"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política económica-social definida pola supremacía do Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que o Estado pasa a xestionar directamente unha actividade económica e social, ata ese momento en mans da iniciativa privada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda de ouro, electrón ou prata que se empregou na antiga Grecia e no Oriente Próximo dende o segundo cuarto do s VII a C.
-
-
-
Rama da mecánica que estudia as condicións de equilibrio para que o corpo sobre o que actúa se manteña en repouso ou en movemento uniforme. Por mor da súa fácil xeometrización, xa foi estudada polos gregos. Posteriormente, desenvolvérona Leonardo da Vinci, S. Stevin, Galileo e, principalmente, J. B. d’Alembert e J. L. Lagrange, que acadaron unha gran xeneralización mediante o principio dos traballos virtuais. O obxectivo básico da estática consiste en substituír un sistema de forzas determinado por outro que sexa o máis simple posible. Se se ten presente que un sistema de forzas está determinado pola forza resultante e polo movemento resultante, dedúcese que todo sistema de forzas é equivalente a unha forza única aplicada nun punto arbitrario e a un par de forzas. Os principios da estática son: que a forza resultante sexa nula e que o momento resultante sexa tamén nulo; os dous teñen aplicación na arquitectura e na enxeñería.
-
estática de fluídos
hidrostática.
-
estática gráfica
Método para resolver problemas sobre o equilibrio e a distribución de forzas, cargas, tensións, momentos, etc, aplicados a un sólido, por medio de gráficos exactos. Reduce os problemas da estática a simples problemas de xeometría utilizando as operacións gráficas vectoriais para chegar a determinar en forma de diagrama os valores principais que caracterizan a resistencia dunha peza, tales como os de momentos estáticos e de esforzos cortantes. O primeiro obtense mediante o polígono de forzas e o polígono funicular. O segundo obtense determinando, para cada sección da peza, a resultante das forzas exteriores.
-
-
Método de análise económica que ten por obxecto o estudo das variables económicas nunha posición determinada, xeralmente considerada de equilibrio. A confección de modelos económicos desde a óptica estática caracterízase pola referencia de todas as variables a un mesmo período de tempo. Unha variante deste tipo de análise é o da estática comparativa, baseado na confrontación de dúas situacións de equilibrio en que as condicións extremas non estiveron modificadas especialmente polo paso do tempo.
-
Parte da química que estudia os estados de equilibrio ao que tenden os sistemas que experimentan unha reacción reversible. Denomínanse reversibles as reaccións que poden progresar nun sentido ou no sentido inverso, e chegan nos dous casos a un mesmo estado de equilibrio químico, que se caracteriza polos valores das concentracións dos produtos da reacción e das substancias reaccionantes que aínda están presentes. O estudio cuantitativo da estática química desenvolveuse a partir da lei de acción de masa de M. Guldberg e P. Waage, e dos conceptos de entalpía libre e de potencial químico derivados do segundo principio da termodinámica por J. H. van’t Hoff (1844) e J. W. Gibbs (1875); constitúe o capítulo principal da termodinámica química.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estática.
-
Que permanece nun estado inmutable sen cambio.
-
Que non fai ningún movemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de estático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estatalismo.
-
-
Ciencia, método, técnicas e operación de análise matemática que permiten estudar numericamente e coa máxima precisión os fenómenos colectivos incompletamente coñecidos. As primeiras recollidas de datos iniciáronse con fins militares ou para recadar impostos. Posteriormente, a organización dos primeiros servicios oficiais de estatística serviu para recoller datos económicos, demográficos e de comercio. O nacemento da estatística fundamental como ciencia autónoma produciuse a finais do s XIX en Gran Bretaña, cos estudios biolóxicos de F. Galton e, sobre todo, os de K. Pearson. O desenvolvemento posterior da estatística, cada vez máis ligada á teoría das probabilidades e das súas aplicacións débese aos traballos de R. A. Fisher, W. A. Shewhart, H. F. Dodge, A. Wald e A. N. Kolmogorov, entre outros. Para o estudo dun fenómeno de tipo colectivo pódense efectuar observacións, que poden incluír a totalidade da poboación ou limitarse a unha parte dos individuos que a constitúen, chamada mostra....
-
Conxunto de datos e feitos recollidos, clasificados e computados.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estatística ou ás estatísticas.
-
Persoa que se ocupa de realizar estudios ou traballos estatísticos.
-
alor que se calcula mediante os datos dunha mostra e que serve para estimar un parámetro da poboación nai.
-
Familia de variables estatísticas que dependen dun ou máis parámetros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘parado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cápsulas resistentes e duras, propias dos ectoproctos, que conteñen unha masa de células xerminativas. Fórmanse durante o verán e outono e cando a colonia morre fican libres para dar lugar a novas colonias na primavera seguinte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano hidroestático do equilibrio que está presente en moitos invertebrados. Cada estatocisto está constituído por unha cavidade central, chea de líquido, delimitada por unha parede de células sensoriais ciliadas, cos cilios dirixidos cara á cavidade central. No interior da cavidade central hai uns corpúsculos móbiles chamados estatólitos, formados por gránulos de carbonato cálcico, de area ou doutros materiais, que, segundo a posición do animal no espacio, descansan sobre unhas células ou outras da parede, e estimulan os diferentes cilios das células; deste xeito proporciónanlle información ao animal sobre a posición do corpo, ou dunha parte do mesmo. Os canais semicirculares do oído dos vertebrados teñen unha función semellante. Tamén se denomina otocisto.
-
-
Parte fixa dunha máquina eléctrica. Nas máquinas de corrente alterna ten xeralmente a forma dun tubo cilíndrico, cun dentado no seu círculo interior, que forma as rañuras onde van aloxadas as bobinas. Nas máquinas de corrente continua, o estator está formado por unha armadura cilíndrica que leva fixos no interior os polos ou pezas polares coas bobinas correspondentes.
-
Parte fixa dun mecanismo sobre a que xira outra parte, móbil, denominada rotor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motor de reacción de tipo atmosférico, inventado por René Lorin en 1913, que aspira o aire de combustión por efecto da velocidade da aeronave que impulsa. Está constituído por un conduto de aspiración do aire seguido dun difusor onde se incrementa a presión. O aire entra na cámara de combustión e o combustible, ao queimarse, produce unha enerxía que se tranforma en enerxía cinética na expansión que se produce na tobeira de saída de gases. É moi apropiada para a propulsión de mísiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega en navegación aérea para determinar os movementos de ascenso e descenso dun avión, que se basea nas variacións da presión exterior.
-
CUMIOS
Cumio dos Pireneos, situado ao NO de Andorra, a unha altitude de 3.143 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figura de vulto redondo que representa unha persoa ou un animal.
-
Estatua pegada ao fuste dunha columna ou que forma parte do mesmo. É característica das portadas das igrexas do s XIII.
-
-
-
Arte de facer estatuas.
-
Conxunto de estatuas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás estatuas.
-
Que serve para facer estatuas.
-
Que presenta algunha característica das estatuas, especialmente a rixidez e a inmobilidade.
-
Persoa que fai estatuas.
-