División Azul

División Azul

División española de voluntarios que loitaron na fronte soviética ao lado dos alemáns entre outubro de 1941 e outubro de 1943. Dirixiuna nun primeiro momento o xeneral Agustín Muñoz Grandes. O nome provén da camisa azul que levaban os combatentes falanxistas (unha cuarta parte do total). Englobouse dentro da Wehrmatch, como a 250 ID e estaba formada por 18.000 soldados de infantería e 12.000 de cabalería, divididos en catro rexementos e unha escuadrilla de caza. Foi asignada ao Grupo de Exércitos Norte de Von Leeb e orixinalmente correspondeulle un sector da fronte na beira occidental do río Volchov, ao SO de Leningrado, no que se despregaron o 12 de outubro de 1941. En agosto de 1942 incorporouse á fronte de Leningrado, co fin de participar na ofensiva que tomou definitivamente a cidade e, dende comezos de setembro de 1942, ocuparon un sector defensivo entre Pushkin e Kolpino. Os primeros substitutos chegaron en maio de 1942 e sucedéronse ata marzo de 1943. Na nova fronte, os francotiradores e a artillería rusa ocasionáronlle numerosas baixas. En decembro de 1942 efectuouse a substitución á fronte da división e o xeneral Emilio Esteban Infantes asumiu o mando. Durante a Batalla de Krasni Bor (10.2.1943) morreron ao redor de 4.000 soldados españois e en outubro dese mesmo ano anunciouse a repatriación da división a España. Permaneceron na fronte uns 1.800 voluntarios encadrados nunha lexión composta de tres bandeiras baixo o mando do coronel García Navarro e foron repatriados o 3 de marzo de 1944.

Palabras veciñas

divisible | divisio* | división | División Azul | División do Miño | divisional | divisionario -ria