"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas. A súa composición mineralóxica depende das rochas orixinais: se procede de rochas margosas, contén calco-silicatos e denomínase corneana calco-silicatada; e se procede de rochas arxilosas, contén silicatos alumínicos (andalucita, cordierita e biotita), que lle dan un aspecto manchado característico, e recibe o nome de cornubianita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Irixo. De estilo barroco, foi construída entre os ss XVII e XVIII. No interior destacan os seus retablos barrocos e rococós, nos que cómpre salientar as imaxes de Santiago peregrino e o Ecce Homo. No exterior sobresae a decoración da fachada principal, a virxe policromada da portada lateral e un sepulcro pertencente á familia García Paz (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino. Profesou no mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela, onde foi prior (1595) e abade. Doutor en Teoloxía pola Universidade compostelá (1594), foi catedrático entre 1597 e 1601, ano no que abandonou a docencia. En 1604 nomeárono abade do mosteiro de San Benito el Real de Valladolid e xeneral da congregación beneditina, polo que se converteu no primeiro monxe galego que ocupou este cargo. Posteriormente, regresou a San Martiño Pinario, onde foi abade (1607-1613). Foi un dos nove monxes que se encargaron de redactar en 1610 as Nuevas Constituciones de la Congregación de Valladolid, publicadas en Madrid en 1612.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe franciscano, cronista e bispo de Ourense (1694-1706). Durante o seu bispado, preocupouse pola poboación que estaba a sufrir unha gran carestía de alimentos, reclamando gran aos principais mosteiros da súa diocese. Foi autor de obras como Crónicas de la Orden de San Francisco (1728), Vida de Santa Margarita (1728) e Vida de Santa Isabel, infanta de Aragón y reina de Portugal, espejo de las doncellas casadas y viudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen porfía nas súas ideas ou actitudes, sen atender a outras razóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (251-253) e mártir. Foi elixido polos partidarios de conceder a indulxencia aos apóstatas, un movemento iniciado por Calisto I. Convocou un concilio no que defendeu a reconciliación cos lapsi. Tivo por adversario a Novaciano, que instigou un motín contra el e que se fixo nomear papa por tres bispos, polo que se considera o primeiro antipapa. Loitou contra o cisma dos novacianos, quen cuestionaban o poder da Igrexa Católica para perdoar pecados como a fornicación e o adulterio, coa axuda de san Cibrán dende África e de todos os demais bispos de Occidente. Exiliouse a Civitavecchia e morreu martirizado na persecución do Emperador Decio no 253. Na iconografía viste traxe pontifical e leva como atributos persoais un corno ou un animal hastado (en alusión ao seu nome ‘forte coma un corno’). A súa festividade celébrase o 16 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta xesuíta. Coñecido como Cornelius a Lapide, ensinou Sagrada Escritura e hebreo en Louvain e Roma. Publicou un extenso comentario sobre toda a Biblia, agás de Job e os Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Cultivou o retrato, de carácter realista, e o gravado en madeira, onde se aprecia a influencia de Dürer. Na pintura relixiosa destacan o Triunfo da relixión e a Adoración da Trindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, naturalista, economista, político e poeta ilustrado. Membro dunha familia fidalga, non seguiu as directrices paternas de realizar estudios de dereito e dedicouse á investigación histórica. De formación autodidacta asentada solidamente nas humanidades, é o prototipo de home ilustrado e polifacético e, xunto con Sarmiento, Feijoo e Sobreira, unha das figuras máis sobresaíntes do s XVIII en Galicia. Como escritor, a súa cultura enciclopédica e a súa curiosidade levárono a tratar numerosos temas que responden aos principais focos de interese da Ilustración, dende a xeografía e a historia ata a economía e as ciencias naturais, pasando polo dereito, a lingua e a educación. En 1755 presentou o traballo “Disertación geográfica histórica sobre cuál hubiese sido el antiguo asiento de la ciudad Límica o Lémica, señalada por patria de Idacio en el prólogo de su Cronicón” á Academia de Historia, que o nomeou membro de mérito. Dende esa data e ata 1802 desempeñou diversos cargos na Academia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tallista. En 1759 realizou con Pedro Ramos os retablos e as imaxes de Xesús Nazareno e de Nosa Señora das Dores para a igrexa de San Miguel dos Agros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultor. Realizou