"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arteixo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación do Salvador, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra Chá, situado na provincia de Lugo no NL da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 17’ 30’’ de latitude N e 7° 21’ O. Limita ao N con Mondoñedo (comarca da Mariña Central), ao L con Riotorto e Meira (ambos os dous na comarca de Meira), ao S con Castro de Rei, Cospeito (comarca de Terra Chá) e Pol (comarca de Meira), e ao O con Abadín (comarca de Terra Chá). Abrangue una superficie de 175 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.690 h (2007), distribuída nas parroquias de Aguarda, Álvare, Baltar, Bretoña, Cadavedo, Crecente, Fomiñá, Gueimonde, Lagoa, Loboso, Pastoriza, Pousada, A Regueira, Reigosa, Saldanxe, San Cosme de Piñeiro, San Martiño de Corvelle, Úbeda e Vián. A súa capital está no lugar de Pastoriza, na parroquia do mesmo nome, a 150 km de Santiago de Compostela e a 40 km de Lugo. Está á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Mondoñedo.
    Xeografía física
    As terras da Pastoriza sitúanse na transición entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Pastoriza (Arteixo). O templo ten restos da edificación orixinal datada no s XIII pero predomina o estilo barroco do s XVII. Ten planta cunha soa nave con dúas capelas laterais. As obras da nave iniciáronas os mestres Domingos Pérez de Noicela e Francisco de Lista cara a 1686 e a escultura da fachada executouna Brais do Pereiro. A partir de 1690 dirixiu as obras o mestre Domingos de Maceiras, que se encargou da parte da cabeceira. A fachada estrutúrase en tres corpos independentes que rematan en campanario. No interior do templo destaca o retablo barroco e a imaxe da Virxe do s XIII. A lenda conta que para evitar que a imaxe fose roubada durante as incursións dos piratas do s XVI, foi escondida baixo unha pedra preto do santuario. Con todo, en 1599 F. Drake raptouna e decapitouna e desde entón a cabeza gárdase nun relicario no templo. No outono celébrase unha romaría coa peregrinación á pedra onde se refuxiou a imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Ten planta rectangular e cuberta a catro augas. Está realizado en cachotaría con cantaría nos vans. Na fachada destacan dous escudos de armas. Nas súas proximidades sitúase unha capela que forma escuadra co pazo e que se comunica con este polo interior. É de reducidas dimensións e conta con espadana. O pazo e a capela están rodeados por unha muralla realizada en cachotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pastoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á pasta.

      2. Que é semellante á pasta pola súa consistencia.

    1. Aplícase á boca coa lingua cuberta de saburra e sen gusto.

    2. Aplícase á fala que ten falta de fluidez e claridade.

    3. Aplícase á voz suave e agradable ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Antón Patiño Regueira. Coñecido como Antón Patiño, formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1974-1979). Na década de 1970 participou nas mostras artísticas da praza da Princesa de Vigo e relacionouse cos poetas do grupo Rompente. En 1980 viaxou a Nova York con Menchu Lamas, Ánxel Huete e Guillerme Monroy, e coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso fundou con eles o colectivo Atlántica. As súas propostas artísticas partiron do expresionismo abstracto de gran forza colorista, xestual e expresiva e derivaron, especialmente desde a década de 1980, na realización de grandes series monográficas secuenciais. Desde esta década, as referencias abstractas da súa pintura deixaron paso á representación de motivos vexetais (Palmeira dobre, 1983) e marítimos (Beira do océano, 1999). Especialmente características foron as súas representacións de máscaras (Dobre rostro, 1983; Orixe-entroido, 1984) e figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, editor e micólogo. Coñecido como Patiño o Vello, compaxinou a actividade pictórica coa profesión de libreiro e editor en Vigo. Foi socio fundador da agrupación micolóxica A Zarrota, en Vigo, e da Federación Galega de Micoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Patiño Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ferrol a partir de 1982. Dirixida por Juan J. Ruiz Varela, foi unha das publicacións que modernizaron a banda deseñada galega a principios da década de 1980, xunto con Fat City, e protagonizou o que se deu en chamar a “movida Ferrol”. Incluíu debuxos e ilustracións de banda deseñada de Eduardo Galán Dudi, entrevistas a coñecidos personaxes da política e da cultura, e artigos en que se analizaban diversos temas, sempre desde unha perspectiva de crítica, especialmente en todo o relativo á OTAN e ao imperialismo estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. As primeiras obras manifestan o seu ideal prerrafaelista. Convertido ao catolicismo, a súa obra poética evolucionou cara a un erotismo de tema relixioso, e nela predominan as descricións de escenarios naturais e de contextos domésticos. Destaca a súa obra The Unknown Eros & Other Odes (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que se estableceu en Castela.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de goles, tres patos, de prata. Outros traen, en campo de sinople, dous patos, andantes, de prata, picados e membrados de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, un león pasante, de goles, cunha espada na súa pata dianteira dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben as aves anátidas de tamaño medio, voo rápido e nas que existen diferencias entre femias e machos. As femias son de cores pardas e moi similares entre as diferentes especies, mentres que os machos son máis conspicuos e diferentes entre as distintas especies.

      1. Nome común co que se coñecen as aves anátidas que se caracterizan porque só mergullan a metade do corpo para obter o alimento e porque poden erguer o voo sen ter que impulsarse cunha carreira previa. Adoitan vivir en encoros, ríos e lagoas onde se alimentan de plantas acuáticas, crustáceos e algún peixe.

