"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político. Foi membro da Convención, da que foi elixido presidente en 1793, e do Comité de Salvación Pública. Trala toma de Lyon (1793), que se levantara en contra da Convención, foi enviado por Robespierre para executar as decisións que adoptara a Convención, feito que provocou unha durísima represión. Participou no golpe de estado de Termidor (27.7.1794), en oposición á política de Robespierre; sen embargo, non evitou a acusación de complicidade con Robespierre, feito polo que foi expulsado á Guyana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Discípula de Étienne-Maurice Falconet, realizou os bustos de Falconet, Voltaire, Diderot e Catarina II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e empresario teatral. Entre as súas obras destaca The Jealous Wife (A esposa celosa, 1761) e The Clandestine Marriage (A voda clandestina, 1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Comezou a súa carreira no teatro, ata que debutou no cine en 1918. Entre as películas nas que participou destacan: Lady Windermere’s Fan (O abano de Lady Windermere, 1925), Under Two Flags (Baixo dúas bandeiras, 1936), The Prisoner of Zenda (O prisioneiro de Zenda, 1937) ou The Story of Mankind (A historia da humanidade, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe do mosteiro irlandés de Iona e, posteriormente, bispo de Lindisfarne. No Sínodo de Whitby (663), opúxose á aceptación da data romana da Pascua, renunciou á súa diocese e fundou un mosteiro de resistentes. A súa festa celébrase o 18 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Nacido no seo dunha familia campesiña, pasou os seus primeiros anos entre Chapa e Margaride (parroquias do concello de Silleda), ata que en 1913 emigrou a Bos Aires. Alí comezou a pintar os obxectos e cousas que tiña ao seu redor e as paisaxes que lembraba de Galicia. En 1917 ingresou por libre na Academia de Bellas Artes de Bos Aires, ao tempo que estudiaba co pintor arxentino Demetrio Urruchúa, co escultor Planas Casas e co gravador Pompeu Audivert, tamén emigrados. Nestes anos compaxinou a pintura con distintos traballos e colaborou na revista Fuego. Moitas das súas primeiras obras na Arxentina, de carácter expresionista, queimounas ao non consideralas axeitadas. En 1923 participou na Exposición de Arte Gallego de Bos Aires con catro obras de pequeno formato. Regresou a Galicia en 1926 e instalouse en Margaride. Realizou a súa primeira mostra individual na sala de exposicións do Faro de Vigo en 1928, ano no que recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle renovaron...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, economista e xurista. Cursou estudios de humanidades baixo a dirección do catedrático de Filosofía Pedro Losada e licenciouse en 1832, á parte de estudios xurídicos que o levaron a acadar a licenciatura (1838) e o doutoramento en Dereito (1841) pola Universidade de Santiago de Compostela. Nesa universidade ocupou a praza de profesor substituto ata 1847, ano no que obtivo a cátedra de Dereito Político e Administrativo na Universidad Central de Madrid. En 1881 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo como premio aos seus servicios. Compaxinou a profesión docente co exercicio da avogacía e, en 1865, afiliado ao partido liberal fusionista con Sagasta, iniciou a carreira política. Foi elixido deputado polo partido de Pontevedra e, en 1871 e 1879, senador en representación da Real Academia da Historia. Foi nomeado senador vitalicio en 1881. Ademais dos seus cargos políticos, foi inspector xeral de Instrución Pública, vogal da Junta de Reforma Penitenciaria, presidente da Junta de Fomento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. A súa estancia en Roma, cidade na que desempeñou importantes cargos na curia entre 1498 e 1527, foi dunha intensa actividade filolóxica, centrada no estudo das linguas e literaturas romances. Participou activamente nas disputas suscitadas arredor da “questione della lingua”, para propugnar unha “lingua comune” que se erixise como modelo para os grandes autores do Trecento, Petrarca en particular, e que tivese en conta tamén as variedades dialectais italianas. Posuía unha rica biblioteca da que formaban parte códices gregos, latinos, provenzais, franceses, italianos e galego-portugueses, moitos deles depositados na Biblioteca Vaticana. En moitas desas obras, Colocci escribiu notas lingüísticas e literarias de moi diverso tipo co fin probable de confeccionar algún tratado que nunca chegou a ver a luz e do que constituirían intentos iniciais o vocabulario provenzal-italiano, integrado nos folios 222-269 do Vat. Lat. 4817 ou o Vat. Lat. 3217, no que Colocci e outro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Miniaturista francés. Pertenceu á escola do Loire. Rematou as Très riches heures du Duc de Berry (As marabillosas horas do duque de Berry) e ilustrou Romuleon, Les Heures de Laval (Romuleon, as horas de Laval) e L’Histoire de la Guerre de Troie (A historia da Guerra de Troia).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Colombia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Colombia.
