"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado en 1991 durante o congreso de Rimini como sucesor do Partito Comunista Italiano. O seu secretario xeral, Achille Occhetto, decantou o partido cara á socialdemocracia. Nas eleccións de marzo de 1994 foi a forza principal da coalición Progressistas. Por culpa dos precarios resultados electorais daquel ano, A. Occhetto dimitiu da secretaría xeral, cargo que foi ocupado por Massimo D’Alema que o revalidou no I congreso (1997). D’Alema, liderou a coalición L’Ulivo con Romano Prodi, e a vitoria desta coalición nas eleccións xerais de 1996 posibilitou a entrada no goberno desta formación. Ao final de 1998, a causa da crise de goberno provocada por Rifondazione Comunista, R. Prodi dimitiu do seu cargo de xefe de goberno e foi substituído por D’Alema. En 1998 pasou a formar parte, xunto con outras formacións, de Democratici di Sinistra (DS), que á súa vez forma parte da coalición electoral L’Ulivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...
-
-
Acción de parir. Consiste na expulsión dun feto viable fóra dos órganos xenitais e acontece cando este ten cumprido o ciclo de vida intrauterina, que na especie humana ten unha duración de 40 semanas. A expulsión do feto, consta de tres períodos: supresión e dilatación do colo uterino, expulsión do feto e período placentario. A partir das 30 semanas as contraccións uterinas aumentan en intensidade e en frecuencia, feito que contribúe á maduración do colo, e cando este está maduro, é dicir, dilatado uns 2 ou 3 cm, comeza o parto, acaba de dilatarse o colo, é expulsado o tapón mucoso, rompe a bolsa de augas e iníciase o período de expulsión, que se produce polos efectos das contraccións uterinas e polos esforzos que fai a muller ao puxar.
-
Produción ou froito de algo ou alguén.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos partos, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo parto.
-
Antigo pobo escita procedente de zonas de máis alá da Bactriana, que lle conquistaron ao soberano seléucida Antíoco II, ao inicio do s II a C, o NL de Irán e o S do Mar Caspio. Foi un pobo de gran valor militar moi temido polos romanos e os seus soldados eran destros na arte de cabalgar con armadura e tirar con arco. Destacaron as cidades de Hatra e Ctesifonte, xunto a Seleucia, da que respectaron a súa arquitectura, poboación e tradicións.
-
Lingua irania que pertence ao grupo occidental do estadio do iranio medio. Testemúñase na lingua dalgúns documentos económicos, en inscricións e cartas, así como en numerosos préstamos iranís e armenios. Os materiais epigráficos partos non son ricos e a fonte principal para o seu estudo son os textos en escritura maniquea. O parto, inicialmente limitado á antiga Partia, foi a lingua administrativa na época arsácida (ss III a C- III d C) de todo o Imperio parto. Nos inicios da época sasánida (224-303), testemúñase en inscricións (redactadas en dobre versión, parto e persa medio). A escritura destes textos, derivada da aramea, está cerca do persa medio. Os monumentos máis extensos da lingua parta son os escritos maniqueos dos ss III-VII, que se conservan en fragmentos de manuscritos (en escritura maniquea) dos ss VIII e IX, descubertos en Turfan, no Turkestán chinés. Na época da conquista árabe foi completamente substituído polo persa medio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula hipotética constituínte dos hadróns, proposta por R. Feyman en 1967. Nas teorías máis simples son asimilados aos quarks.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de coloración histoquímica que utiliza como reactivo o ácido periódico de Schiff. É unha técnica para comprobar a presenza intracelular de substancias que conteñen hidratos de carbono e, especialmente, de glicóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falecemento dunha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en tres, que se observa cando o átomo produtor do espectro se somete a un campo magnético intenso comparado cos campos magnéticos intraatómicos. A diferenza co efecto de Zeemann normal non está naquilo que se observa, senón na explicación que se lle dá ao fenómeno.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá, foi fundador e primeiro director da Revista de la Sociedad Española de Lingüística Aplicada. Publicou diversos estudos de historia do castelán, historiografía e filoloxía, e realizou investigacións sobre as traducións de obras italianas medievais. Dos seus traballos destaca o Dicionario crítico etimológico castellano e hispánico (1980-1991), escrito en colaboración con Joan Coromines. É membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans e o 28 de xuño de 2001 foi elixido membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo pashto.
-
Individuo do pobo pashto.
-
Pobo iranio de relixión islámica. Comprende 60 tribos, entre elas os durani, os ghilzai e os afridi, que se subdividen en clans, subclans e familias patriarcais. A súa división entre Afganistán (8,8 millóns) e Paquistán (17 millóns) avivou as aspiracións de independencia.
-
Lingua irania do phylum indoeuropeo que se escribe en alfabeto árabe. Xunto co persa é o idioma oficial de Afganistán, pero tamén se fala no NL de Paquistán. Influído literariamente polo persa e o urdú, as obras máis antigas datan do s XIII. Entre elas destacan as do místico panteísta Bāyāzīd Anṣārī (morto en 1585), as do seu detractor Aḥūnd Darweza (s XVII) e os poemas de Khušhāl Khān (morto en 1689), coñecido como o pai do pashto. Abunda a poesía popular cantada por recitadores profesionais, denominados ḋum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa a costa oriental de Cuba e a punta noroccidental de Haití, en América Central, e que comunica o Océano Atlántico co Mar Caribe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto que consiste na inhibición da glicólise (ou da fermentación alcohólica) dunha célula, debida á presenza de osíxeno, que permite, por contra, a respiración.
-
-
Herba verde que serve de alimento para o gando.
-
pasteiro.
-
Alimento ou comida.
-
Cousa que fomenta algo ou que é obxecto dunha acción destrutora.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Nariño, Colombia, situada ao pé do volcán Galeras (332.396 h [1999]). A súa economía baséase na industria téxtil, alimentaria e da construción, e nas refinarías de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Persoa que pastorea o gando.
-
-
Ministro do culto na Igrexa Reformada ou Protestante.
-
Guía espiritual, sobre todo o bispo e o sacerdote. OBS: Tamén se denomina pastor de almas.
-
bo pastor
bo pastor.
-
-
-
Can que coida o gando, especialmente as ovellas. OBS: Tamén se denomina can pastor.
-
pastor alemán
Raza de cans grande, duns 60 cm ata a cruz, que se caracteriza por presentar cabeza longa, fociño recto, longo e redondeado e orellas ergueitas e anchas na base. Teñen o pelo corto e duro e son de cor negra no lombo e parda no ventre. Emprégase en tarefas como rastrexador, gardián ou guía de cegos.
-
pastor belga
Raza de cans, duns 72 cm ata a cruz, que se caracteriza por presentar a cabeza longa e orellas ergueitas, triangulares e non moi longas. Son de cor variada, desde o roxo ata o negro. Empréganse, sobre todo, como cans de garda.
-
-
Sistema de cables eléctricos que cercan un terreo para impedir que entren ou saian os animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle.