doazón
(< lat donatĭōne)
-
s
f
Acción de doar.
Ex: Pensa facer doazón dos seus libros á biblioteca municipal.
-
s
f
Cousa que se doa ou que se cede desinteresadamente.
Ex: O terreo para facer as piscinas foi unha doazón dos veciños.
Sinónimos: donativo. Confrontacións: dádiva, regalo. -
[DER]
-
s
f
Dación gratuíta polo que unha persoa, o doador, dispón gratuitamente dunha cousa en favor doutra, o donatario. Na doutrina xurídica predomina a concepción contractualista, que considera a doazón un contrato que necesita para a súa perfección o animus donandi e a aceptación do donatario. O Código Civil español segue esta doutrina e considera a doazón como unha forma de adquisición da propiedade. A doazón pode comprender todos os bens do doador, aínda que este debe reservar o necesario para vivir. No relativo á fiscalidade, as doazóns son unha materia impoñible que se liga ao imposto que grava as sucesións e as herdanzas.
-
doazón entre vivos
Doazón que se fai por temor, en consideración ou en previsión da morte do doador e que, excepcionalmente, ten carácter revogable. No dereito común, estímase que está suprimida. No dereito foral e no civil especial, aínda subsisten nas compilacións de Navarra e Catalunya, respectivamente.
-
doazón esponsalicia
Obsequio que fan os prometidos en consideración ao seu matrimonio e agasallo que cada un dos prometidos lle dá ao outro. A súa validez queda supeditada á celebración do matrimonio e se este non ten lugar o doador pode reclamar a restitución do doado.
-
doazón por causa de morte
Liberalidade feita a título singular, nun acto entre vivos, que non produce efecto definitivo ata despois da morte do doador.
-
doazón por razón de matrimonio
Liberalidade feita en contemplación a un determinado matrimonio, antes de celebrarse, a favor dun ou de ambos os contraentes. A eficacia definitiva destas doazóns queda subordinada á celebración do matrimonio. Se esta doazón se fai en capítulos matrimoniais, os doadores non poden revogala.
-
s
f
-
s
f
[HIST]
Fórmula empregada nos reinos de León e Castela desde o s XIII polo rei e polos magnates, que consiste en facer concesións territoriais para retribuír os servicios dos vasalos. Eran de carácter temporal e non hereditarias. A raíz das grandes conquistas territoriais de Fernando III (1217-1252), apareceu o costume de facelas en plena propiedade. Non obstante, os donatarios quedaban sometidos a unha serie de requisitos ou de limitacións de cara aos bens recibidos.