"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Campañas militares que Traxano dirixiu contra as tribos dacias na banda esquerda do Danubio. Na primeira (101-102), conquistou Sarmizegetusa e obrigou os dacios a recoñecer o protectorado romano, deixando unha guarnición romana. Na segunda campaña, iniciada no ano 105 co fin de reprimir unha insurrección, rematou co suicidio do seu xefe Decébalo. Integrouse no Imperio Romano como provincia no ano 107. En conmemoración destas campañas foi construída a Columna Traxana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretor romano que chegou a Hispania arredor do ano 300. Segundo a lenda, foi enviado polos emperadores Diocleciano e Maximiano para perseguir os cristiáns e tivo fama de ser moi cruel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dacio/ Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dacia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome étnico procedente do xentilicio latino Dacius ‘dacio’, natural de Dacia (actual Romanía). A festividade de S. Dacio celébrase o 14 e o 27 de xaneiro, e o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘sal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión que se estende en dirección NO-SO pola costa do Mar Adriático, cunha superficie aproximada de 12.000 km2. Forma parte das repúblicas de Croacia e Bosnia-Herzegovina, situada entre os Alpes Dináricos e o Mar Adriático. Varias cordilleiras paralelas á costa álzanse a máis de 1.500 m de altitude. Na costa, diante da que hai numerosas illas, distínguense dúas partes: unha baixa ao NO e outra máis recortada, con acantilados, ao SO. O clima é subtropical, con veráns cálidos e secos, e invernos fríos e prolongados, pero sen grandes nevadas. Atravésana numerosos ríos, entre eles o Neretva, o Cetina e o Zrmanja. Tamén é unha zona con importantes lagos, entre os que sobresae o Ličko. A poboación é de orixe croata, bosnia e italiana, e existe unha pequena representación de poboación de orixe alemana. As maiores aglomeracións están na costa, onde radican as principais cidades: Split, Zadar e Dubrovnik. As actividades económicas máis importantes son a agricultura, a gandería e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e ciencia da xestión dos montes, especialmente para aumentar a súa produtividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1939 estableceuse en Virginia onde exerceu a docencia. A súa arte partiu do fauvismo e cultivou todos os xéneros, entre os que cómpre salientar a decoración mural. Foi membro de Cercle et Carré e autor do seu anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1124-1153), fillo de Malcolm III. Sucedeu o seu irmán Alexandre I e interveu na sucesión de Enrique de Inglaterra, pero foi derrotado en 1138. Asegurou a monarquía escocesa e baseou o seu reinado nunha estrutura feudal. Reactivou a economía e renovou as fundacións eclesiásticas, a xustiza e o exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1329-1371), fillo de Roberto I Bruce. Eduardo III de Inglaterra venceuno nos anos 1332, 1333 e 1346. Foi liberado polo Tratado de Berwick (1357) a cambio de recoñecer a supremacía inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Cunha enorme axilidade vocal, destacou como prima donna e como intérprete de óperas de Mozart, Jommelli e mais de Gluk.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de decaer.

      2. Período no que se produce a decadencia.

    1. Proceso de debilitamento dun sistema social como consecuencia do desenvolvemento progresivo e a consolidación no seu seo de novos elementos antitéticos que preparan o cambio social e configuran un novo sistema social. Dende unha visión estática da historia, cualificouse como un período histórico de crise xeral no que concorren unha serie de fenómenos, en contraposición a outras épocas de maior esplendor ás que se desexa volver. A partir dunha perspectiva histórica evolucionista, defendeuse que todas as sociedades pasan por uns períodos de expansión, decadencia e morte que dan paso a sociedades superiores, nunha visión gradual e cíclica do progreso humano. As correntes historiográficas máis recentes superaron estas concepcións. Non existen uns períodos superiores e outros inferiores no desenvolvemento da historia, senón sociedades, sistemas sociais cualitativamente diferentes que son substituídos por procedementos dialécticos: ao tempo que se consolida un sistema desenvólvense nel elementos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento brusco da calor absorbida por unha masa ao quentarse cando a temperatura acada un punto crítico. O fenómeno vai acompañado de transformacións alotrópicas e dun arrefriamento superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de decente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale á décima parte dunha área.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento adoptado o 4 de xullo de 1776 en Philadelphia durante o II Congreso continental, no que os delegados das trece colonias británicas de América do N proclamaron a súa independencia e a vontade de constituírse nos Estados Unidos de América. Encargouse da súa redacción un comité formado por Thomas Jefferson, John Adams, Benjamin Franklin, Roger Sherman e Robert R. Livingston, segundo a proposta de Richard Henry Lee. Estaba formada por cinco seccións: un preámbulo; unha proclamación dos dereitos naturais inalienables e do dereito das nacións a elixir un goberno que respecte e defenda estes principios; un conxunto de acusacións contra o monarca Xurxo III de Inglaterra; unha descrición dos intentos das colonias de acadar unha compensación polos agravios sufridos; e a declaración de independencia. A declaración estaba moi influída polas teorías de John Locke, que estableceu o principio de que as persoas necesitan dun goberno para protexeren os seus dereitos inalienables, dos que se incluían...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto galicano redactado por Bossuet, aprobado por unha asemblea eclesiástica (1682) e imposto por Luís XIV ao clero. Establecía a non submisión do rei a ningunha potestade eclesiástica, a superioridade do concilio ante o Papa, o exercicio das liberdades da igrexa galiana e a aprobación das decisións pontificias por parte da Igrexa. Ante a oposición do Papa Inocencio XII, o monarca retirouna. O Emperador Napoleón I restaurouna en 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade bimensual que se editou entre os anos 1907 e 1916 na Coruña, órgano da Compañía Industrial Coruñesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica de carácter rexionalista que apareceu en Ourense en 1893. Fundada e dirixida polo poeta Alberto García Ferreiro, serviu como medio de ataque contra Lamas Carvajal e os seus artigos publicados en El Eco de Orense.

    VER O DETALLE DO TERMO