"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Chegou a Inglaterra (1595?), onde se converteu en mestre escultor da coroa en 1608. Realizou as tumbas de Isabel I en Westminster Abbey (1605) e de Robert Cecil en Hatfield.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Saxofonista de jazz, compositor e director de bandas norteamericano. Actuou con Dizzy Gillespie, Miles Davis e Thelonius Monk. As súas interpretacións marcan unha etapa cara ao free jazz. En ocasións intentou asimilar as técnicas da música oriental e africana desde o punto de vista do jazz puro. Creador dunha escola propia, influíu sobre numerosos músicos, como Archie Shepp. Entre os seus discos destacan Blue Train (Tren azul, 1957), A Love Supreme (Un amor supremo, 1964) e Ascension (Ascensión, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe irlandés. No 563 trasladouse a Escocia e predicou o cristianismo aos pictos. Fundou mosteiros en Derry e na illa de Iona. A súa festa celébrase o 9 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do latín columba ‘pomba’, animal sagrado de Venus. Fíxose popular en Hungría coas formas Kalman e Calamannus, e tamén existe en países xermánicos (Cholman, Coleman) e en Irlanda (Columan). San Columbán (540-615) é un monxe irlandés que se celebra o 23 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Leinster 540? - Bobbio, Lombardia 23.11.615) Monxe irlandés. Logo da súa estadía na abadía de Bangor, dedicouse a peregrinar predicando a fe cristiá, de xeito que contribuíu á evanxelización de Gran Bretaña, Borgoña e outras terras do continente europeo. No ano 610 foi expulsado pola Raíña Brunilde da corte de Borgoña; logo, visitou as cortes de Neustria e Austrasia, e pasou a Suíza e Italia. Fundou mosteiros como o de Luxeuil (Vosgos), o do Franco Condado e o de Bobbio, preto da cidade italiana de Pavia, que constituíu un auténtico centro de evanxelización e cultura para os lombardos. Celoso pola reforma dos costumes e a conversión dos infieis, creou unha regra (Regula Coenobialis) máis severa ca a benedicitina, en canto a traballo e estudio, que insiste nas prácticas ascéticas e penitenciais. Ademais, escribiu varias cartas, instrucións e poesías. Na iconografía leva como atributos o báculo abacial, un oso e unha fonte. A súa festa celébrase o 23 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia situada ao O de Canadá, entre as Montañas Rochosas e o Océano Pacífico (947.800 km2; 3.933.300 h [1986]). A súa capital é Victoria (71.228 h [1996]). Todo o seu territorio está ocupado por montañas e ten un clima oceánico, con temperaturas suaves. A poboación concéntrase na costa, en Victoria e Vancouver, as dúas cidades máis importantes. A lingua oficial é o inglés. Os principais recursos económicos son a explotación forestal e as súas industrias derivadas. Tamén son importantes a pesca, a minería e a metalurxia. No sector primario destaca a gandería, xa que a práctica agrícola resulta difícil debido ao terreo montañoso. A costa explorárona desde o s XVI os españois (Juan de Luca e Juan Pérez) e os ingleses (Cook e Vancouver). O británico Mackenzie iniciou en 1793 a exploración do interior, continuada pola Compañía do Noroeste, que se fusionou en 1821 coa Compañía da Baía de Hudson. En 1886, a illa de Vancouver uniuse á Columbia Británica e constituíu a provincia deste...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construída en estilo neoclásico a finais do s XVIII, ten planta de cruz latina dunha soa nave, cuberta con bóveda de canón, e con dúas capelas na nave do cruceiro. O presbiterio cóbrese con bóveda de aresta. O arco triunfal é de medio punto. Na fachada destaca o pórtico recuado, o arco de medio punto peraltado que conduce ao interior e o campanario situado sobre a cornixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor canadense. Formouse no Mount Allison University (New Brunswick) onde foi profesor (1946-1963). Participou na Segunda Guerra Mundial como artista militar (1942-1946). A súa obra achégase ao realismo. Realizou os deseños para as moedas conmemorativas do centenario de Canadá (1967). En 1982 doou os seus debuxos de guerra ao Canadian War Museum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora chilena. Formouse na Escuela de Bellas Artes da Universidad de Chile, da que foi profesora de escultura (1950). Ampliou estudios en París (1948) e Londres (1951). Na súa obra, realizada en pedra e madeira, evocou as manifestacións artísticas dos pobos amerindios. Entre as súas obras destacan Puerta del Sol (1976) e Signel (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Concurso Internacional do Monumento ao Prisioneiro Político Descoñecido (Londres, 1952), o primeiro Premio de Escultura da VIII Bienal de São Paulo (1965), a Medalla do Congreso Nacional (1970) e o Premio Nacional de Arte (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos comanches ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo nómade amerindio dos comanches.
