"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Cadeira de brazos, ampla e cómoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. contaminación.

    2. Emisión de esperma sen coito nin estímulo externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está manchado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Zeus e de Leda, e irmán xemelgo de Cástor, con quen formaba o grupo dos Dióscuros (Äéόóêïõñïé ‘fillos de Zeus’). Grande atleta e loitador, participou nos xogos olímpicos xunto a Cástor e conseguiron moitos triunfos para Esparta. Ambos os dous enfrontáronse aos seus curmáns, os xemelgos Idas e Linceo, e da confrontación só sobreviviu Pólux, salvado por Zeus. Abatido pola morte de seu irmán, Zeus permitiu que viviran ambos alternativamente no Olimpo e na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela da constelación de Xémini. É unha estrela xigante de cor amarela, que ten unha magnitude aparente de 1,21 e está situada a unha distancia de 31 anos luz da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na ría de Muros e Noia, entre a punta Casarrica e a praia Parancón, na parroquia de Esteiro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura fortemente explosiva sólida e xeralmente en forma de grans. Pode estar formada por diversas composicións, a máis antiga delas é de salitre, xofre e carbón, chamada pólvora negra ou pólvora terrosa segundo a cor do carbón. Emprégase para impulsar proxectís nas armas de fogo, propulsar foguetes, realizar barrenas nas rochas, demoler construcións ou preparar fogos de artificio. De orixe incerta, parece que foi producida por vez primeira en China, onde se usaba en fogos de artificio; os árabes introducírona en Occidente, que xa a empregaron con fins militares en Niebla (1257) e no s XIII xa se usou na guerra.

    2. Conxunto de fogos de artificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura organizada por un grupo de católicos ingleses contra Xaime I de Inglaterra. Pretendían voar o Parlamento o día da sesión inaugural (5 de novembro de 1605). Robert Catesby e catro conspiradores máis, co fin de enfrontar a intolerancia relixiosa, escavaron un corredor debaixo de Westminster, onde colocaron máis de 20 barrís de pólvora, pero o seu complot foi descuberto a véspera, e os organizadores xulgados e executados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar ou edificio convenientemente disposto para gardar pólvora e outros explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai pólvora ou a vende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer remuíños de po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remuíño de po provocado polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce feito con fariña, manteiga e azucre, de textura fariñenta, que se desfai facilmente na boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘fariña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos falcónidos, ao que pertence o caracará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, con follas pecioladas e opostas ou verticiladas, flores de cinco pétalos, máis curtos que os sépalos, e froito en cápsula de tres valvas. En Galicia dáse en lugares costeiros a especie P. tetraphyllum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Expoñente da corrente cosmopolita do movemento literario do seu país, foi o teórico e o impulsor do Movemento dos 80, que acentuaba o individualismo, o esteticismo e o sensorialismo. Publicou Poessie (1880), Loreley (1882), Idyllen (1882) e Iris (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou sufruticosas, da familia das poligaláceas, de follas simples, enteiras e alternas, de flores con 5 sépalos e 3 pétalos, de cor azul, violeta ou branca, dispostas en acio, e de froitos capsulares. Dáse en terreos rochosos e pastos, sobre todo nas montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, da familia das liliáceas, ao que pertence a soldaconsolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, herbáceas ou coa base leñosa, con cinco pétalos de cor branca ou rosada e froito disposto en aquenio con forma lenticular. A especie P. fagopyrum emprégase como cultivo xa que ten sementes das que se obteñen fariñas panificables. En Galicia danse as especies P. maritimum en praias e P. aviculare, P. hydropiper e P. persicaria en camiños e beiras de regatos.

    VER O DETALLE DO TERMO