-
Arte producida no territorio de Colombia. Durante os séculos anteriores á época colonial desenvolvéronse neste territorio diferentes culturas. En Huila a civilización megalítica de San Agustín construíu templos formados por un corredor de pedra con cuberta, como o templo da Diosa Madre. No eido da escultura destacan os monolitos antropomorfos, representación das divindades. A cultura calima desenvolveu unha ourivería caracterizada polo emprego da curva e unha escultura de pequenas figuras enmascaradas, representación dos xefes e sacerdotes. Os chibchas crearon os tunjos ou placas cerimoniais, realizadas con finas láminas de ouro que se traballaban sobre placas fundidas, e os vasos cerámicos antropomorfos. Baixo o nome de cultura quimbaya agrúpanse diversos pobos que empregaron variadas técnicas de ourivería para crear figuras humanas e os poporo ou botellóns. A cultura tairona destacou na construción de casas con cimentos circulares e na elaboración...
-
Arte cinematográfica desenvolvida en Colombia. Despois duns inicios documentalistas, o cine colombiano viviu un dos seus mellores períodos durante a década dos anos vinte, con títulos como La María (1921), de Alfredo del Diestro; Aura o las violetas (1922), dos irmáns Di Domenico e, sobre todo, Alma provinciana (1926), de Félix J. Rodríguez. Condicionada pola chegada do cine sonoro, a produción limitouse a documentais de actualidade durante a década dos anos trinta, período que remata co gusto polas comedias musicais. Os anos cincuenta deron paso a unha xeración nova pero pouco interesada pola realidade social do país. Os seus membros máis destacados eran Guillermo Angulo, Julio Luzardo, Jorge Pinto, Álvaro Gonzalez e Francisco Norden. En contraposición, Carlos Álvarez impulsou unha produción abertamente comprometida á que se sumaron Marta Rodríguez e Jorge Silva. A creación da empresa estatal FOCINE, nos últimos anos, reactivou a produción cinematográfica grazas a cineastas como Ciro Durán,...
-
As primeiras manifestacións da literatura producida en Colombia remóntanse á tradición indíxena, abolida polo efecto da conquista. Posteriormente, durante a época colonial, xurdiron figuras que nutriron as letras colombianas como Hernando Domínguez Camargo (1606-1659), Frei Andrés de San Nicolás (1617-1666), Sor Francisca del Castillo y Guevara (1671-1742) e Francisco Álvarez de Velasco y Zorrilla (1674-1704). Ao remate das guerras da independencia, a produción literaria rexorde da man das tendencias románticas. Destacan, entre outros, José Eusebio Caro (1817-1853), Rafael Pombo (1833-1912) e Jorge Isaacs (1837-1895), autor da novela María (1867). Europa continuaba a ser o polo de atracción e a finais do século, a influencia de Poe, Baudelaire e Verlaine era notoria. Xa se anunciaba o modernismo, primeira corrente literaria na que a produción hispanoamericana se manifestaba orixinal. José Asunción Silva (1865-1896) foi o gran poeta do momento. Posteriormente, Guillermo Valencia...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrés García de la Riva Colombo.
-
PERSOEIRO
Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira elaborando curtametraxes. Sentou as bases da chamada “comedia madrileña” con títulos como Tigres de papel (1977), Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978) ou La mano negra (1980). Outras producións destacadas son: El caballero del dragón (1985), La vida alegre (1987), Bajarse al moro (1988), Rosa, Rosae (1993), Alegre ma non troppo (1994), El efecto mariposa (1995) e Los años bárbaros (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e militar, duque de Veragua. Foi gobernador de Galicia no ano 1677, capitán xeral das galeras de España (1679), vicerrei de Sicilia (1696-1701), conselleiro de estado (1699) e lugartenente de València en 1679.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que editou a Asociación Pro-Colón Gallego en outubro de 1989 en Vigo. Esta publicación trimestral estaba dedicada na súa totalidade a revisar diferentes aspectos e anécdotas que rodearon a vida deste personaxe. A publicidade mesturábase con entrevistas, artigos de historia, de commemoración do centenario, de toponimia e ata de xenealoxía. Colaboraron nesta revista Hipólito de Sa, Eliseo Alonso, José Ramón Fontán, Hector Barreiro, Alfonso Philippot, León Colín, Pablo Novoa ou Emilia Rodríguez Solano, entre outros.
