"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor, economista e político. Trala súa militancia no partido republicano de Salmerón, foi acusado de participar nos atentados cometidos polos anarquistas durante o ano 1896 en Barcelona. Despois de pasar uns anos en Madrid, regresou a Catalu-nya en 1903 como líder dos catalanistas republicanos. Foi un dos fundadores do Institut d’Estudis Catalans (1907), centro no que presidiu a sección de ciencias. En 1909 foi nomeado presidente da Unión Federal Nacionalista Republicana e director de El Poble Català. A partir dese momento incrementou a súa actividade política: foi rexedor do concello de Barcelona en 1909, deputado a Cortes en 1910 e 1914 e, aínda que abandonou a política en 1916 tralo fracaso do Pacto de Sant Gervasi (1914), tomou parte activa na campaña pola autonomía de Catalunya en 1918. En 1931, trala instauración da República, volveu á política como membro da comisión redactora do Estatut d’Autonomia. Foi conselleiro de Xustiza e Dereito da Generalitat en 1933 e deputado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista, fillo de Pere Coromines i Montanya. Estudiou na facultade de Filosofía e Letras de Barcelona, nos Estudis Universitaris Catalans e na Fundació Bernat Metge. Completou a súa formación en Montpellier (1927) con Maurice Grammont e Georges Millardet; en Madrid (1928) con Menéndez Pidal e Américo Castro; en Zúric (1929) con Louis Gauchat, Arnald Steiger e Jakob Jud; e en París (1930) con Oscar Bloc, Mario Roques e Antoine Meillet. Doutorouse en Madrid cun traballo sobre Vocabulario aranés (1931). Pompeu Fabra introduciuno (1930) nos traballos de lexicografía do Institut d’Estudis Catalans, centro do que pasou a ser membro a partir de 1950. Foi profesor de filoloxía románica na Universitat de Barcelona ata 1939, ano en que se exiliou. Estableceuse primeiro en París, e pouco despois, en Arxentina. Neste país foi profesor da Universidad de Cuyo (Mendoza) ata 1948, data do seu nomeamento como profesor de filoloxía románica na Universidade de Chicago. Dúas constantes básicas na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Recibiu leccións de Achille-Etna Michallon, quen o introduciu no naturalismo inxenuo. Ao morrer este, ingresou no obradoiro de Victor Bertin, que o instruíu na doutrina pictórica da paisaxe histórica. Esta mestura de idealismo e clasicismo recibiu unha corrente de liberdade cos ensaios do pintor ao aire libre, feito que fixo da súa pintura, especialmente das paisaxes, un preimpresionismo. A súa técnica, baixo unha aparencia tradicional, creou unha atmosfera de luz e claridade. Na súa primeira viaxe a Italia (1825-1828), sen negar a validez da paisaxe histórica, penetrou na paisaxe realista. Nesta primeira estancia realizou, entre outras obras, Le Pont de Narni (A ponte de Narni, 1827) e Forum (Foro, 1826). De regreso a Francia, durante os meses de primavera e verán debuxaba bosquexos ao óleo tomados do natural que logo pintaba no seu estudo no inverno. En 1834 realizou a segunda viaxe a Italia, a onde regresou en 1843. Percorreu Francia e viaxou a Suíza (1842),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Santa Cruz de Viana (Chantada). Acolle os restos de frei Miguel González, coñecido como o corpo santo. Nun libro de 1720 recóllese a lenda dun suceso acontecido a comezos do s XIII. Disque frei Miguel González marchou en peregrinación a Santiago de Compostela con frei Pedro dos Moriños e san Pedro González Telmo. Ao chegaren á lagoa do Cepo, en Santa Cruz, pousaron o seu báculo na terra e este converteuse nunha pereira. Despois de coroar o monte do Faro, frei Miguel pediulles aos seus compañeiros que se morría o soterrasen na primeira igrexa onde escoitasen soar unhas campás. Trala súa morte, a igrexa de Santa Cruz foi a que primeiro fixo soar as campás e os seus compañeiros, cumprindo a súa derradeira vontade, enterrárono alí. Desde entón comezaron a sucederse os milagres neste templo e os veciños converteron o sepulcro orixinario nunha capela cun altar no que se esculpiu unha imaxe en pedra do freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra evolucionou dende a abstracción ata a figuración. Participou na Fronte nuovo delle arti (1947) e pertenceu ao Gruppo degli Otto (1952-1954). Entre os galardóns que recibiu destacan os premios da Quadriennale di Roma (1955) e da Biennale di Venezia (1948, 1950, 1952 e 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima constituída pola Lei 25/1991, do 21 de novembro, pola que se establece unha nova organización das entidades de crédito de capital público estatal con consideración de entidade de crédito e estatuto de banco. Coñecida polo seu nome comercial (Argentaria), foi a cabeceira dun grupo que reuniu todas as entidades financeiras (bancos e entidades públicas de crédito) pertencentes ao Estado: Banco Exterior de España, Banco Hipotecario de España, Banco de Crédito Local de España, Banco de Crédito Agrícola e Caja Postal de Ahorros. Os primeiros anos do grupo, baixo a xestión de Francisco Luzón, que impuxo un modelo de banco federado, serviron para transformar as antigas entidades de crédito de capital público estatal e organismos autónomos en sociedades anónimas para iniciar o proceso de privatización en 1993. En 1998, baixo a presidencia de Francisco González, culminou o proceso de privatización que permitiu consolidalo como o terceiro banco na clasificación de entidades españolas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesos acaecidos en Barcelona o día de Corpus (7.6.1640) que marcaron o inicio da Guerra de Secesión de Catalunya. A presenza de tropas destacadas en Catalunya pola recente campaña do Rosellón e as provocacións dos payeses e campesiños levaron ao enfrontamento que acabou en motín e co asasinato do vicerrei Dalmacio de Queralt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección dos principais textos xurídicos eclesiásticos medievais. Editados en 1582, recolle as normas de dereito canónico constituídas durante o período de recepción do dereito común. Aínda que non foi promulgado, trátase dunha colección de obras diversas que obrigan por si mesmas. Está constituída por: o Decreto de Gracián (1140?), as Decretais (1234) de Gregorio IX, o Liber sextus de Bonifacio VIII (1298), as Clementinas, e por unha dobre recompilación de decretos illados agrupados nos Extravagantes de Xoán XXII e nos Extravagantes comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e escultores do s XVI naturais de Villalpando (Zamora), formada polos irmáns Jerónimo, decorador, e Juan, arquitecto. Coñecedores das técnicas de traballo do xeso, empregaban moldes que reproducían os diferentes motivos decorativos que despois modelaban sobre o xeso aínda húmido. Entre as súas obras destacan: a capela dos Benavente na igrexa de Santa María (1544-1556) e as tribunas da igrexa de San Francisco (1536), ambas as dúas en Medina de Rioseco; a capela maior e a nave do hospital de Tordesillas; a capela de San Pedro na catedral de Palencia e a Casa Blanca de Medina del Campo (1556-1563).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre artesán de instrumentos populares galegos e gaiteiro. Na infancia trasladouse a Lugo, realizou os estudios primarios en Rábade e de novo volveu á cidade de Lugo. Na súa mocidade, nun primeiro momento, compaxinou o seu traballo de axente comercial coa súa afección musical. Realizou as primeiras incursións no mundo da música tocando cos grupos Os Modernos e Os Montes, entre outras agrupacións, para, posteriormente, dedicarse por completo e de forma autodidacta á construción de instrumentos. Na década dos 70 ingresou no Obradorio de Instrumentos da Deputación de Lugo, substituíndo a Paulino Pérez; a continuación, fundou en Ortigueira e exerceu a docencia no Obradoiro Escola de Santa Marta de Ortigueira. Paralelamente, organizou exposicións de instrumentos populares dentro do marco do Festival do Mundo Celta de Ortigueira e creou o Grupo Didáctico de gaitas, zanfonas, pitos e requintas, primeira agrupación na que tocaron todos estes instrumentos xuntos. De novo en Lugo, formou a Cooperativa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou Filosofía e Letras en Madrid. Foi letrado sindical por oposición (1965-1967), director xeral técnico do Goberno Civil de Pontevedra (1977-1979), coordinador (1979-1981) e director (1986-1996) de relacións laborais en Citröen Hispania SA, coordinador da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en Galicia (1980-1982) e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (1996-1999). Iniciou a súa vida política como concelleiro de Vigo (1971-1973). Xa como membro do Partido Popular (PP), exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración (1982-1986), baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Foi deputado do Parlamento galego (1985-1989) e voceiro do grupo municipal do PP no concello de Vigo (1999-2001). No 2000 foi nomeado senador autonómico e ocupou a vicepresidencia primeira da comisión de Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Fillo de José Corral Díaz, a quen considera o seu mestre. Graduouse en cerámica na Escola de Artes Plásticas e Deseño de Lugo e foi profesor da Escola Provincial de Ourense dende 1982 e da Escola de Arte Antonio Faílde dende 1990. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da cor e da luz. Pintou interiores de edificios relixiosos, nos que experimentou coa luz, e realizou murais cerámicos. Obtivo numerosos primeiros e segundos premios en certames provinciais (1956-1964), catro premios nacionais, e participou en diversas mostras, como a de Mestres Pintores (Ourense, 2001). Da súa produción destacan O Pórtico da Gloria, Nave da catedral de Ourense e O deambulatorio do mosteiro de Oseira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Obreiro e militante anarquista. Emigrou a Arxentina onde traballou como ferroviario. Durante a Guerra Civil española participou, desde o exilio, nas campañas solidarias das agrupacións antifascistas. Defendeu as asociacións de traballadores durante o peronismo, foi delegado da Unión Ferroviaria no congreso normalizador da Unión General de Trabajadores (UGT) e membro da Federación Libertaria Argentina. Fundou o xornal Solidaridad Obrera (1941) e a Sociedad de Amigos de la Ciencia en Lanús, que difundiu os progresos da ciencia e a idea de que cultura e liberdade eran inseparables, e colaborou co Ateneo Ciudad de Avellaneda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Tomou contacto coas vangardas expresionistas durante a súa estancia en Zaragoza (1926-1934), onde traballou con García Conoy e compartiu estudo con Díaz Caneja e González Bernal. En 1934 acadou o posto de profesor de debuxo de ensino medio. Destinado a Larache (Marrocos), pasou alí a Guerra Civil, feito que influíu na evolución da súa pintura cara a solucións máis naturalistas. Colaborou nas revistas Cierzo e Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1948), na que exerceu como profesor, foi un dos renovadores da arquitectura española da segunda metade do s XX grazas á combinación das pautas do estilo internacional e do organicismo. Traballou con Luis Gutiérrez Soto (1946-1949) e con Ramón Vázquez Molezún (1952-1994). Das súas primeiras obras destacan o Poblado de Almendrales (Madrid, 1958), realizado con García de Paredes e Carvajal. En colaboración con Vázquez Molezún realizou, entre outras obras, a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1958), proxectada en colaboración con Alejandro de la Sota, o desaparecido instituto de Herrera de Pisuerga (1952), o pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas (1958), a Casa Huarte (1966), o edificio Bankunion (1975) e o Banco Pastor (1969), todos de Madrid, onde se amosa o organicismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non é xeneroso á hora de dar.

    2. Capa de sucidade que se forma sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Dereito, exerceu como director do xornal Vanguardia Gallega e do semanario infantil El Ideal. Publicou Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, gravador e escultor. Discípulo de Mariano García Patiño, as súas primeiras composicións figurativas incluían temas dionisíacos e eróticos. Bolseiro nun curso de cerámica do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (1975), a partir do 1978 pertenceu ao grupo A Carón e, posteriormente, foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual A Galga, co que realizou algunhas exposicións. Como integrante do movemento Atlántica, participou en todas as súas mostras (1980-1983) e neste período realizou unha obra espacialista baixo a influencia do expresionismo abstracto e da arte pobre. Cunha bolsa do ministerio de Cultura (1979) viaxou a México, onde comezou a traballar coa técnica da augaforte e incorporou a temática precolombina nunha liña expresionista. Entre 1984 e 1986 formou o Gruporzán, co que editou a súa obra gráfica. Durante os anos noventa a súa obra evolucionou dende a figuración á paisaxe. A partir de 1998 elaborou mariñas afastadas do naturalismo, entre as que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado no círculo de Juan de Borgoña, recibiu a influencia da arte italiana, especialmente do manierismo. Entre as obras que se lle atribúen destacan El tránsito de la Virgen e La Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO