"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Dominicano. Profesor de teoloxía en Alcalá, en 1698 foi nomeado confesor de Carlos II. Procesado por difundir a idea de que o rei estaba enfeitizado, pasou longos períodos en cárceres inquisitoriais ou recluído en diversos conventos. Declarado inocente baixo a influencia de Filipe IV (1704), foi nomeado bispo de Ávila, pero morreu antes de ocupar o cargo. O seu proceso publicouse entre 1787 e 1788.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Moi relacionado co teatro independente do seu país, especialmente co grupo ICTUS, é autor de pezas como El cepillo de dientes (1961), Requiem por un girasol (1961), ou El mundo ciego (1961), encadrables no chamado teatro absurdista latinoamericano. Moitas das súas obras, especialmente as escritas en España, como Topografía de un desnudo ou América caliente, caracterízanse por un forte compoñente crítico. Nesta etapa centrouse no teatro para nenos. En galego publicouse, en 1973, a peza infantil Os anxos cómense crús, con tradución de Daniel Cortezón e representada por numerosos grupos (Os Cigurros, en 1974; Tespis e Lume, en 1975; Mahía, 1977, e Os Gaiteiriños, en 1980). Por outra parte, a finais dos setenta, O xeneraliño foi representada por Máscara 17 e A pancarta polo mesmo grupo e por Histrión 70.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, xornalista e diplomático. Fundador do diario La Palabra e un dos iniciadores da Academia Argentina de las Letras, foi unha das grandes figuras culturais do liberalismo de finais do s XIX. Iniciouse como poeta romántico e posteriormente foi un dos introdutores continentais do parnasianismo e adscribiuse ao modernismo. Da súa produción destacan, entre outras obras, Fuegos fatuos (1885), La batalla (1894), Bajo-relieves (1895), Las galeras de oro (1901) e Atlántida conquistada (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Relacionado inicialmente co federalismo, dirixiu a partir de agosto de 1882 o semanario anarquista El Hijo del Trabajo de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do retablo maior da igrexa de San Mamede de Carnota (1791) e dos catro colaterais da igrexa de Bastavales (1795).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pepito, actou como enlace das partidas de guerrilleiros e como propagandista do Partido Comunista de España (PCE). En 1949 formou parte do Comité Rexional Galego, xunto con Moncho e o Coronel Benito e, en 1950, cando o PCE mudou as súas tácticas e estratexias de loita baixo o liderado en Galicia de Ricardo, nomeárono secretario de organización do partido. Realizou tarefas de coordinación entre A Coruña, Lugo, Monforte, Ourense e Vigo e, como responsable de propaganda, tentou reconstruír o partido nas numerosas ocasións en que o desarboraban as forzas de seguridade do estado. Viaxou a Francia en dúas ocasións e foi elixido secretario xeral do Partido Comunista en Galicia en 1951. Morreu ante a Garda Civil cando regresaba a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e conquistador. Foi a América na segunda expedición de Colón e participou na fundación de Santo Domingo. Nomeado gobernador de Puerto Rico (1509), foi perseguido pola coroa, aínda que en 1512 foi rehabilitado no seu cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (1392-1408). De probable orixe galega, foi auditor no consistorio pontificio de Aviñón, onde residía antes do seu nomeamento. Non visitou en ningunha ocasión a súa diocese.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Condenado á fogueira pola Inquisición, fuxiu a Portugal e instalouse en Braga. Publicou Verdaderas ganancias que se dan a los buenos en el Reino de Dios y verdaderas perdiciones que se dan a los malos en ambos infiernos (1632).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político mexicano. Ingresou no exército durante a invasión estadounidense de 1846 e, posteriormente, participou nas guerras civís contra o xeneral López de Santa Anna e contra o Emperador Maximiliano. En 1876 derrocou o presidente S. Lerdo de Tejada e asumiu o goberno ata 1911, agás entre 1876 e 1877, período no que deixou o poder a Juan Méndez, e, entre 1880 e 1884, cando gobernou Manuel González. Levou a cabo unha política de submisión aos EE UU, favoreceu os investimentos estranxeiros e os grandes latifundistas mexicanos e estranxeiros e reprimiu duramente as folgas de Cananea (Sonora, 1906) e Río Blanco (Veracruz, 1907) e as posturas críticas ao seu goberno. En 1910 intentou ser reelixido presidente por sétima vez pero a oposición, encabezada por Francisco Madero, organizou unha revolta (20.11.1910) que o obrigou a renunciar á presidencia e abandonar o país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantería. Activo en Santiago de Compostela, traballou na catedral con Alonso de Gontín, no sepulcro do rexedor Pedro Siso na capela de don Lope, e con Xoán Pérez, no asentamento de tres capelas no claustro (1531). Ademais doutras obras, traballou no colexio de Fonseca (1532).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. De orixe galega, acompañou a expedición de Hernán Cortés en 1519 e foi o primeiro sacerdote que desempeñou o oficio de crego e pastor de almas en Nueva España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Artista plástica. Licenciouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra (1997) nas especialidades de pintura, deseño e audiovisuais. Recibiu, entre outras, unha bolsa Erasmus e outra da Universidade de Kingston (Londres, 1995). Participou, entre outros, no III Taller Pablo Picasso de Unión Fenosa (A Coruña, 1997). As formas xeométricas (rectángulos, cadrados e trapecios) son unha constante nas súas composicións. A súa obra presenta un entrecruzamento plástico que se forma a partir da transparencia da mancha e de diversas liñas que percorren o lenzo dividindo o espazo e acoutando zonas. Malia a importancia da liña e do círculo, é a cor a que determina o maior poder de suxestión da obra na procura dunha expresividade en certo modo lírica que vai avaliada pola poética que suxiren os títulos. Entre outras obras, destacan Mancha de parto, As teas paridas, Un caserío de 1584. E dous marroquís, As miñas voces preferidas e No interior do meu corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Catedrático de Literatura Española no Institut Jaume Balmes de Barcelona e director do Institut del Teatre, formou parte do movemento vangardista catalán e colaborou no primeiro, e único, Full Groc (1929). Da súa produción cómpre destacar: El reverso de la belleza (1956), Discursos para sordos (1968), América vibra en mí (1969), El barroco literario (1970), El calendario inútil (1970), El ocio atento (1974), En torno a Azorín (1975) e Entre la vida y los libros (1984). Membro da Real Academia Española e da Real Acadèmia des Bones Lletres de Barcelona, recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Exerceu como avogado e procurador en Compostela, ademais de ser asesor da cámara de propiedade urbana. Decano do colexio de procuradores, desempeñou o cargo de xuíz municipal de Conxo. No ano 1924 fundou El Compostelano, xornal que dirixiu ata 1945, ano no que foi adquirido pola Editorial Compostela e que pasou a denominarse La Noche.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Benzodiazepina clorosubstituída moi empregada en medicina como tranquilizante, ansiolítico, sedante e relaxante muscular. Coñécese co nome comercial de valium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Azina que presenta dous átomos de nitróxeno no anel.