"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mexer ou mexerse.
-
-
Estrutura microscópica dun corpo.
-
Estrutura metálica que se pode observar por medio dunha micrografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Vigo a partir de 1997. Baixo o subtítulo “Cadernos de pensamento e creación”, estivo dirixida por Amando González e tivo un consello de redacción formado por Ignacio Castro, Amando González, Francisco Jarauta e Antón Patiño. Cunha periodicidade semestral, incluíu artigos sobre a reflexión e a teoría da arte, textos poéticos e narrativos en galego e ilustracións de diversos artistas.
-
PERSOEIRO
Autor teatral. Comezou escribindo en revistas humorísticas, como La Ametralladora, ata que fundou en 1941 La Codorniz. Tamén tivo presenza no mundo do cine, con colaboracións nos guións dos filmes Bienvenido Mr. Marshall (1953) ou Viva lo imposible (1958). Escribiu comedias en que introduce unha renovación do xénero cómico, cun humor suave, entre patético e desencantado. O seu primeiro éxito teatral foi Tres sombreros de copa (1932), estreada en 1952, ao que seguiron Sublime decisión (1955), Maribel y la extraña familia (1959) ou Ninette y un señor de Murcia (1964). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1964), dúas veces o Premio Nacional de Teatro e foi membro da Real Academia Española (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica da Idade de Bronce ibérica (2500-1900 a C) que se desenvolveu en Santa Fe de Mondújar (Almería). Dos poboados destaca o xacemento de Los Millares, un dos máis representativos do megalitismo da Península Ibérica; está protexido por tres murallas datadas cara ao 2340 a C, e contén unha gran necrópole con máis de 100 tumbas. ; Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.
-
-
Obxecto ou cousa que presenta un tamaño moi reducido.
-
-
Pintura de tamaño moi pequeno. Orixinariamente, o termo facía alusión ás iluminacións que, realizadas con minio, se empregaban para realzar as letras maiúsculas nos códices; desde o s XVII vinculouse coa palabra ‘diminuto’, relacionado con todo tipo de iluminación de manuscritos, e posteriormente identificouse coa pintura de pequeno tamaño, especialmente co retrato destinado a medallóns e cos debuxos de obxectos. Estilisticamente está desvinculada da miniatura propia dos manuscritos e presenta, pola contra, estreitas relacións coa pintura. Moitos pintores realizaron miniaturas, entre os máis detacados están os británicos I. Oliver, S. Cooper e R. Cosway (s XVIII), o francés J. Petitot, o italiano R. Carriera e F. de Liaño e F. A. Meléndez na Península Ibérica. A súa decadencia comenzou coa aparición da fotografía (s XIX).
-
Pintura de figuras pequenas ou ornamentos feita sobre pergamiño ou papiro empregada na ilustración de importantes obras relixiosas ou profanas. Está técnica desenvolveuse en Bizancio, no Occidente cristián, na India budista e na Persia islámica. Un dos primeiros exemplos que se conserva data de 1900 a C: o Libro dos Mortos. A Ilíada pita (s V) é un dos manuscritos gregos máis antigos, con traballos que seguían a tradición romana. A pintura bizantina tivo un período de produción brillante entre os ss X e XIII, entre os seus códices destaca a Xénese de Viena (s VI). En Irlanda do Norte e Inglaterra as miniaturas foron importantes, nelas as tradicións célticas dominaron sobre as achegas clásicas mediterráneas e deixaron pezas como o Libro de Durrow (s VII) ou o Libro de Kells (s VIII). Na Europa de culto latino foron escasas durante a Alta Idade Media; as dúas pezas máis importantes da época foron o Salterio Ashburnham e a Biblia Amiatina. Aproximadamente por estas datas,...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mestura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mesura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mitilicultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría industrial de mexillón e de especies afíns, onde o home se limita a proporcionar un substrato artificial axeitado para a fixación das larvas planctónicas durante a época da reprodución (inverno). Diferéncianse tres modalidades de cultivo: sobre o fondo, sobre estacas cravadas ou sobre cordas de bateas flotantes. No primeiro caso, fíxase o animal directamente á area, o que é perigoso polo fácil acceso dos depredadores. No segundo método, os mexillóns fíxanse ás estacas, que se cravan na zona intermareal; este método é moi común en Francia. O método das bateas é o que achega mellores resultados, xa que o animal permanece sempre sumerxido e separado do fondo, de tal xeito que pode alimentarse cando quiera e ademais está fóra do alcance dos depredadores, e é o que se utiliza, entre outros, en Galicia. O proceso de cultivo do mexillón divídese en varias etapas: en primeiro lugar está a obtención da semente a partir das rochas do litoral, entre outubro e abril,...
-
-
Acción e efecto de moer.
-
Cantidade dunha cousa que se moe dunha soa vez.
-
Cansazo producido por unha fatiga extrema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Lugo a partir de 1995. Promovida pola área de Filoloxía Española do campus universitario de Lugo, estivo dirixida por Alexandre Veiga e Claudio Rodríguez Fer. Cada ano, e de xeito alternativo, publicou un monográfico con investigacións sobre o español e literatura española. Incluíu artigos, recensións, homenaxes e necrolóxicas. Contou entre os seus colaboradores con Manuel Seco, Alonso Montero, Teresa Moure, Hueso Montón, Darío Villanueva, Carmen Blanco e Pere Gimferrer. A revista tivo unha serie de anexos monográficos que, baixo o título Lucus Lingua, ofreceron traballos sobre lingüística de carácter científico.
-
-
Elemento de perfil uniforme, curvilíneo ou recto, que pode levar decoración e que serve para ornamentar ou reforzar obras de arquitectura, carpintaría ou outras.
-
astrágalo.
-
Listón amplo que se coloca nunha parede para evitar as marcas dos respaldos das cadeiras.
-
Moldura que presenta o perfil da quilla dun barco.
-
Moldura que enlaza con outra de maior profundidade.
-
Moldura que enlaza dúas superficies planas nun nivel diferente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballo de acabado dunha peza de madeira ou metálica, sobre a que se executa o perfil dunha moldura.
-
-
Poñer ou facer molduras.
-
Facer correr o molde ou a plantilla por unha guías para dar perfil á moldura.
-
Adornar con molduras.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad de Murcia, situado ao NO da capital provincial, no val do río Segura (46.905 h [2001]). É un centro rico en hortalizas e árbores froiteiras, e posúe gandaría, industrias alimentarias e manufacturas diversas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mollar ou de mollarse.
-
-
Calidade de mol.
-
Chuvia miúda que se desprende da néboa.
-
Néboa mesta e húmida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mondar.
-
-
Aplícase á audición conseguida mediante unha soa orella.
-
monofónico.
-