      2. pato asubión [cast: ánade silbón] [Anas penelope, Fam dos anátidos]

        Anátido de 46 cm de lonxitude, caracterizado porque o macho ten unha mancha amarelada cruzándolle a cabeza, ás grises, o dorso máis escuro e o peito e a cabeza castaños. A femia é parda con pintas. Son principalmente vexetarianos. Viven en rías e zonas próximas ao litoral. Aniña en Asia e no N de Europa. En Galicia e no resto da Península Ibérica é invernante, polo que se pode observar a partir do mes de setembro.

      3. pato branco [port: pato branco; cast: tarro blanco; ingl: shelduck] [Tadorna tadorna, Fam dos anátidos]

        Anátido de 61 cm de lonxitude e de sexos moi semellantes. A plumaxe é branca, pero teñen a cabeza e o pescozo negro-verdosos, e o peito presenta unha banda avermellada que lle chega ata o lombo. O macho diferénciase porque posúe unha protuberancia nasal. O peteiro e as patas son vermellas. Aniña no N de Europa, e en Galicia é invernante, polo que se pode observar desde novembro ao longo do litoral.

      4. pato caribranco [port: zarro bastardo; cast: porrón bastardo; ingl: scaup] [Aythya marila, Fam dos anátidos]

        Anátido de 48 cm de lonxitude, caracterizado porque o macho ten a plumaxe da cabeza, do pescozo e do rabo negra, e a das costas e a do dorso branca. A femia é parda co ventre claro. Ambos teñen unha mancha ao redor do peteiro, que é azulado. Vive nas ribeiras que están protexidas, alimentándose de moluscos e crustáceos. É un invernante escaso en España, ao igual que en Galicia.

      5. pato chupón [port: zarro común; cast: porrón común; ingl: pochard] [Aythya ferina, Fam dos anátidos]

        Parrulo duns 46 cm de lonxitude, en que os machos son de cor gris clara coa cabeza vermella e o pescozo e a cola negros. As femias son pardas cunha mancha branca ao redor do peteiro e outra rodeándolle os ollos. Aniñan preto da auga, en encoros, lagoas e augas estancadas, e aliméntanse de plantas acuáticas e das súas sementes, moluscos e crustáceos. Está presente en Europa e en España, e en Galicia é invernante a partir de novembro. Pode atoparse nas beiras do Miño e en lagoas ou encoros próximos á costa.

      6. pato cinsento [port: frisada; cast: ánade friso; ingl: gadwall] [Anas strepera, Fam dos anátidos]

        Ave de 51 cm de lonxitude, que se caracteriza porque o macho ten o ventre branco, bandas escuras nos lados, gris o dorso e as patas alaranxadas. A femia é parda con pintas. É vexetariano aínda que pode alimentarse tamén de vermes e pequenos invertebrados. Vive nas rías, pero en Galicia só é invernante, ao igual que na meirande parte da Península Ibérica, agás no centro e S, onde cría.

      7. pato cristado común [port: negrinha; cast: porrón moñudo; ingl: tufted duck] [Aythya fuligula, Fam dos anátidos]

        Ave duns 43 cm de lonxitude, en que os machos teñen a parte ventral e as costas brancas, e o resto do corpo negro; na cabeza presentan unha crista cara a atrás. As femias son pardas e tamén presentan crista, aínda que máis curta. Os dous teñen o peteiro azulado coa punta negra, e os ollos amarelos. En Galicia e parte da Península Ibérica é invernante, e atópase no litoral e en encoros.

      8. pato cullerete [port: pato trombeteiro; cast: pato cuchara; ingl: shoveler] [Anas clypeata, Fam dos anátidos]

        Ave de 51 cm de lonxitude que se caracteriza polo seu gran peteiro aplanado. O macho ten a cabeza verde, o peito branco e as costas avermelladas. As femias son pardas con pintas, e teñen unha mancha alar azul. Come plantas e outros invertebrados acuáticos, e vive en rías, lagoas e esteiros. En Galicia pode observarse como invernante nos meses de setembro a febreiro.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. piollo pato.

    2. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘piollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Coñecida como Chus Pato, publicou os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984). Colaboradora habitual de Andaina, Dorna, Festa da palabra silenciada, Luzes de Galiza, Ólisbos e Revista das letras, foi membro da editora-cooperativa Letras de Cal, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia, ademais de fundadora das Redes Escarlata, coas que colaborou en Xuro que nunca volverei pasar fame (2003). Na súa obra analiza problemas sociais, aborda o culturalismo clasicista e incorpora elementos feministas, nunha novidosa combinación de imaxes realistas e surrealistas. Autora de numerosos libros de poemas aínda inéditos, da súa obra destacan Urania (1991), Heloísa (1994), en que se modifica a imaxe tradicional dos mitos clásicos; Fascinio (1995), Nínive (1996, Premio Losada Diéguez 1997), A ponte das poldras (1996) e m-Talá (2000)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gaiteira. Deu os seus primeiros pasos artísticos na escola de gaitas da Deputación de Ourense, de onde pasou ao grupo de folk Mutenrohi, co que gravou os discos Has bailar! (1997) e Cousas da Lúa (1999). Xa en solitario, actuou en festivais de Francia, México e Alemaña, e colaborou con The Chieftains, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Tenerife. Da súa discografía destacan os traballos Tolemia (1999) e Xilento (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Xesús Pato Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -pat(a/ía).

    VER O DETALLE DO TERMO