-
PERSOEIRO
Cosmógrafo e bibliófilo, fillo natural de Cristovo Colón e de Beatriz Enríquez de Arana. Viaxou ás Indias en 1502, acompañando o seu pai na súa cuarta viaxe, e en 1509. Reuniu unha importante biblioteca de máis de 15.000 volumes que conformaron a Biblioteca Colombina. Escribiu unha Historia del almirante don Cristóbal Colón (1571).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Especializouse en pintura mural de perspectivas arquitectónicas fiticias. Colaborou con Mitelli na decoración mural de pazos e igrexas de Boloña, Ferrara e Roma e na corte de Filipe IV (1658-1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canón aberto pola erosión do río Colorado, situado no estado de Colorado, EE UU. Ten uns 350 km de lonxitude, entre 6 e 29 km de ancho e 1,2 km de profundidade. A súa formación débese á escavación producida polo leito do río Colorado e a unha elevación da meseta homónima. En todo o canón as rochas deformáronse por pregamentos e fallas, o que contribuíu a unha rápida erosión da garganta. Unha parte do canón, xunto coas mesetas de ambos os lados, constitúen desde 1919 o Parque Nacional do Gran Canón que recibe varios millóns de visitantes ao ano, procedentes fundamentalmente do propio país. O clima é moi rigoroso, con calor e frío moi extremos.
-
-
Que ten a propiedade de colorar.
-
Substancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles. A maior parte dos colorantes modernos son produtos orgánicos de síntese, coloreados moi intensamente, capaces de dar unha coloración de determinada permanencia e solidez a un soporte. A súa aplicación principal é a tintura de tecidos, papel, coiro, plásticos, derivados do petróleo e alimentos. Un colorante comercial defínese por dous grupos de características: as do proceso de aplicación (solubilidade, afinidade e velocidade de tintura) e as do produto tinguido (matiz, intensidade da cor, solidez fronte á luz, lavado, axentes de branqueo e duración, entre outras). O amplo abano de colorantes existentes defínense segundo o método de aplicación e segundo a súa constitución química. Desde o punto de vista do método de aplicación clasifícanse en: ácidos, fixados aos tecidos grazas á presenza na súa molécula de grupos ácidos, útiles para tinguir la, seda e poliamidas;...
-
-
Substancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar. Os primeiros foron de orixe vexetal ou animal; pero substituíronse case todos por colorantes sintéticos.
-
co-lorante ácido
Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes ácidos son as anilinas ácidas, como a eosina, a eritrosina, a fluoresceína e o vermello Congo.
-
colorante básico
Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes básicos son os carmíns, as anilinas básicas e as hematoxilinas. Ademais dos colorantes ácidos e básicos, hai algúns neutros, como o Sudán III ou o vermello escarlata, que tinguen as graxas.
-
-
Aditivo alimentario empregado para proporcionar unha determinada cor ou reforzar a cor natural, e para producir un efecto psíquico no consumidor, estimulando a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación. Segundo a súa natureza química pódense agrupar en colorantes inorgánicos, orgánicos naturais ou orgánicos de síntese. Para todos eles hai un control estricto no código alimentario de cada estado. Os colorantes inorgánicos, en xeral, son pouco utilizados, pero para casos especiais empréganse o bióxido de titanio, o negro de fume, o óxido de ferro, a prata metálica, etc. Entre as substancias naturais empregadas para colorear alimentos destaca a clorofila, o β-caroteno, a lactoflavina (ou riboflavina), o caramelo, a cúrcuma, etc. O uso de colorantes de síntese está en retroceso, e está estritamente controlado co fin de asegurar unha toxicidade mínima. As disposicións lexislativas tenden a reducir e unificar os colorantes...
-