"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • GALICIA

    Musicólogo e director de orquestra. Fundador e primeiro director da Coral Casablanca de Vigo (1957-1988) e director da Coral do Real Club Náutico de Vigo, compuxo 16 pezas galegas de canto coral. Parte do seu traballo está recollido en Escolma de cantigas (1978). Patrón da Fundação Gulbenkian, recibiu a medalla de ouro Marcial del Adalid, a medalla de ouro da Real Academia de Bellas Artes da Coruña e o Premio Reconquista de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Defensor das ideas liberales, mantivo obradoiros tipográficos na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela a partir de 1811. Alí editáronse as principais obras dos escritores liberais do momento, como Sermón (1811), de Rodríguez de Casal, ou Canto épico (1822), de Taboada Leal. Co restablecemento do réxime absolutista en 1823, traspasou os seus obradoiros a Alberto Núñez Espinosa e emigrou a Porto, onde abriu outro obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Xefe do gabinete de normalización lingüística na delegación provincial de Educación da Coruña, traballou nos campos da filosofía, do xornalismo e, especialmente, na música, onde foi integrante do grupo A Quenlla, ademais de director dun obradorio experimental de música tradicional. Publicou O puff (1981) e A pulguiña e o pulgón (1983), que incluíu cancións infantís; Cancións, contos e adiviñas (1989), Cancioneiro popular das Terras do Tamarela (1989), Arrolín, arrolán (1994), Tantarantán, tarantán, tarantiña: recitativos e outras lerias de tradición oral (1994) e Vente vindo, ven cantando: cancioneiro escolar galego (1996). Recibiu o primeiro premio no Certamen Nacional de Prensa (1985) polos seus artigos publicados na revista Cataventos sobre o cancioneiro tradicional galego e co Premio Galicia de Xornalismo (1988) ao mellor programa musical Vente vindo, ven cantando, emitido por RNE en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Aprendeu o oficio de reloxeiro e escribiu Arte de relojes de ruedas para torre, sala y faltriquera (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Doutor en Filosofía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na figura de J. G. Fichte. Colaborou en diversas publicacións e foi autor, entre outras obras, de Análisis del “yo” en la filosofía de Fichte (1982), Proceso de personificación según la dialéctica de Fichte (1984), Fichte: Filósofo de la intersubjectividad (1988) ou Psicodinamismo evolutivo de la personalidad: contribución a uha antropología filosófica (1991). Membro do Instituto Mundial de Altos Estudos Fenomenolóxicos, obtivo o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e eclesiástico. Relixioso agostiño, á morte de Enrique Flórez (1773) supervisou a publicación dos seus manuscritos correspondentes aos volumes XXVIII e XXIX da España Sagrada (1774-1775), e escribiu os volumes do XXX ao XLII (1775-1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e impresor. Formado en París, os seus traballos serviron como modelo a outros impresores. Despois de traballar na Imprenta Real de Madrid, en 1829 asociouse en Barcelona con Bergnes de Las Casas (1830-1834), con quen levou a cabo edición de El Vapor. En Chile publicou obras de Andrés Bello e introduciu as técnicas máis modernas de impresión. En 1836 ideou a Biblioteca de Autores Españoles, realizada en Madrid a partir de 1846. En 1863 imprimiu unha destacada edición de El Quijote en Argamasilla de Alba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias da Información en Madrid, participou na fundación da revista Loia, onde publicou as súas primeiras poesías, e colaborou con distintos medios de comunicación, como Teima, Man Común e A Nosa Terra. Foi subdirector de Diario de Galicia e xefe de cultura de El Globo. Director da revista Luzes de Galicia e correspondente do diario El País. O conxunto da súa escrita, -algunha das súas obras está traducida a 21 linguas-, caracterízase pola creación de personaxes que rachan os estereotipos costumistas. Sexa cal sexa a súa orixe, son persoas que teñen vida de seu, que se rebelan contra o destino, protagonizando moitas veces experiencias límites. Son seres en movemento, en conflito, que