"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Agrupación coral fundada polo seu director Manuel López Castro en 1969. Legalmente está constituída como Asociación Cultural e subvencionada por entidades públicas e privadas, e, paralelamente, realiza unha intensa actividade cultural ao organizar exposicións, conferencias e certames literarios. Na súa primeira actuación presentouse con 72 compoñentes e o seu número variou co tempo, cunha media de 50 voces. O seu repertorio abrangue obras polifónicas, música sacra, habaneras, espirituais negros e música do Nadal. Destaca a súa actuación no concerto anual Ciudad de Betanzos, que se celebra co gallo das festas patronais o 13 de agosto en colaboración con outras agrupacións musicais da localidade. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Astorga, Madrid, Salamanca, Santurce e Castro Urdiales). O 18 de maio de 1973 participou, xunto coa Coral Polifónica Follas Novas e a Orquestra do Conservatorio da Coruña, na estrea mundial da Cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba; en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1964 por Modesto Fernández Rodríguez, director ata 1998, en colaboración con outros membros deste colectivo musical. Dende 1998 está dirixida por Juan Carlos Troitiña Mota. Entre outros, foron os seus presidentes José Manuel Lorenzana, Ignacio Ramírez Pérez, José Luis Valcarce López, Ángel Gómez Montero e Víctor Arias Pérez. A súa primeira actuación foi no cine Capitol de Chantada o 8 de xullo de 1965, iniciando así unha serie de actuacións dentro e fóra de Galicia (Monforte, Ribadavia, Ourense, Lugo, Portomarín, Vigo e Oviedo). Promocionou a primeira actuación pública do cantautor Andrés do Barro, quen en 1970 foi o produtor do primeiro disco gravado pola Coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en 1962 baixo a dirección de Máximo Patiño Méndez, tivo a súa presentación o 1 de maio de 1963 na Atlántida (Vilaxoán). Conta con 35 compoñentes e o seu repertorio abrangue todo tipo de partituras: polifonía clásica e relixiosa, música gregoriana e folclore galego e universal. Á parte de solemnizar diversas celebracións litúrxicas, colabora coa Casa da Cultura de Vilagarcía e coa de Vilaxoán, así como cos Amigos da Cociña Galega. Así mesmo, organiza, promove e copatrocina o Concurso Popular de Villancicos de Vilaxoán, e o director dirixe o espectáculo Vilaxoán Canta, no que todo o pobo se reúne e canta conxuntamente coa coral na praza pública. Realizou máis de 750 actuacións e tivo sempre como norma non tomar parte en actos de carácter competitivo. Participou, entre outros certames, no Festival Internacional Hispano-Venezolano, nas V e X Xornadas de Folclore Galego, nas Xornadas Irmandade Corais Galegas, en diversos circuítos da consellería de Cultura da Xunta de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alcoránico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alcoranista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e autor de cómics norteamericano. A partir de 1970 comezou a publicar profesionalmente na revista Creepy, onde realizaba adaptacións de clásicos como Edgar Allan Poe. Posteriormente, en 1977, colaborou na publicación Heavy Metal. A súa obra ocúpase de temáticas fantásticas, de terror e de fición. O seu debuxo é dun expresionismo voluminoso e con moita influencia das técnicas cinematográficas. As series máis populares e coñecidas son: Rowlf (1971), Den (1977), Mutand World (Mundo mutante, 1978) e Jeremy Bood (1982). En 1999 publicou as antoloxías Black & White, Gangland e Flinch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Mestre de guitarra de Luís XIV en París, trasladouse posteriormente a Londres, ata que de novo regresou a París en 1671, onde ensinou este instrumento á familia real de Carlos II. Da súa produción destacan as coleccións para guitarra barroca francesa La guitarre royalle (1671 e 1674).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo profesional. Reside dende 1979 en Londres. Influenciado pola música pop dos anos noventa, realiza a maior parte das súas creacións en branco e negro. Deseñou, entre outras moitas, as portadas dos discos The Joshua Tree (1987), Rattle & Hum (1988) e All That You Can’t Leave Behind (2000), do grupo irlandés U2; 101 (1988) e Violator (1989), de Depeche Mode; Stripped (1995), dos Rolling Stones; Garage Inc. (1998), de Metallica; e Aire (2000), de José Mercé. Colaborou tamén na fotografía de numerosos vídeos musicais de artistas como Peter Gabriel, Nick Cave, Bryan Adams e Joseph Arthur, e expuxo na FNAC Gallery de Bruxelas (1980), na Torch Gallery de Amsterdam (1987), na Deichtorhallen de Hamburgo (1997), na Galery Torch de Nova York (1998) e na Galerie Almine Rech de París (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Avión. Cómpre destacar o retablo do s XVIII que contén as imaxes de santa Mariña, san Bieito e san Gregorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construíuse no último terzo do s XV en estilo gótico mariñeiro. Presenta unha planta de nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e capela maior de planta rectangular cuberta con bóveda de crucería. No s XVIII ampliouse a igrexa coa construción de dúas capelas aos lados da nave: a capela da Nosa Señora das Mercedes e a capela do Carme (1715). A fachada reconstruíuse en estilo neogótico, segundo a traza de Rodríguez Sesmero (1885). A porta orixinaria consérvase trala nova fachada. No interior destaca unha imaxe de san Marcos de finais do s XV ou comezos do s XVI atribuída a un artista do norte de Italia. O evanxelista está sentado nunha cadeira, ornamentada coas armas dos Altamira no apoio e cun león nos pés, e aparece vestido como o prototipo de home renacentista na actitude de escribir o seu Evanxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi director xeral de Instrução Pública e fundador da Sociedade de Geografia (1875). Escribiu obras de historia e literatura, como Diogo Caõ: descobertas e descobridores (1892) e Arte e literatura portugueza d’hoje: livro de critica: 1868-1869 (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Valga. Baixo o nome de Santa Comba de Louro foi cabeza da antiga xurisdición de Cordeiro, que sufriu as invasións normandas pola súa proximidade ás Torres do Oeste. Antano foi un mosteiro de monxas fundado no s X polos condes Menendo e Tonda. En 1028 pertenceu a Vermudo III e, posteriormente, don García doouno á igrexa compostelá. Ao disolverse a comunidade de monxas, instalouse nas súas dependencias unha comunidade de cóengos regulares, polo que a igrexa acadou a categoría de colexiata. En 1478 anexionouse á colexiata de Iria por mandato de Alonso III de Fonseca. Consérvase a igrexa de estilo barroco con influencias neoclásicas (1733-1734). Realizouna o mestre Xoán Fontenla segundo a traza de Antón Barros. Ten planta de cruz latina, ábsida rectangular e cóbrese con bóvedas de medio canón. No interior destaca o altar maior, trazado por Xosé Bieito Malvárez e realizado por Alexandre Nogueira. As imaxes orixinarias deseñounas Xosé Gambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Foi vicedecano da facultade de Matemáticas, director do departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Academia Galega das Ciencias. Entre as súas publicacións destaca Differential Geometry of frame bundles (Xeometría diferencial da construción de conxuntos, 1989). En 1987 recibiu o Premio de Investigación Científica da Deputación de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor mexicano. Precursor dos muralistas, formouse na Academia de San Carlos de México e na Accademia Nazionale di San Luca en Roma. Coñeceu o grupo dos nazarenos e adoptou unha actitude contraria aos postulados académicos. Entre as súas obras destacan Colón ante los Reyes Católicos (1853?), Retrato de los escultores Tomás Pérez y Felipe Valero (1847) e os murais de Jesús ante los doctores na igrexa de Jesús María (1855) e o dedicado ao filósofo Gabino Barreda (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Foz. Consta dunha nave con cuberta de madeira e dunha ábsida cuadrangular á que se lle engadiron dúas capelas laterais. No exterior destaca a espadana da fachada, dun só corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel curtida de cabra ou de macho cabrío.

    2. Coiro repuxado e pintado. Foi unha técnica decorativa empregada polos árabes e que acadou un gran desenvolvemento en España, principalmente en Córdoba, onde se realizaban en pel de cabra ou de macho cabrío e se decoraban con relevos e gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Político do Baixo Miño. En 1933 foi elixido concelleiro en representación do Partido Republicano Radical da corporación municipal de Tui. Dous anos despois accedeu á alcaldía. Trala sublevación militar de 1936 participou na comisión xestora do concello, creada polos militares e presidida por José Peñarredonda.

    VER O DETALLE DO TERMO