou por sopro.
-
-
Relativo ou pertencente á membrana.
-
Que ten membrana.
-
Que é semellante a unha membrana.
-
-
FILOSOFOS
(Perpignan ss XIV - XV) Filósofo xudeu. Coñecido como Bonafós Abraham, redactou un vocabulario de termos filosóficos titulado Miklal y.ofi. As definicións foron tomadas de obras filosóficas hebreas, en especial do Moré Nebukim de Maimónides.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Barítono e escritor. Colaborador da revista Galicia, foi un dos propagandistas da música galega. Escribiu Canciones y poesías gallegas (1908), Frangullas (1910) e Celanoverías (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. En 1932 ingresou na Unión Regional de Derechas da Coruña, da que foi elixido presidente (1933). Actuou de enlace entre as organizacións locais e a CEDA, formación política pola que foi deputado (1935-1936). Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1959-1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construída no s XX, consagrouse en 1957. Ten cubertas de bóveda de canón de cemento, e retablos barrocos (s XVIII) nos laterais, mentres que o do altar maior data do s XX. A fachada remata cunha espadana de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. De nome Remi Desplanches, elaborou a súa obra en occitano. Criado no posromanticismo, escribiu pezas de teatro e publicou diversos poemas, como De Rampalm a Guilhanèu (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico polaco. Foi profesor da Academia Naval de Annapolis (Maryland), onde estudou, en Cleveland e nas universidades de Worcester, Massachusetts e Chicago. Demostrou, xunto con E. W. Morley, a inexistencia do hipotético éter, mediante o coñecido experimento de Michaelson-Morley. Recibiu o Premio Nobel de Física (1907) polos seus estudos sobre o xeito de establecer a lonxitude de onda como patrón fundamental de lonxitude, en lugar do metro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Iniciado no expresionismo, que cultivou ata 1967, atravesou unha época abstracta que culminou noutra conectada coa problemática do home e o contorno que o condiciona. Realizou esculturas, sobre todo metálicas, e metalografías sobre a situación dos negros en EE UU. Recibiu influencias da linguaxe e da visión da pop-art. Da súa obra destacan Crit, dejuni forgos; El boig, Els relleus visuals, Vietnam 68, L’espera, Vencerem, Lluita d’infants, Gioconda, Antoni Miró e One Dollar.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo lituano. Coñecido como Deborin, defendeu a dialéctica marxista. Foi acusado de idealismo de tendencia menxevique, mais tivo que retractarse e aceptar a ideoloxía oficial do réxime soviético. Escribiu Hegel i dialekticeskij materializm (Hegel e o materialismo dialéctico, 1929), Dialektika i jestestvoznanije (Dialéctica e ciencias naturais, 1930), Filozofija i marksism (Filosofía e marxismo, 1930) e Filosofija i politika (Filosofía e política, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Estudou nas universidades de Sedan, Saumur e París. Realizou estudos sobre cálculo de probabilidades e publicou a ecuación da curva de erro. É un dos vangardistas do estudo da trigonometría analítica e da teoría de probabilidades. É o autor de De mensura sortis (1711) e The Doctrine of Chances (1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro. Presidiu a Cámara Oficial de la Propiedad da Coruña (1936-1943) e foi nomeado alcalde da cidade entre 1947 e 1958, onde realizou importantes investimentos como a pavimentación das rúas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte preto de Praga onde o 8 de novembro de 1620 as tropas nacionais checas foron vencidas polas imperiais. Os checos nomearan a Federico V do Palatinado rei de Bohemia e procuraran a axuda da nobreza húngara, que o Emperador Fernando II encontrou na Liga Católica, en Saxonia, e en Maximiliano I de Baviera. Para o Reino de Bohemia esta desfeita significou o recoñecemento forzoso da soberanía austríaca.
VER O DETALLE DO TERMO