"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da patoloxía que estuda o mecanismo polo que as causas morbosas actúan dentro do organismo para producir calquera enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de patóxeno.
-
-
Relativo ou pertencente á patoxenia.
-
Que é causado por unha enfermidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa enfermidade.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático. De influencia simbolista e decadentista, colaborou posteriormente no grupo modernista Orpheu e nas revistas Atlântida e Águia. Da súa obra destacan os contos de Serão inquieto (1910) e o libro de poemas Poesias (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Axuda que ofrece unha persoa, unha institución ou un organismo.
-
Función exercida en calidade de patrón.
-
-
-
Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.
-
Institución de carácter benéfico ou cultural.
-
-
Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiais, reitorías e beneficios. O padroado eclesiástico corresponde a algunha igrexa, dignidade ou oficio eclesiástico; o padroado laico corresponde aos segrares; e o padroado mixto participa das dúas calidades, ou concorren na fundación persoas con bens eclesiásticos e con bens familiares. O dereito de padroado podíase adquirir por fundación, coa doazón do terreo, a edificación da igrexa e a dotación do seu mantemento; por reedificación, cando se pactaba co bispo; por prescrición, de máis de 40 anos e posesión inmemorial se se trataba dunha igrexa libre; e por privilexio, cando o outorgaba a Santa Sé. O código de dereito canónico que entrou en vigor en 1918 tendía xa á desaparición dos padroados. En España, no Concordato de 1753 entre Fernando VI e Benedito XIV triunfou o regalismo reafirmando o dereito...
-
Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural creada en Montevideo o 8 de xuño de 1964, a iniciativa de Xosé Cancela Freixo. Tivo como finalidade o achegamento da colectividade galega ao pobo uruguaio e o espallamento da cultura galega en todas as súas expresións. Das súas iniciativas destacaron a creación da Escuela Galicia, a edición de libros e publicacións en galego -xunto a unha biblioteca con máis de 10.000 exemplares-, a creación do Día da Poesía Galega e o galardón Vieira de Prata, concedido cada ano a unha persoa ou institución que traballase a favor dos fins da agrupación. Tamén se fixeron cargo do programa radiofónico Sempre en Galicia e da publicación do boletín cultural Guieiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de carácter benéfico publicado na Coruña a partir de xullo de 1959. Cunha periodicidade mensual nos seus inicios, co tempo pasou a editarse cada dous meses. Recolleu os gastos, ingresos e balances económicos produto das doazóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación cultural privada de interese galego fundada en 1964 por Avelino Abuín de Tembra e Maximino Rodríguez Buján, baixo a presidencia de Octavio Sanmartín Rodríguez. Os seus obxectivos dirixíronse a premiar as personalidades que destacaran polas súas achegas á cultura galega, polo que anualmente entregan o galardón do Pedrón de Ouro e o Pergamiño de Honra e Loubanza, que se outorgan en Padrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación constituída en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1947 por prestixiosos intelectuais e galeguistas, como Manuel Beiras García, Fermín Bouza Brey, Felipe R. Cordero Carrete, Xesús Ferro Couselo, Antonio Fraguas Fraguas, Manuel Gómez Román, Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Iglesias Iglesias, Xaime Isla Couto, Xosé Mosquera Pérez, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret Casado e Xose Villar Granjel, que nomearon presidente a Luís Iglesias Iglesias, daquela reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus obxectivos eran adquirir a casa onde Rosalía de Castro viviu os seus últimos anos e cuidar do seu mausoleo, co compromiso engadido de celebrar anualmente as conmemoracións do seu nacemento e a súa morte. As misas por Rosalía, que se celebraban cada 25 de xullo, convertéronse durante o Franquismo nun acto público en que se consentía o emprego do galego e as reivindicacións nacionalistas. En 1951 accedeu á presidencia Xoán Gil Armada, e sucedérono Xosé Mosquera Perez (1961-1965)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de obtención da prata a partir de chumbo arxentífero, descuberto polo químico británico Pattinson en 1853 e pouco empregado actualmente. Consiste en fundir o chumbo arxentífero e deixalo arrefriar lentamente, feito que permite separar os cristais de chumbo puro. Repetida a operación varias veces, a prata sepárase da aliaxe final por copelación.
-
PERSOEIRO
Militar estadounidense. Principal especialista en blindados do exército de EE UU, durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Tunisia e Sicilia. Cabeza do terceiro exército, destacou, despois do Desembarco de Normandie (1944), pola súa penetración dentro de Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inicialmente cultivou argumentos exóticos e despois o seu estilo evolucionou, e cultivou temas da natureza e vinculados coas teorías socialistas. Publicou libros históricos, biográficos e autobiográficos, ademais dun gran número de novelas e contos. Destacan as súas obras Kara Bugas (1932) e Zolotaja roza (A rosa dourada, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto que se establece co demo.
-
-
-
Revestimento de diversos materiais co que se cobre un solo para conferirlle firmeza, lisura ou comodidade de tránsito.
-
Material para pavimentar.
-
-
Superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.
-
Superficie dunha rocha, xeralmente dura, aplanada e pulida, que presenta ademais estrías, acanaladuras e fracturas en forma de saínte, produtos da forte erosión dun glaciar de tipo alpino ou dun inlandsis moi extenso do Cuaternario ou de tempos moito máis remotos. Polas estrías e as acanaladuras, pódense determinar as direccións e os sentidos das paleocorrentes do antigo glaciar ou inlandsis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investigación clásica de I. P. Pavlov que consiste en illar cirurxicamente un fragmento da mucosa do estómago dos animais, que vai empregar na experimentación, para conservar as relacións vasculares e nerviosas, pero recollendo á parte o produto da secreción das glándulas salivares. Así, pódese comprobar a composición e a cantidade de zume gástrico en relación cos estímulos psíquicos que lles foron inducidos a ese animal.
-
PERSOEIRO
Cantante. Coñecida como La Niña de los peines, comezou a súa carreira aos oito anos. Considerada como unha das figuras máis importantes do cante flamenco e admirada por Federico G. Lorca, cantou nos principais cafés e teatros de diversas cidades de España. Interpretou diferentes xéneros -especialmente tangos-, popularizou Petenera e Zambra e foi a creadora de cantes como as bambas e as lorqueñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e paisaxista inglés. Cando traballaba como xardineiro en Chatsworth comezou coa construción de grandes invernadoiros, en que ensaiou un sistema de cubrición realizado con metal e vidro. Encargouse da construción do Crystal Palace da Primeira Exposición Mundial de Londres (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. No ámbito político, foi primeiro radical e despois socialista. Fundador de La Tribuna (1888), colaborou en La Nación. Algúns dos seus traballos xornalísticos foron reunidos en La Australia Argentina (1898) e En las tierras del Inti (1909). Como escritor, é o autor máis importante do costumismo crioulo, e das súas obras destacan El casamiento de Laucha (1906), Pago Chico (1908) e Las divertidas aventuras del nieto de Juan Moreira (1910).
VER O DETALLE DO TERMO