dous retablos colaterais para a igrexa de San Pantaión das Viñas (Betanzos), un dedicado á Virxe María e outro a santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Galicia entre 1520 e 1547, introduciu un estilo situado a medio camiño entre o gótico borgoñón e o primeiro Renacemento. En Castela traballaron outros dous escultores do mesmo nome. A súa presenza en Ourense está documentada en 1521, cando traballou no sepulcro de Gutierre de Sandoval na igrexa de San Francisco, aínda que previamente xa traballara no retablo maior (1516-1521) da catedral ourensá. Atribúenselle tamén, a el ou ao seu obradoiro, o retablo de San Pedro de Moreiras e a imaxe de santa Lucía do museo da catedral de Ourense. Ademais puido dar a traza do retablo da colexiata de Xunqueira de Ambía. En 1524 chamárono a Santiago de Compostela para realizar un retablo para o Hospital Real. O seu estilo evolucionou entón fusionando o naturalismo borgoñón co decorativismo plateresco. Entre as obras compostelás que se lle atribúen destacan o retablo, do que se conserva na capela da Prima da catedral unha imaxe da Virxe co Neno e o sepulcro do cóengo Antonio Rodríguez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Amoeiro. De estilo románico, construíuse baixo o padroado de dona Urraca Fernández. O bispo de Ourense don Afonso consagrouna o 16 de abril de 1200, segundo a inscrición que flanquea a porta meridional do templo. Trátase dun edificio de pequenas dimensións, de planta única, con cuberta de madeira a dúas augas e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado e apóiase en dúas columnas con bases decoradas con talos e capiteis con lazos rematados en volutas. O seu aspecto exterior destaca pola sobriedade só alterada pola decoración de canzorros. Cómpre salientar a portada occidental, co arco maior, os capiteis e a chambrana decorados con motivos xeométricos. Sobre o lintel aparece unha figura erguida, flanqueada por dúas grandes pinas, vestida con túnica ata os pés, e que sostén entre as súas mans unha cartela estendida na que se vislumbran algunhas letras. Contorneando o semicírculo do tímpano esculpiuse un festón de arquiños de medio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de contacto formada a partir de rochas arxilosas non carbonatadas. É de cor clara (rosa, parda, violeta ou verde), cunha estrutura densa ou con xistosidade relita, e motivos miméticos sobre a estrutura procedente da acción de contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral infantil fundada en abril de 1986 por iniciativa de José Luis Lorenzo Rodríguez. Ao longo da súa traxectoria musical participou en numerosos festivais e eventos culturais como o II Concurso Pelegrín de Composición de Vilancicos e Panxoliñas (1994) e nos encontros corais da Ribeira do Baixo Miño en Monção, Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Vila Praia de Âncora. Así mesmo, destacan as súas actuacións realizadas no Teatro Lope de Vega de Ocaña, no Teatro Principal de Pontevedra, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Teatro Principal de Ourense e na Sagrada Familia de Barcelona. En 1991 obtivo o III Premio no Concurso de la Canción Marinera de Portugalete e en 1996 o I Premio no II Certame de Coros de Galicia. Na súa discografía destaca o traballo Canto á Guarda (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación folclórica fundada en Vigo por María Méndez de Besada. Baixo a dirección de Moisés Alonso Valverde, realizou numerosas actuacións pola xeografía española. Recibiu a Medalla de Bronce e o diploma no I Certame Nacional da Canción Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral creada en 1979 por iniciativa do vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. A súa posta en marcha asumiuna Maximino Zumalave ata 1985; posteriormente estiveron ao seu cargo Xan Viaño, Margarita Guerra, Juan Carlos García Pardo, Juan Carlos Dorgambide e, dende 1999, Miro Moreira. Dende os seus inicios compaxinou o repertorio a capella coa interpretación de grandes pezas como Dido and Aeneas (Dido e Eneas) ou Magnificat, de Vivaldi. Dentro da súa traxectoria profesional destaca a recuperación de pezas de mestres de capela das catedrais galegas (Melchor López ou Diego de Muelas), a presentación de obras de compositores contemporáneos (Carmelo Bernaola, Antón García Abril ou Tomás Marco) e a atención á produción de músicos galegos (Enrique Macías, Ángel Barja ou Rogelio Groba). Así mesmo, realizou un labor de afondamento nos diferentes estilos da historia da música coa interpretación de programas monográficos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Chō ḷ amanala.

    VER O DETALLE DO TERMO