"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Relativo ou pertencente aos curculiónidos.

    2. Insecto da familia dos curculiónidos.

    3. Familia de coleópteros á que pertencen os gurgullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta do xénero Curcuma, da familia das zinxiberáceas, caracterizada por un rizoma ancho, follas oblongas ou elípticas de ata 40 cm de lonxitude e 20 cm de anchura, e flores de cor amarela pálida reunidas en espigas. Engloba unhas cincuenta especies propias sobre todo de Asia tropical, das que a Curcuma longa é a máis cultivada na India e noutras rexións cálidas. Dos rizomas obtense unha tinguidura amarela e unha especia, cun aroma similar ao do xenxibre, que se utiliza para aromatizar e darlle cor á mostaza, a queixos, conservas e outro tipo de alimentos. É un dos principais compoñentes do curry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia colorante da cúrcuma. Preséntase en forma de cristais de cor amarela alaranxada e solubles en auga que funden a 183°C. Emprégase como indicador de pH, co punto de viraxe a pH 8-9, e na detección do boro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rascar(se)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecer un curtocircuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno provocado pola conexión voluntaria ou accidental de dous puntos dun circuíto, entre os que hai unha diferenza de potencial, mediante un condutor de impedancia moi pequena. Caracterízase polo paso dunha corrente de intensidade moi elevada a través do condutor, que produce unha gran cantidade de calor. Para protexerse contra os curtocircuítos empréganse diversos dispositivos, coma fusibles, disxuntores ou relés térmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Prior do convento de San Domingos de Ribadavia. No ano 1431 foi o rexente da cátedra de Sentencias no estudo xeral de San Pablo de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica barca e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña fronteiriza establecida entre os daneses e os franceses no s VIII na marxe dereita do río Eider. O nome, de orixe latina, evolucionou ata derivar en Danmark (‘Dinamarca’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de baixo punto de fusión (95°C), constituída por un 50% de bismuto, un 25% de chumbo e un 25 % de estaño, que se emprega na fabricación de elementos fusibles de seguridade e moldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hariclea Haricly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que expresa a permeabilidade dos solos ao relacionar o volume (V) de auga que atravesa unha superficie (S) nun tempo determinado (t) coa caída da presión por unidade de lonxitude (Kp/Kl) segundo a ecuación: V(S·t)= K(Kp/Kl), na que K é o coeficiente de permeabilidade, que depende do material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico. Interesado desde novo pola aviación, desenvolveu melloras nos avións franceses da Primeira Guerra Mundial. Desde 1945 construíu un holding industrial e financeiro moi diversificado, que tiña como núcleo a sociedade Avions Marcel Dassault, que realizou os modelos dos grandes cazas Mirage e Mystère.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante italiano. Creou multitude de compañías mercantís en Florencia (1383), Pisa (1383), Xénova (1392) e Barcelona (1393), con filiais en València (1393) e Mallorca (1394), dedicadas ao comercio de artigos diversos (tecidos, la, viño, aceite, etc). Legou os seus bens a unha obra de beneficencia, O Cepo de Poveri, feito que permitiu a conservación do seu arquivo comercial, o Archivio Datini, situado no pazo que fixo construír en Prato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1939 estableceuse en Virginia onde exerceu a docencia. A súa arte partiu do fauvismo e cultivou todos os xéneros, entre os que cómpre salientar a decoración mural. Foi membro de Cercle et Carré e autor do seu anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e pedagogo. Formouse no ambiente cultural e social do Milán posterior ao Risorgimento, entre a herdanza manzoniana, a rebelión da scapigliatura, a atención polo socialismo humanitario e a inclinación polo verismo. Foi cofundador da revista La Vita Nuova e profesor e secretario da Accademia Scientifico-letteraria de Milán. Da súa produción destacan as obras Il cappello del prete (O sombreiro do crego, 1888), Arabella (1892), Giacomo l’idealista (Giacomo o idealista, 1897) e Col fuoco non si scherza (Co lume non se xoga, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.

    2. Ir cara a abaixo nun camiño.

    3. Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado e asinado en Barcelona o 16 de xuño de 1998 polos líderes dos partidos nacionalistas maioritarios das nacionalidades históricas, polo que se establecía unha fronte común cara á reorganización do modelo da estrutura do Estado. Na sinatura desta declaración participaron Xabier Arzallus, como representante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Jordi Pujol, presidente da Generalitat de Catalunya, en representación de Convergencia i Unió (CiU), e Xosé M. Beiras, líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Segundo os asinantes, despois de vinte anos de desenvolvemento no marco da Constitución de 1978 e logo do proceso de descentralización administrativa, precisábase unha nova etapa de ordenación política, dirixida á implantación en España dun modelo de estado confederal definido como un pacto entre países que conservan a súa soberanía e o recoñecemento internacional individualizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Acadou fama e recoñecemento internacional polo seu traballo a prol da recuperación, dignificación e desenvolvemento do mimo. Formado no Thèâtre du Viuex-Colombier a compañía de Jacques Copeau, traballou con destacados directores da escena francesa, como Gaston Batty, Louis Jouvet ou Charles Dullin. En 1931 presentou o seu primeiro traballo, La Vie primitive (A vida primitiva), que xa constituía unha formulación precisa da súa gramática da expresión física, fundamento da súa reinterpretación da arte do mimo, que deixou escrita no volume Paroles sur le mime (Palabras sobre o mimo, 1963). Entre as súas achegas máis significativas hai que salientar a importancia do traballo actoral, o descubrimento da mecánica corporal e de novos eixes expresivos, a exploración das posibilidades do mimodrama, ou pequenas escenas nas que se presentaba un conflito aparentemente sinxelo pois remitía a problemáticas máis transcendentais e universais, a requintada precisión no xesto e no...

    VER O DETALLE DO TERMO