"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical divalente de fórmula N=N=.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza dun substituínte diazo nunha molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico constituído por dous compostos de nitróxeno unidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasadizo que, na cávea dos teatros gregos e romanos e na dos anfiteatros e dos circos romanos, separaba en tres grupos as localidades (ima, media e summa cavea). As da parte inferior estaban destinadas á aristocracia e as outras dúas ás clases media e alta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas de color amarela, tóxico e irritante. Emprégase na metilación de ácidos e fenois e nalgunhas reaccións de cicloadición. As súas disolucións concentradas son moi explosivas, sobre todo en presenza de impurezas e metais alcalinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ascidias, do subfilum dos tunicados, ao que pertence a especie colonial D. violacea. Está presente na costa atlántica europea, dende as Illas Británicas ao S da Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sales inestables que conteñen o ión diazonio. Fórmanse na reacción de diazotación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción química na que unha amina primaria, xeralmente aromática, se transforma nun sal de diazonio, pola acción do ácido nitroso a baixa temperatura (de 0 a 5°C), que se forma in situ a partir dun nitrito e un ácido. Foi descuberta no 1858 por P. Griess.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para reproducir documentos baseado na destrución selectiva de sales de diazonio por efecto de raios ultravioleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo capaz de sintetizar compostos orgánicos nitroxenados a partir do nitróxeno atmosférico.
-
GALICIA
Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado posiblemente en Italia, a súa obra mostra unha influencia de Michelangelo. Asociado cos tallistas J. De Tours e K. Massiques, realizou entre outros, os retablos de Mollet, Dosrius e Canyamars. Consérvanse, entre outras obras, o Enterrament de Jesús (Enterro de Xesús, 1542) na igrexa do Sant Esperit de Terrassa, a imaxe da Mare de Déu de la Vitòria (Virxe da Victoria, 1556), da capela do Palau Reial Menor de Barcelona e a Mare de Déu (Virxe) do altar maior de Sanaüja (1543). Atribúeselle a Mare de Déu de Montserrat (Virxe de Montserrat) do arquivo da igrexa dos Sants Just i Pastor de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciada en Belas Artes (1975), colaborou no equipo de traballo do arquitecto Alberto Noguerol del Río. Participou, entre outras obras, na Praza da Constitución de Camas (Sevilla), no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela, 1990), na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1991) e na casa do concello de Cangas (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
antipirina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en San Tirso de Cornado (Touro). Construído no s XVIII, ten planta rectangular e construcións adxectivas. Dedícase á explotación agrícola. No exterior, destacan os muros encalados e a galería que serve de protección ao balcón da planta superior. Na portada que se abre ao xardín destaca un escudo circular cos brasóns das familias Torres e Aguiar.
-
-
-
Amañar, de maneira diferente á habitual, o aspecto dunha persoa ou cousa para evitar que sexa recoñecida.
-
Vestir a unha persoa cun disfrace.
-
-
Desfigurar algo para que non sexa recoñecido ou descuberto.
-
estirse unha persoa cun disfrace.
-
Desfigurarse algo ou alguén ocultando o seu aspecto real.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División española de voluntarios que loitaron na fronte soviética ao lado dos alemáns entre outubro de 1941 e outubro de 1943. Dirixiuna nun primeiro momento o xeneral Agustín Muñoz Grandes. O nome provén da camisa azul que levaban os combatentes falanxistas (unha cuarta parte do total). Englobouse dentro da Wehrmatch, como a 250 ID e estaba formada por 18.000 soldados de infantería e 12.000 de cabalería, divididos en catro rexementos e unha escuadrilla de caza. Foi asignada ao Grupo de Exércitos Norte de Von Leeb e orixinalmente correspondeulle un sector da fronte na beira occidental do río Volchov, ao SO de Leningrado, no que se despregaron o 12 de outubro de 1941. En agosto de 1942 incorporouse á fronte de Leningrado, co fin de participar na ofensiva que tomou definitivamente a cidade e, dende comezos de setembro de 1942, ocuparon un sector defensivo entre Pushkin e Kolpino. Os primeros substitutos chegaron en maio de 1942 e sucedéronse ata marzo de 1943. Na nova fronte, os francotiradores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dopazo.
-
-
Acción de doar.
-
Cousa que se doa ou que se cede desinteresadamente.
-
-
Dación gratuíta polo que unha persoa, o doador, dispón gratuitamente dunha cousa en favor doutra, o donatario. Na doutrina xurídica predomina a concepción contractualista, que considera a doazón un contrato que necesita para a súa perfección o animus donandi e a aceptación do donatario. O Código Civil español segue esta doutrina e considera a doazón como unha forma de adquisición da propiedade. A doazón pode comprender todos os bens do doador, aínda que este debe reservar o necesario para vivir. No relativo á fiscalidade, as doazóns son unha materia impoñible que se liga ao imposto que grava as sucesións e as herdanzas.
-
doazón entre vivos
Doazón que se fai por temor, en consideración ou en previsión da morte do doador e que, excepcionalmente, ten carácter revogable. No dereito común, estímase que está suprimida. No dereito foral e no civil especial, aínda subsisten nas compilacións de Navarra e Catalunya, respectivamente.
-
doazón esponsalicia
Obsequio que fan os prometidos en consideración ao seu matrimonio e agasallo que cada un dos prometidos lle dá ao outro. A súa validez queda supeditada á celebración do matrimonio e se este non ten lugar o doador pode reclamar a restitución do doado.
-
doazón por causa de morte
Liberalidade feita a título singular, nun acto entre vivos, que non produce efecto definitivo ata despois da morte do doador.
-
doazón por razón de matrimonio
Liberalidade feita en contemplación a un determinado matrimonio, antes de celebrarse, a favor dun ou de ambos os contraentes. A eficacia definitiva destas doazóns queda subordinada á celebración do matrimonio. Se esta doazón se fai en capítulos matrimoniais, os doadores non poden revogala.
-
-
Fórmula empregada nos reinos de León e Castela desde o s XIII polo rei e polos magnates, que consiste en facer concesións territoriais para retribuír os servicios dos vasalos. Eran de carácter temporal e non hereditarias. A raíz das grandes conquistas territoriais de Fernando III (1217-1252), apareceu o costume de facelas en plena propiedade. Non obstante, os donatarios quedaban sometidos a unha serie de requisitos ou de limitacións de cara aos bens recibidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento apócrifo redactado entre os ss VIII e IX, pero datado no 313, no que Constantino I recoñecía o Papa Silvestre I como soberano e outorgáballe a soberanía sobre a cidade de Roma, as provincias de Italia e todo o Occidente. Os privilexios temporais estendíanse á Igrexa de Roma, feito que serviu de fundamento para as reivindicacións temporais dos papas, logo da constitución dos Estados Papais. Durante a Idade Media, discutiuse a autenticidade do documento, pero os humanistas do s XV demostraron que se trataba dunha falsificación.