"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
-
ostra perlífera.
-
Molusco lamelibranquio uniónido que habita nas augas dalgúns ríos galegos non afectados pola contaminación e con correntes non moi fortes. Está presente en Galicia e Asturias. É unha especie lonxeva, con exemplares de máis de 50 anos. Está amenazada pola contaminación orgánica dos ríos. OBS: Tamén se denomina mexillón de río.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Fundador da literatura didáctica flamenga, realizou adaptacións dos clásicos gregos. No campo da lírica escribiu Eerste Martijn (Primeiro Martín), Dander Martijn (O outro Martín), Der kercken Claghe (Lamentacións da Igrexa) e Van der Lande van Oversee (Do país de ultramar). Escribiu tamén Historie van den Grale (Historia do Graal) e Roman van Torec (Román de Torec), a partir de textos franceses, Merlijns Boeck (Libro de Merlín) e Alexanders Geesten (Historias de Alexandre), e adaptou o Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor belga. Relacionouse en París con poetas simbolistas. Das súas obras poéticas destacan Les serres chaudes (1889) e Douze chansons (1896). En teatro tamén introduciu elementos simbolistas, como en La princesse Maleine (1889), L’intruse (1890), Les aveugles (1890), Les sept princesses (1891), Pelléas et Mélisande (1892) e Intérieur (1894). A partir de 1896 acentuou o seu pesimismo e o significado da aceptación da adversidade a través da contemplación da natureza, como reflicten os seus ensaios filosóficos Trésor des humbles (1896) e La sagesse et la destinée (1898), os dramas Soeur Béatrix (1901), e os estudios de historia natural La vie des abeilles (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Histólogo e fisiólogo francés. Introduciu importantes variantes nas técnicas histolóxicas e ideou un procedemento para contar os eritrocitos do sangue. Tamén describiu un quiste de testículo que se coñece como enfremidade de Malassez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista francés. Fundou a Ligue Cosmopolite, que defendía o anarquismo insurreccional. Expulsado de Francia (1892), en Londres dirixiu unha campaña internacional en defensa da revisión do proceso de Montjuic (1909). Participou no atentado contra Afonso XIII en París (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nimbo de forma almendrada ou ovalada que rodea a figura do Pantocrátor, na arte paleocristiá, bizantina e románica.
-
PERSOEIRO
Militar inglés. Coñecido como marqués de Cornwallis, durante a Guerra da Independencia estadounidense distinguiuse nos combates de Germantown e de Redbank (1777), pero foi vencido en Yorktown (1781). En 1786 foi nomeado gobernador de Bengala, onde loitou contra Tippu Sāhib, a quen venceu en Seringapatam.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar finlandés. Foi xeneral do exército tsarista (1910) e axudante de campo de Nicolao II (1912) e, cando se proclamou a independencia de Finlandia (1917), dirixiu aos gardas brancos que se impuxeron aos bolxeviques finlandeses. Rexeu o país (1918-1919) e construíu a liña Mannerheim na zona fronteiriza coa URSS do istmo de Carelia. Foi mariscal de Finlandia (1933) e en 1941 declarou a guerra á URSS, á beira de Alemaña, aínda que en 1944, como cabeza do estado, firmou o armisticio coa URSS e declarou a guerra a Alemaña (1945). Ao ano seguinte retirouse a Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo húngaro. Foi expulsado por Hitler (1933) e, en Londres, intentou fundamentar filosoficamente as teorías sociolóxicas coa obra Ideology and Utopia (1936). Rexeitou as ditaduras totalitarias e interpretou a crise política do seu tempo como o paso dun tipo social de pensamento a outro dominado pola planificación, que reflectiu en Diagnosis of Our Time (1944) e Freedom, Power and Democratic Planning (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Foi voceiro (1983-1991) e presidente (1987-1991) do PP no concello de Vigo (1983-1991). Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, senador na IV lexislatura (1989-1993) e deputado nacional desde 1993. Escribiu o artigo “La Financiación de la empresa pesquera” (1981) e a colaboración “Ramón Díaz del Río” no libro Viguíssimos (1998), de Xurxo Lobato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa alemana. Traballou para as publicacións Twen e Brigitte (1956), e os seus traballos, que amosan un punto de vista moi particular, foron expostos en Hamburgo e Berlín. Publicou Mann, oh! Man (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón e Castela, filla de Filipe II de Orléans e de Enriqueta Ana de Inglaterra. Casou en 1679 co Rei Carlos II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, filla de Antonio de Orléans, duque de Montpensier e da infanta María Luísa Fernanda de Borbón. Casou en 1878 co seu curmán o Rei Afonso XII e morreu de tifo ao cabo de seis meses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. En 1918 interveu na creación do Partido Obrero Campesino, do que foi secretario xeral. De 1919 a 1923 viaxou por Europa e, ao volver ao seu país, fundou o Partido Comunista Peruano. Considérase un dos ideólogos marxistas máis influíntes do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático e novelista. As súas primeiras novelas non tiveron moito éxito e, a partir de 1720, dedicouse á produción teatral, con comedias moralizadoras ou satíricas e comedias de análise. Das súas obras destacan L’Île des esclaves (1725), Le jeu de l’amour et du hasard (1730) e as novelas inacabadas La vie de Marianne (1731-1741) e Le paysan parvenu (1735-1736).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, que forma parte da aglomeración de Essen (91.200 h [1990]). Destaca a industria química e a mineira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Sur (39.560 h [2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Churchill.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Coñecido como Bob Marley, foi o principal referente da música reggae e do movemento rastafari. En 1964 gravou “Simmer Down”, o seu primeiro nº1 con The Wailin’ Wailers, e deuse a coñecer internacionalmente con Burnin’ (1973). Destacan os seus discos Live! (1975), Rastaman Vibration (1976), Survival (1979) e Upraising (1980). Despois da súa morte a súa familia continuou reivindicando a súa música, como no disco recompilatorio Legend: The best of Bob Marley (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo co corpo totalmente recuberto de escamas, aletas moi desenvolvidas, as pectorais longas, a primeira aleta dorsal longa cun lóbulo anterior redondeado, e co beizo superior con forma de agulla. É epipeláxico e aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. OBS: Tamén recibe o nome de marlín branco e agulla branca.