División do Miño
División do Miño
Corpo militar formado en maio de 1809 para combater os franceses en Galicia, integrado por uns 16.000 homes dos que 2.000 eran soldados e uns 14.000 membros que procedían das milicias populares de Vigo, O Ribeiro, Cotobade, Crecente, Fragoso, Lobeira, Pontecaldelas, Soutelo de Montes, Santo Antoíño, Trasdeza, Valladares e Vigo, entre outras vilas. Dirixida polo xeneral Martín de la Carrera, enfrontouse con éxito aos franceses en Santiago de Compostela (23.5.1809) e Ponte Sampaio (8.6.1809).