"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
Labrar ou dispoñer algunha cousa de tal maneira que as súas diferentes caras formen entre si ángulos rectos.
-
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘mirar’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘corpo das persoas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada por Manuel Guede Oliva. Entre 1982 e 1985 realizou diversos espectáculos, todos eles dirixidos por Manuel Guede, que transitan entre a denuncia política e unha crecente mestura de linguaxes escénicas: Samuel e Abraham (1982), a partir dun texto de V. Haïm; Anunciación da virxe Traamunda todo por detrás (1983), versión libre dunha peza de M. Martínez Mediero; A culpa é da poltrona (1983), versión dunha obra de F. Karinthy; Esto non é serio, señores (1984), con retallos de Karl Valentin, e Ollo ao piollo, King-Kong (1985), coprodución realizada co Centro Dramático Galego a partir de diversos materiais do debuxante de banda deseñada Lauzier. A compañía creou en Ourense a Sala de Teatro Caritel, nuns locais cedidos polo ministerio de Cultura, onde presentan os seus espectáculos ademais de programar traballos doutras compañías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cacarexar as galiñas antes e despois de pór o ovo.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Carlos I, foi duque de Orleans entre os anos 1407 e 1465. Sobriño de Carlos VI e pai de Luís XII de Francia, militou no bando dos armañacs. Feito prisioneiro na Batalla de Azincourt, residiu 25 anos en Inglaterra onde escribiu gran parte da súa obra lírica en francés e inglés. En 1440 regresou a Francia e retirouse ao seu castelo de Blois, que converteu en centro de reunión de literatos e artistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de carmear.
-
-
Persoa que carmea.
-
Instrumento para carmear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenredar e quitarlle os nós no cabelo ou nalgunha fibra téxtil como a la, o liño ou a seda denantes de seren cardados.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Sucedeu a Arcesilao a partir do 156 a C e dirixiu a Academia Platónica na época denominada Academia Nova. Representante do escepticismo moderado, foi adversario de todo dogmatismo. Afirmaba que o home non pode distinguir dunha maneira absoluta entre as representacións verdadeiras e as falsas, polo que precisa dun criterio de verdade teórica e práctica, que se atoparía nas nocións do verosímil, o probable e o persuasivo. O seu discípulo Clitómaco difundiu as súas ideas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía fundada no ano 1992 en Narón, que se mantivo como afeccionada ata o ano 1995, no que se pasa ao campo profesional. Entre os seus espectáculos, caracterizados por ser de creación colectiva, destacan: O paxaro bobo? (1992), Limpos e cosidos (1992), Xoga, xogando (1993), A hora de Evaristo Freire (I Premio no Certame Teatro Xuventude 93); Os trasnos da biblioteca (1994); Sursum corda (1995); Chopi e Peco (1996); Cento voando (1997); Desjraciados (1998); Os Palleiros. Desjraciados (1999) e Oh! Que facer cando xa sei quen son? (1999).
-
-
Acción e efecto de carpear.
-
Conxunto de fíos sacados dun pano de liño.
-
-
-
Desenmarañar os nós que se forman no liño ou na la.
-
Esponxar a la coas mans para cardala.
-
Mover unha persoa as extremidades sen control, como as abellas ou as moscas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-France 1875) Escultor, pintor e debuxante francés. Aprendeu no taller de François Rude e na École des Beaux Arts de París. A súa obra achegou un ton grácil a algúns elementos do naturalismo. Destacan os grupos Danse (Danza, 1868), creado para a decoración da Opéra de París, e Les quatre parties du monde (As catro partes do mundo, 1872).
-
-
Mover de xeito pronunciado as cadeiras ao andar.
-
Balancear o corpo ao andar.
-
-
GALICIA
Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e sindicalista. Foi partidario da actuación política da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e un activo defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. Tralo seu abandono da CNT ingresou en 1934 no Partido Sindicalista e un ano máis tarde afiliouse ao Partido Galeguista. Foi colaborador de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Trabajo e A Nosa Terra, co alcuño de Fausto Brand. Faleceu a consecuencia da represión desatada polo golpe militar de xullo de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Transportar algo en carro.
-
Transportar algo ou a alguén utilizando calquera medio de transporte.
-
Causar ou producir algo negativo. OBS: Vai acompañado con termos como desgustos, desgracias, molestias, problemas, etc.
-
-
PERSOEIRO
Guionista cinematográfico francés. Colaborou en numerosos filmes con Luis Buñuel. En outubro do 2000 impartiu un curso de guión na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Aplicou a súa ironía a diversos guións de destacadas películas como Milou en mai (Milou en maio, 1989), de L. Malle; Taking Off (Atractivo na distancia, 1971) e Valmont (1989), de M. Forman; Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1978), de V. Schlöndorff; Danton (1982), de A. Wajda; Max mon amour (Max, o meu amor, 1986), de N. Oshima; The Unbearable Lightness of Being (A insoportable levidade do ser, 1987), de P. Kaufman; e Cyrano de Bergerac (1990), de J. P. Rappeneau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andar con dificultade bambeándose cara aos lados como fan os parrulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...