divisionario -ria

divisionario -ria

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente a unha división, en especial a militar.

      Ex: Algúns dos membros divisionarios de infantería de mariña sufriron un xuízo por delitos de guerra.

      Confrontacións: divisional.
    2. s

      Membro dunha división.

  1. contador divisionario [TECNOL]

    Contador secundario que se coloca despois do contador principal de distribución e que se emprega para medir os consumos parciais.

  2. moeda divisionaria [ECON]

    Moeda que representa unha fracción da unidade monetaria e ten un valor convencional superior ao efectivo.

Palabras veciñas

División Azul | División do Miño | divisional | divisionario -ria | divisionismo | divisionista | divismo