provocan tamén unha excitación no que os rodea, na paisaxe, e na forma de expresión. A tradicional dualidade cidade-campo, rural-urbano, substitúese por un novo urdido social e cultural onde o relevante é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Ciencias da Información, impartiu clases de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Traballou na Axencia EFE en Galicia (1979-1985), onde creou as Efeméridades galegas. Desde 1985, na central de EFE en Madrid, foi xefe de sección de Norteamérica e Caribe na redacción internacional. Publicou O gaiteiro de Soutelo (1977), Diego Antonio de Zernadas y Castro, un precursor del galleguismo (1978), Conversas de Xosé Luís Barreiro Rivas con Xosé M. Rivas Troitiño (1983) e Desinformación y terrorismo: análisis de las conversaciones entre el Gobierno y ETA en Argel (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos membros fundadores do grupo El Paso. A súa obra caracterizouse pola introdución de teas metálicas, moitas veces coloreadas e coas que logrou contrastados efectos luminosos e espaciais. Destacan as series La metamorfosis (1958-1963), Mandalas (1974) e Albercas (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e médico. A súa evolución artística divídese en tres etapas: a primeira autodidacta; a segunda, académica, coa asistencia a talleres de pintura con A. Castro Couso e F. Artal en Vigo; e a terceira, a universitaria, na que se licenciou en Belas Artes de Pontevedra nas especialidades de pintura (1995) e escultura (1998). Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa de Pintura do Concello de Valdeorras (1993) e o Primeiro Premio do Concurso Centeanario do Colexio Médico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e empresario. Coñecido como Manolo e O Gran Capitán, foi o xogador que máis veces vestiu a camiseta do Real Club Celta de Vigo (1965-1981). Internacional coa Selección Española Sub 21, Sub 23 e Olímpica, foi subcampión de España de Fútbol (1964-1965) e subcampión coa Selección Galega (1965-1966). Tras a súa retirada como xogador, foi secretario técnico do Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Realizou estudos sacerdotais nos seminarios de Sarria, Verín e Poio, diplomouse en estudos sindicais e en técnicas de investigación aplicadas á educación, licenciouse en Ciencias Políticas e doutorouse en Ciencias Sociais. Catedrático de Socioloxía e Economía da Educación da Universidad Pontificia de Salamanca, onde foi subdirector do Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos, pertenceu ao consello editorial das revistas Estudios e Educadores. Fundou a colección Revista Estudios e colaborou no Dicionario de la Historia Eclesiástica de España. Publicou Mella y su pensamiento social (1972), Vázquez de Mella: sobre su vida y obra (1973), El pensamiento sociopolítico de Vázquez de Mella (1974), Cartas inéditas de Concepción Arenal (1984), Doctrina sindical Pontificia (1986) e Siguiendo a San Pedro Nolasco (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en El Anunciador, O Galiciano e La Unión Republicana, e dirixiu O Novo Galiciano. Dos seus escritos destaca “Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras”, publicado en Gaita Gallega (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas, traballou en Radio Pontevedra (1982), Faro de Vigo en Pontevedra (1984) e en Radio Noroeste (1984-1985), ata a súa incorporación á TVG. Na canle autonómica foi xefe de deportes (1990-1993), redactor xefe de informativos (1993-2000) e presentador e director de numerosos programas, como O Semanal, Reporteiros e Galicia Directo. Publicou o libro de relatos O Asasino Invisible (1998), o ensaio Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta (1999) e A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista chileno. Ocupou as secretarías de Guerra, Gobernación e Facenda (1811-1814) no goberno José M. Carrera Verdugo. Acadou o grao de tenente coronel, organizou unha eficaz guerrilla antirrealista en Colchagua e colaborou co xeneral José de San Martín na defensa de Santiago despois das desfeitas de Cancha Rayada (1818). Distinguiuse na Batalla de Maipú, pero Bernardo O’Higgins fixo que o detivesen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO