"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Proceso de cementación dos aceiros cun baño de sales fundidos a unha temperatura aproximada de 800°C. O baño normalmente está formado por cianuro (70%), carbonato (25%) e, como estabilizador, cloruro sódico. Durante o proceso difúndese carbono e, en menor proporción, nitróxeno pola superficie do metal. A cianuración emprégase principalmente para cementar pezas pequenas e ten a vantaxe de ser un método rápido que permite temperar o aceiro sen volver quentalo, ademais de deixar as pezas lisas e limpas.
-
Procedemento de obtención do ouro e da prata que consiste en tratar o mineral cunha solución de cianuro alcalino en presencia de aire. O ouro ou a prata disólvense por formación dos cianocomplexos, moi estables: 4Au + 8NaCN+O 2 +2H 2 O→4Na[(CN) 2 Au]+4NaOH. A precipitación do metal prodúcese por cementación con cinc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio virtual no que se pode acceder a distintas informacións a través das redes de ordenadores intercomunicadas en todo o mundo. O termo foi creado por William Gibson na súa novela de ciencia ficción Neuromance (1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cicatrizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dun composto cíclico, orgánico ou inorgánico, a partir dunha ou máis cadeas de átomos por creación dun ou máis enlaces novos. Como a formación de enlaces é xeralmente sucesiva, a ciclación propiamente dita é sempre intramolecular; á intermolecular chámaselle máis correntemente condensación. A formación dun complexo metálico cíclico cun ligante bidentado ou polidentado denomínase quelación. En química orgánica, a formación de compostos carbocíclicos e heterocíclicos resulta de reaccións moi variadas. En xeral, a facilidade de formación dos ciclos depende do número de átomos no anel.
-
GALICIA
Meteorólogo e profesor. Doutor en Ciencias Exactas, catedrático e profesor emérito da Universidad de Zaragoza. Exerceu como meteorólogo dos aeroportos de Las Palmas (1949-1952) e Zaragoza (1952-1960). En 1957 obtivo a cátedra de Astronomía Xeral, Topografía, Astronomía Esférica e Xeodesia na facultad de Ciencias de Zaragoza. Foi decano da facultad de Ciencias de Zaragoza (1968-1972) e director do Instituto de Ciencias de la Educación (1973-1979). Foi nomeado conselleiro adxunto do Consello Superior de Investigacións Científicas (1966), asociado de honra da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos (1970) e membro da comisión de Mecánica Celeste da Unión Astronómica Internacional (1982). Entre os seus libros destacan: Mecánica Teórica (1965), On the Problem of the internal constitution of the Earth (Sobre o problema da constitución interna da Terra, 1991) e Geodesia, Geométrica, Física y por Satélites (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, xornalista e político. Cultivou o xornalismo político en Cuba, onde estivo preso, e en Zaragoza. Residiu en París e Madrid, onde foi redactor de El Imparcial e militou en Acción Republicana. Publicou a tetraloxía autobiográfica Del cautiverio (1903), Del hospital (1906), Del cuartel y de la guerra (1906) e Del periódico y de la política (1907), e a novela El juez que perdió su conciencia (1925). Sendo gobernador de Ávila, foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camisa de tea áspera empregada para facer penitencia.
-
Cinto duro, de sedas ou de cadenetas de ferro con puntas, que se leva cinguido enriba da pel por espírito de mortificación.
-
-
-
Moldura en forma de S que remata unha cornixa.
-
Remate dos capiteis xónico e corintio que ten a forma dunha táboa delgada ou fina.
-
Na arquitectura medieval, corpo situado entre o capitel dunha columna e o arco ou lintel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de cimentar.
-
PERSOEIRO
Patricio romano. Elixido cónsul no 460 a C, foi nomeado ditador no 458 a C para axudar o cónsul Municio na campaña contra os ecuos. No 438 a C foi de novo ditador, para combater os proxectos democráticos do patricio Espurio Melio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo das Seis Nacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptaron as Xornadas do Cine en Ourense na súa última edición, no ano 1978.
-
PERSOEIRO
Político e xeneral romano. Membro do partido demócrata de Mario, apoiou o seu retorno do exilio (88 a C). Elixido cónsul no 87 a C, destituírono pola defensa da lei Sulpicia e expulsárono da cidade. Regresou acompañado de Mario e dos samnitas e apoderouse de Roma, onde proscribiu os seus adversarios políticos. Renovado no consulado no 85 e 84 a C, aboliu as leis de Sila e marchou a Oriente para derrotalo. Morreu asasinado polos seus soldados nun motín en Ancona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congress of Industrial Organizations.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2cifra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casal situado en Santa María a Maior do Val (Narón). De planta rectangular e muros de cachotería con perpiaños nas esquinas, cóbrese con tella a catro augas. O primitivo pombal funciona como celeiro. Foi propiedade de dona Vicenta de Aguiar Tenreiro y Seijas e de don Ignacio Pardo de Lama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca do Lazio, Italia, que corresponde aproximadamente á provincia de Frosinone.
-
PERSOEIRO
Escultor e ourive. Entre as obras que realizou en Italia destacan a decoración de Villa Castello e do Palacio Vecchio, e a tumba do cabaleiro Serguidi da catedral de Volterra. O cardeal Rodrigo Fernández de Castro encargoulle un crucifixo (1595) para o colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, conservado na capela do Cristo e caracterizado polo detallismo anatómico e o tratamento das pregas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico ruso. Foi un dos membros máis destacados da primeira xeración de pioneiros da astronáutica. En 1903 anticipou as teorías que despois fixeron posible o desenvolvemento desta ciencia. Expuxo por vez primeira a posibilidade de viaxar polo espazo extraatmosférico aproveitando o poder de reacción dos foguetes pola súa propulsión. Estableceu a razón de masas dos foguetes e deu a coñecer a fórmula fundamental da astronáutica. Como consecuencia desta estableceuse o sistema de dividir os foguetes en diversos tramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento popular protagonizado polos cardadores de la que tivo lugar en Florencia de xuño a agosto de 1378, nun contexto de precariedade económica e carencia de representación nos cargos públicos. Acadou gran violencia, tivo un notable éxito inicial ao contar co apoio de elementos do pobo máis acomodados e conseguiu melloras na condición política dos revolucionarios. A traizón de Michele di Lando e a reacción dos cabezas das corporacións gremiais provocaron o fracaso e unha dura represión. En 1382 houbo un novo intento de cambiar a situación pero reprimiuse e supuxo a completa restauración da aristocracia.