-
Tribo de indios de América do Norte, pertencentes ao grupo dos shoshones e asentados orixinariamente nas chairas situadas ao L das Montañas Rochosas, nos estados de Oklahoma, Colorado e Wyoming, que se dedicaban á caza do bisonte. Nos ss XVII-XVIII emigraron aos territorios situados ao sur, enfrontándose á colonización de Texas. Establecidos en Arkansas no s XIX, sostiveron duras loitas cos colonos, que non finalizaron coa firma dos tratados de 1864 debido aos incumprimentos sistemáticos do goberno. Foron recluídos, xunto cos kiowas e os kiowa-apaches, nunha reserva do estado de Oklahoma no ano 1867.
-
Lingua falada polos comanches pertencente ao grupo de linguas uto-azteca da familia uto-azteca-tano.
-
-
-
-
Autoridade ou facultade de comandar que ten ou exerce alguén, especialmente un xefe militar.
-
Cargo de comandante.
-
-
Edificio, cuartel ou departamento onde están as oficinas do comandante.
-
Distrito ou comarca sobre o que o comandante exerce a súa autoridade.
-
-
Conxunto dos órganos de dirección do exército.
-
Conxunto de autoridades militares superiores.
-
posto de comandancia
Lugar no que se atopan os que dirixen as operacións militares.
-
comandancia naval
Sede da comandancia dunha provincia marítima.
-
-
...
-
-
-
Quen comanda no exército, independentemente da entidade das tropas e do grao.
-
Piloto responsable dunha aeronave.
-
-
Grao militar do exército español superior ao de capitán e inferior ao de tenente coronel, equivalente en case todos os exércitos ao grao de maior.
-
Militar que, polo maior grao, comanda unha comunidade de tropas constituída ocasionalmente.
-
comandante maior
Xefe encargado dos servicios de contabilidade nos corpos e establecementos militares, cargo que tamén pode desempeñar un tenente coronel.
-
comandante militar
Xefe que comanda as tropas e os servicios nunha determinada localidade.
-
comandante militar da Mariña
Oficial da mariña de guerra española que comanda unha provincia marítima.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estar un militar ao mando dunha praza do exército ou dunha tropa, dunha flota ou doutra unidade.
-
-
Sociedade na que existen socios colectivos con responsabilidade persoal e ilimitada, con facultades de xestión e con socios capitalistas nos que non concorren estes caracteres. Os socios, denominados comanditarios, só achegan fondos e limitan a súa responsabilidade á cifra do capital que achegaron. Se o capital dos comanditarios está representado por accións, recibe o nome de comandita por accións.
-
Fracción do capital social achegado polos comanditarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Achegar os fondos necesarios para unha empresa comercial ou industrial, sen contraer obrigas mercantís.
-
-
Relativo ou pertencente á comandita.
-
-
Persoa que comandita unha empresa doutra.
-
Socio que contribúe con fondos nunha empresa social comanditaria e que limita a súa responsabilidade a esta contribución.
-
-
-
-
Mando militar.
-
-
Forza de asalto autónoma con poucos efectivos, organizada e preparada para cumprir misións especiais. Xeralmente realiza operacións dobremente ofensivas, rápidas e dunha gran calidade. A selección dos comandos é moi minuciosa e nútrese de voluntarios. A instrución é moi coidada, o armamento é o propio das forzas de choque e a organización das unidades é dunha gran flexibilidade. As misións máis importantes do comando son a sabotaxe, o golpe de man, as misións informativas e de recoñecemento, etc. O seu nome provén das guerrillas bóers que continuaron loitando despois da vitoria inglesa; sen embargo, o seu desenvolvemento táctico conseguiuse durante a Segunda Guerra Mundial.
-
Cada un dos integrantes dun comando.
-
-
Grupo de terroristas que realizan actuacións armadas en conxunto.
-
-
-
Orde dada ao ordenador para que realice unha acción determinada.
-
Tecla que se acostuma empregar soa ou en combinación con outras co obxecto de que un ordenador execute unha operación determinada.
-
-
PERSOEIRO
Ximnasta romanesa. Nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976, foi proclamada a mellor deportista da olimpíada con cinco máximas marcas (10) e tres medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) gañou a medalla de ouro en barra de equilibrios, a de prata por equipos e o bronce no concurso xeral. Ademais foi campioa de Europa en 1975, 1977 e 1979. En 1989 abandonou o seu país e refuxiouse nos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á comarca.
-
Natural ou habitante da comarca.
-