"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que confronta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de pensamento baseado nas ensinanzas de Confucio e dos seus discípulos, que pretendía establecer unha orde universal que combinase os novos valores cos antigos principios e tradicións. Os puntos fundamentais da súa mensaxe eran o concepto de rito (Li), un código de comportamento, baseado en normas consuetudinarias, e a reactivación dos valores tradicionais. Para a consecución dunha sociedade mellor, a clave da ética confuciana é o jen, virtude suprema que representa as mellores calidades humanas. Nas relacións interpersoais, o jen maniféstase na fidelidade a un mesmo e aos demais (chung) e no altruísmo (shu). A educación, o coñecemento, a autorreflexión e o amor cara aos demais son fundamentais na consecución da sociedade ideal confuciana. Politicamente defendía un goberno paternalista, cun soberano benevolente e uns súbditos respectuosos e obedientes. O confucianismo non constituíu unha relixión tradicional, xa que non posuía igrexa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao confucianismo.

    2. Que ou quen profesa o confucianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Confucio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen conglutina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. Construída no s XVIII, destacan os relevos atribuídos a Francisco de Moure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que pertence a unha congregación.

    2. Membro do Oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político sudafricano fundado en 1912 coa finalidade de abolir o apartheid e que se transformou en partido político a partir de 1994. Xurdiu da Native Education Association fundada na Cidade do Cabo en 1892. Posteriormente, transformouse no Native National Congress (Bloemfontein, 1912). O seu primeiro presidente foi o clérigo zulú Mafukuzela, coñecido como J. Dube. Entre os seus líderes figuran Albert Luthuli, presidente en 1952, Oliver Tambo, Nelson Mandela e Thabo Mbeki. En 1959 escindiuse a ala situada máis á esquerda baixo o nome de Pan-Africanist Congress. Ilegalizado entre 1960 e 1990, propugnou a loita armada mentres a maioría dos seus líderes foron encarcerados ou marcharon ao exilio. En 1987 iniciou a vía do diálogo co goberno e asinou o 6 de agosto de 1990 os Acordos de Pretoria nos que renunciou á loita armada. O seu presidente, Oliver Tambo, regresou do exilio e, en xullo de 1991, cedeulle a presidencia a Mandela. Principiado o proceso de abolición do apartheid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Barcelona entre o 18 e o 25 de xuño de 1870 que reuniu, por primeira vez, a delegados das sociedades obreiras de toda España. A súa convocatoria partiu do semanario internacionalista madrileño La Solidaridad e recolleuna o barcelonés La Federación. O lugar elixido para a súa celebración fixouse por un plebiscito entre a maioría das sociedades obreiras e asistiron 89 delegados con dereito a voto. Dende un principio o Congreso addheriuse á Asociación Internacional do Traballo (AIT). As principais cuestións debatidas e aprobadas foron: a acción sindical de resistencia ao capital; a defensa do cooperativismo pero non como o principal camiño da emancipación obreira; a organización social dos traballadores baseada nas seccións de oficios que se agruparían en federacións locais, e estas en federacións rexionais; e a actitude apolítica. Tralo Congreso constituíuse a Federación Rexional Española da AIT e fixouse a residencia do consello federal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceira escala do Cretáceo superior, situado enriba do Turonia e debaixo do Santonia. O estratotipo está en Cognac (Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Coniaciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno conceptáculo esporífero propio de diversos liques, aberto por un poro estreito, produtor de picnoconidios e probablemente asimilable a un picnidio, como o de moitos ascomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Exiliouse en Frankenthal (Alemaña) no 1588 a causa da persecución relixiosa; alí fundou unha escola paisaxística maneirista. En 1595 estableceuse definitivamente en Amsterdam. A súa temática inspirouse nos feitos da antigüidade pagá ou relixiosa e converteu a paisaxe na protagonista principal do cadro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico escocés. Conseguiu a fama grazas á interpretación do axente secreto James Bond. Entre outras películas, actuou en The Wind and the Lion (O vento e o león, 1975), Robin and Marian (Robin e Marian, 1976), The Name of the Rose (O nome da rosa, 1986), The Untouchables (Os Intocables, 1989) -Oscar ao mellor actor secundario-, Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1989), The Russia House (A casa rusia, 1990), Medicina Man (Home medicina, 1992), A Good Man in Africa (Un bo home en África, 1994), Just Cause (Causa xusta, 1995), First Knight (O primeiro cabaleiro, 1995), The Rock (A rocha, 1996), The Avengers (Os vingadores, 1998), Entrampment (A trampa, 1999) e Finding Forrester (Descubrindo a Forrester, 2001). No ano 2000 recibiu o título de sir de mans da Raíña Isabel de Inglaterra, malia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. De tendencia naturalista, publicou Lieder eines Sünders (Cantos dun pecador, 1887) e Adam Mensch (O home Adam, 1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (? - 976) Bispo e confesor da cidade alemá de Constanza (934-976). Da familia dos güelfos, foi bispo de Augsburgo. Peregrinou tres veces a Xerusalén, fundou igrexas e un hospital, e asistiu aos concilios de Ingelheim (948), Augsburgo (952) e Roma (969). Foi canonizado por Calisto II no 1123. Na iconografía viste de pontifical con capa e casula ancha, mitra e báculo; leva como atributo persoal un cáliz cunha araña enriba. A súa festa celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (? - 918) Rei de Xermania (911-918) e duque de Franconia (906) e de Glismut, fillo de Conrado o Vello. Sucedeu a Luís III o Neno, derradeiro membro da liñaxe dos carolinxios xermánicos, como rei de Xermania. Enfrontouse ás invasións dos eslavos e dos maxiares, e loitou contra os duques de Baviera, Saxonia e Suabia. Fracasou no intento de recuperar Lorena, que pertencía a Carlos III de Francia e renunciou a instaurar a súa familia no trono, polo que designou sucesor a Enrique I o Paxareiro, duque de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xermania e dos romanos (1127-1135 e 1138-1152), fillo de Federico I, duque de Suabia e fundador da dinastía Hohenstaufen ou de Suabia. Nomeado duque de Franconia polo seu tío o Emperador Enrique V, opúxose ao Emperador Lotario III e foi coroado temporalmente rei dos romanos en Milán (1128). Reconciliado con Lotario III, sucedeuno como rei de Xermania, fronte ao poder do güelfo Enrique X o Soberbio, duque de Saxonia e Baviera. O enfrontamento entre ambos os dous provocou unha devastadora guerra civil que deu orixe ás loitas entre güelfos e xibelinos. Morreu despois de participar na Segunda Cruzada (1147-1149) sen conseguir dominar o feudalismo xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO