"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid. Escribiu semblanzas biográficas e artigos relacionados coa historia e a cultura galega en diversas publicacións como o Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La nueva doncella (1887-1889). Pertenceu á Real Academia Galega (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director do Monte de Piedad e Caja de Ahorros de Santiago de Compostela, director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1878-1886) e impulsor da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Escribiu Informe sobre foros, subforos y otras cargas semejantes que se conocen en el antiguo reino de Galicia (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Recaré (O Valadouro). Ten planta cuadrangular. Á esquerda da porta da fachada principal, sitúase a torre curva acaroada ao edificio principal. Os muros son de cachotaría e utilizouse cantaría para as ventás abucinadas. A cuberta é de laxas de lousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo francés. Foi profesor no Collège de France (1872) e participou na fundación das revistas Revue Critique (1866) e Romania (1872). Especializouse no estudo da literatura medieval, sobre todo da francesa, campo en que tivo especial relevancia pola teoría das cantilenas, en canto á orixe dos cantares de xesta. É autor de Étude sur le rôle de I’accent latin dans la langue française (1862), Histoire poétique de Charlemagne (1866), Vie de saint Alexis (1872), La Poésie du Moyen-Âge (1885) e François Villon (1901). Ademais traduciu, en colaboración, a Grammaire des langues romanes, de F. Diez. Foi membro da Académie de Inscriptions et Belles-Lettres (1876) e da Académie Française (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo xestionado en París, de febreiro a xuño de 1659, entre o representante de Filipe IV de Castela, Antonio Pimentel, e Hugues de Lionne, secretario do cardeal Mazzarino. Este conseguiu que Antonio Pimentel aceptase a desmembración de Catalunya coa cesión de Rosellón a Francia, e o convenio de matrimonio entre Luís XIV e María Tareixa, filla de Filipe IV. O pacto foi asinado como acto previo ao Tratado dos Pireneos e permitiu a suspensión das hostilidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz. Coñecido como Charlie Parker, Bird ou Yardbird, a comezos da década de 1940 converteuse no líder do movemento be-bop, que revolucionou o jazz. En 1947 formou un quinteto con M. Davis e M. Roach e, posteriormente, colaborou coa orquestra de Machito. Moitas das súas composicións, como “Scrapple from the Apple”, “Moose the Mooche” ou “Ko-ko”, son auténticas lendas na historia do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de obtención de prata a partir do chumbo arxentífero. Despois de limpar a mestura de impurezas e de fundila, engádeselle aproximadamente un 2% de cinc. A prata retírase na súa flotación e solidificación cando o chumbo está aínda fundido. Extraída a aliaxe de cinc e prata, sométese a destilación en retortas de arxila para separar o cinc, e a prata sepárase do residuo da retorta por copelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de parlamentar.

      1. Asemblea lexislativa dun estado, dunha nación ou dunha rexión cuns poderes que son regulados, xeralmente, pola constitución. Adoita estar formada por unha soa cámara (unicameralismo), sobre todo nos réximes centralistas ou unitarios, ou máis frecuentemente por dúas (bicameralismo), nos sistemas de estados federais. A cámara baixa é elixida por sufraxio universal directo, e a cámara alta, normalmente por sufraxio indirecto. O parlamento é, daquela, o órgano máis importante de representación dos cidadáns. As súas funcións lexislativas inclúen, entre outras, a de estudar os proxectos de lei do goberno, emendalos e votalos, propor outras medidas lexislativas e aprobar os orzamentos do estado. Para ser aprobada, unha lei ten que obter a maioría dos votos da cámara baixa e, nos estados que teñen parlamentos bicamerais, tamén da cámara alta. Nalgúns casos, a disciplina dos partidos políticos regula o comportamento dos deputados ata o punto de que o resultado da maioría das votacións é previsible...

      2. Asemblea convocada polo rei co fin de chegar a acordos e obter favor, consello e axuda dos estamentos.

      3. Edificio que é sede da asemblea lexislativa dunha rexión, estado ou nación.

    2. Discurso oral que realiza unha persoa.

    3. Interpretación longa en prosa ou en verso que fai un actor nunha obra teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
    Antecedentes históricos
    O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea lexislativa, con sede en Estrasburgo, que supervisa a acción dos órganos executivos da Unión Europea, como o Consello de Ministros e a Comisión Europea. Elixida de forma directa polos cidadáns dos estados membros desde as primeiras eleccións de 1979, o número de deputados variou en función dos estados membros. Así en 2004 (VI lexislatura) estaba composta por 732, dos que 54 lle corresponden a España. Está composta polo presidente, que dirixe o conxunto das actividades do Parlamento e dos seus órganos e preside as sesións plenarias, as reunións da Mesa e as da Conferencia de Presidentes; a Mesa, composta polo presidente, por 14 vicepresidentes e cinco cuestores, órgano directivo da institución no ámbito regulamentario, competente en materia do presuposto do Parlamento, das cuestións administrativas, de persoal e de organización; e a Conferencia de Presidentes, órgano de dirección política composto polo presidente do Parlamento e os presidentes dos grupos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico italiano. Profesor de botánica en Florencia (1842-1877), foi o autor da primeira Flora Italiana (1848-1874). Colaborou con P. B. Webb e con A. P. de Candolle na publicación do Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabili (1824-1873), do que redactou o capítulo que corresponde ás coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar dos cárceres e conventos de clausura destinado para falar internos e visitantes, separados uns dos outros mediante reixas ou paneis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paradentose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á palabra que ten o acento na penúltima sílaba. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi director do Teatro Nacional Universitario. Escribiu Historia de la ciudad de La Coruña (1985), El Ojo de Dios: historia y leyenda de la Torre de Hércules (1991) e A Galicia de alén mar: a aventura americana de 1600 a 1825 (1992). Recibiu o Oscar de Oro de la Comunicación ao mellor labor de divulgación histórica e o Premio Pérez Lugín (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada (Lalín). O seu cumio acada os 606 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...

    VER O DETALLE DO TERMO