"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde de Luchana, duque da Victoria, duque de Morella e príncipe de Vergara (1872). Deixou o seminario dos dominicanos de Almagro aos quince anos para loitar na Guerra de Independencia fronte a Napoleón. En 1815 marchou a América, onde combateu os independentistas e, ao morrer Fernando VII, púxose ao servizo de Isabel II para combater os carlistas. Ascendeu a xeneral, acadou a vitoria de Luchana (1836) e negociou co xeneral Maroto o Convenio de Vergara (1839), que remataba coa Primeira Guerra Carlista. Trala renuncia da raíña rexente María Cristina, foi nomeado rexente (1840-1843). O período do seu goberno caracterizouse pola inestabilidade política e as revoltas sociais; finalmente, unha coalición de progresistas e moderados expulsouno do poder e houbo de exiliarse en Inglaterra. Regresou a España co goberno de R. M. Narváez; e Isabel II confioulle a presidencia do consello de ministros, cargo que ocupou durante o Bienio Progresista (1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Residiu en España (1892-1899) e ensinou literatura e historia en Bos Aires. A súa poesía, inspirada en R. Darío, L. Lugones e A. Machado, tratou temas cotiáns. Publicou Las iniciales del misal (1915), Versos de Negrita (1920) e Vida (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura e catedrático emérito da Universidade da Coruña. A súa obra pode cualificarse de funcionalista e relaciónase coa obra de Mies van der Rohe. Destacan, entre outras construcións, a planta embotelladora de Coca Cola e a SEAT na Coruña, o complexo de Sargadelos, as sedes do Banco Bilbao na Coruña e Pontevedra, o Centro de Cálculo de Caixa Galicia, a rehabilitación da Casa Museo de Rosalía de Castro, a Escola de Idiomas e o Conservatorio da Coruña. Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e o primeiro en ocupar o mesmo posto ao crearse o COAG (1973-1979). Colaborou en Boletín Académico da ETSA, Luzes de Galicia, Coruña paraíso del turismo, On diseño, Obradoiro e, entre outras obras, en R. González Villar e a súa época (1975), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990) e Xosé Bar Boo, arquitecto (1996). Pertenceu á Real Academia Galega, Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e investigador. Estudou filosofía e teoloxía en Santiago de Compostela (ata 1965) e filoloxía clásica en Roma (1969). Catedrático de Latín no ensino medio, foi cotradutor de O Novo Testamento (1978) e A Biblia (1989), obra que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990. No eido da filoloxía clásica publicou De varia Christianorum habitudine erga cultum et rem classicam (1982), Dido e Eneas. Xénese nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida (1983), “Tres escritores latinos na Galicia do século XX” (1999) e unha tradución ao latín dun conto galego de Rafael Dieste: “Cum Benedictus vita functus est” (1987). Foi coautor dun  libro de texto para o estudo do latín dende a lingua e cultura galegas: De onte a hoxe (1984),  e de Novos textos para a introdución no latín. 3778 refráns latinos (1990). En relación á fraseoloxía galega, publicou o Refraneiro Galego Básico (1987), Refraneiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Accedeu ás Cortes en 1854 como membro do Partido Progresista. No Sexenio Revolucionario, foi nomeado ministro de Facenda (1868-1870), desde onde levou a cabo reformas modernizadoras. Polo Decreto Figuerola (19.10.1868), quedou configurado o primeiro sistema monetario español, baseado nunha unidade fiduciaria denominada peseta. Con respecto ao comercio exterior, suprimiu o dereito diferencial de bandeira, co que igualaba a fiscalidade que afectaba aos barcos nos portos españois, e tivo gran repercusión a súa reforma arancelaria de 1869, de tendencia librecambista. Finalmente, cómpre destacar o seu labor no campo da educación, ao fundar en 1846 a Escola Normal de Barcelona, e publicar diversas obras que contribuíron á normalización e unificación do ensino en España, entre as que destaca Elementos de gramática castellana. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas desde 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Fortaleza real, foi un dos castelos que Afonso IX deu en dote a dona Berenguela. Foi unha posesión disputada entre os seus propietarios e o mosterio beneditino de Santa Comba de Naves. Destruído durante a Segunda Guerra Irmandiña, foi reconstruído e mantívose en pé ata comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do pobo prerromano dos bibalos situada, segundo algúns autores, na conca do río Búbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director xeral de Unidad Editorial SA. Licenciouse en Ciencias Económicas e Socioloxía. Ademais realizou estudios de técnico en relacións públicas. Foi director comercial de Publipost, subdirector de Víctor Sagi Exclusivas e Catalana de Publicidad, director de promoción e publicidade de La Voz de Galicia, e subdirector e director xeral de publicidade do Grupo 16.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista italiano. Discípulo de L. Luzzaschi. Foi organista da Cappella Giulia da basílica vaticana e dende 1628 ata 1634 estivo na corte de Florencia, ano en que regresou a Roma. Destacado autor de pezas para teclado (Fiori musicali, 1635), compuxo así mesmo música vocal, sacra e profana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado romano armado cun fustíbalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fonda de grandes dimensións, armada nun soporte de madeira, que empregaban os soldados romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid e na Llotja de Barcelona. Presentouse coa obra Els traginers (1866). En 1874 recibiu unha bolsa e trasladouse a Roma. A súa pintura está marcada polo naturalismo e o seu estilo é detallista e luminoso. Na Colección Caixanova consérvanse debuxos de temática galega realizados en Vigo en 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Coñecido como Il Buranello, foi primeiro mestre de capela en San Marcos de Venecia e destacou como autor de música sacra, óperas, oratorios e sonatas para clavecín. Colaborador do libretista Carlo Goldoni, da súa produción destaca a ópera bufa Il filosofo di campagna (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor xefe de El Correo Gallego e La Noche, ademais de correspondente doutros diarios. Foi asesor informativo para Galicia e Asturias do ministerio de Agricultura e presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. Escribiu Tratamiento periodístico sobre ferias y mercados agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, decorador e restaurador. Formouse con Xoán Xosé Cancela del Río na Real Sociedad Económica de Amigos del País e foi discípulo de Federico de Madrazo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Rematados os estudios, instalou o seu estudo en Santiago (1852) e opositou, sen éxito, fronte a Modesto Brocos para a praza de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Practicou unha pintura romántica e introduciu o costumismo en xéneros como o retrato, a paisaxe e a pintura relixiosa. A influencia de Madrazo reflitiuse nos seus retratos, xénero no que destacou; entre outros, cómpre salientar os do Cardeal Payá, o Cóengo Valenzuela, os Duques de Medinaceli e do Marqúes de Monroy, ademais da copia do retrato do Cardenal Cuesta de Dionisio Fierros. En 1858 con motivo da visita da Raíña Isabel II a Santiago de Compostela regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria e en 1887 regalou dúas obras de tipos galegos ao Rei...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel López Garabal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e actor. Formouse no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa pintura destaca o tratamento da luz e da cor. Realiza paisaxes, bodegóns e flores, sen esquecer a figura humana. Membro do grupo teatral El Pequeño Zoo, realizou escenografías para diversos grupos. En 1985 elaborou para o Centro Dramático Galego o vestiario e a decoración da peza teatral Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizou a súa primeira mostra individual en Ferrol (1970) e dende entón expuxo en distintas cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Vitoria. Recibiu o Premio de Pintura no XXX Certamen de Arte de Vitoria (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro, cine e dobraxe. Iniciou a súa actividade teatral en Vigo e participou na creación, en 1978, da Sala Carral, onde ademais da exhibición de espectáculos se programaban outras actividades como cursos de formación, conferencias e debates. Logo participou no espectáculo da Compañía Luís Seoane, As criadas (1980, a partir do texto de J. Genet con dirección de Manuel Lourenzo), e entre 1981 e 1986 traballou como actriz e produtora en Portugal, con grupos como o Teatro Universitário do Porto, o Teatro Experimental do Porto e Os Comediantes. De volta a Galicia traballou en espectáculos realizados pola Compañía Mari-Gaila (Acto Cultural, 1982), Centro Dramático Galego (A noite vai coma un río, 1986), O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, 1987) ou con Teatro da Lúa (Mullieribus, 1988). En 1989 funda, con Gustavo Pernas Cora, Áncora Producións, na que vén traballando como actriz (O galego, a mulata e o negro en 1990, Ladraremos en 1995, Fábula en 1996 e Anatomía dun hipocondríaco...

    VER O DETALLE DO TERMO