"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie de erosión cunha pendente inferior ao 7% en xeral, modelada sobre rochas duras cristalinas e dominada, na parte superior, por un relevo abrupto ocasionado polos efectos da erosión. É característico de zonas climáticas semiáridas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dolmen situado en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Está constituído por unha cámara poligonal de case 2 m de diámetro, da que se conservan seis lousas chantadas e inclinadas cara ao interior, unha tampa moi grosa fracturada e caída sobre a cámara, e un corredor difícil de identificar e orientado cara ao leste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pedregoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é da natureza da pedra.
-
GALICIA
Xurista, irmán de Paulino Pedret Casado. Foi profesor e secretario da facultade de Dereito de Santiago de Compostela, e membro correspondente da Real Academia de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes de Córdoba. Escribiu Derecho civil: parte general.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cornanda (Brión). O seu cumio acada os 519 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1177? - Muret, Languedoc 1213) Rei de Aragón (1196-1213), fillo de Afonso II de Aragón e de Sancha de Castela. Ante a difusión da herexía cátara, asinou un tratado de non agresión e mutuo apoio con Xénova (1198), consolidou a paz interior e estableceu un pacto de amizade co emperador almohade (1200). En 1208 implicouse máis na política occitana a raíz da cruzada albixense, nun intento de mediación, que fracasou, e negouse a aceptar como vasalo a Simón de Montfort, que foi nomeado conde de Carcassone. Ante os ataques almohades a Castela, a petición do Rei Afonso VIII, formou parte do exército cristián que venceu na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Mentres, reprimida a ofensiva por parte de Simón de Montfort, acudiu a Tolosa en 1213 e Occitania quedou baixo a súa soberanía. A pesar da orde do papa de que abandonase os seus vasalos occitanos, uniuse cos condes de Foix, Tolosa e Comenge e sitiaron Muret. Simón de Montfort intentou en van unha negociación e en 1213...
-
PERSOEIRO
Xurista. Fundou o Círculo de Estudios Jurídicos (1969), foi presidente do Consello Xeral da Avogacía desde 1974 e presidente da Unión Iberoamericana de Colexios de Avogados (1976). Publicou La anónima actual y la sindicación de acciones (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Abeleda (Xunqueira de Ambía). O seu cumio acada os 803 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Castelo (Taboada). O seu cumio acada os 506 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
apegañoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aeroporto situado entre a zona alta da parroquia de Cabral (Vigo) e os concellos de Mos e Redondela e que dá servizo á provincia de Pontevedra, parte da provincia de Ourense e ao N de Portugal. Foi inaugurado o 25 de abril de 1954 e está clasificado como de terceira categoría e clase internacional. Ten voos a Madrid, Barcelona, Sevilla, València, Bilbao, Palma de Mallorca, Tenerife e París, que permiten unha conexión con outros aeroportos, tanto nacionais coma internacionais. En 2004 rexistrou un total de 911.975 pasaxeiros.
-
-
-
Parte do corpo humano que se estende desde o pescozo ata o ventre.
-
Zona externa desta parte do corpo.
-
Conxunto de órganos do sistema respiratorio que se encontran na cavidade torácica.
-
Mama de muller.
-
bico do peito
mamila.
-
óso do peito
esterno.
-
peito do pé
Parte superior do pé que corresponde ao metatarso.
-
-
Parte anterior do tórax dun cuadrúpede ou dunha ave, situada inmediatamente debaixo do pescozo.
-
Parte dunha peza de roupa que cobre o peito.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarandós (Abegondo). Ten planta en U, con muros de cantaría e cachotaría, e dúas alturas, aínda que nun lateral sobresae unha máis, coma se fose unha torre. Destaca o escudo de armas (s XVI), que a relaciona cos Figueroa e cos Reimóndez.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao tórax, ao peito ou á cintura escapular.
-
peitoral maior
Músculo par, amplo e triangular, situado na parte anterosuperior do tórax. É adutor do brazo e inspiratorio.
-
peitoral menor
Músculo situado baixo o peitoral maior, que se insire entre as primeiras costelas e a apófise coracoide. É depresor e adutor do músculo.
-
-
Aplícase ás preparacións farmacéuticas cunha acción medicamentosa que consiste en aumentar ou fluidificar a secreción bronquial e facilitar, polo tanto, a súa expulsión pola tose.
-
-
Cruz de ouro ou de prata, a miúdo con pedras preciosas encastadas, que os bispos e outros prelados levan colgada cun cordón ou cadea sobre o peito.
-
Peza de ourivaría ou de tea bordada, a miúdo gornecida con pedraría, utilizada na Antigüidade polos faraóns, polos grandes sacerdotes hebreos ou por outras xerarquías relixiosas.
-
Xoia de forma cuadrangular utilizada antigamente para suxeitar a capa sobre o peito.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muro ou varanda que se pon nas ventás, balcóns, pozos, pontes ou noutros lugares para poder achegarse sen perigo de caer ou como protección.
-
PERSOEIRO
Novelista finlandés. A súa obra reflicte os problemas do proletariado finlandés e denuncia a súa explotación. Destacan as novelas Tehtaan verjossa (Á sombra da fábrica, 1932), Ihmisten kevät (Homes en primavera, 1935) e Lapsuuteni (A miña nenez, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
esfolagatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pelgacho.
-
-
Relativo ou pertencente aos pelmatozoos.
-
Equinodermo fósil do subfilo dos pelmatozoos.
-
Subfilo dos equinodermos que comprende as formas fixas. Agás a clase dos crinoideos, todas as clases de pelmatozoos son fósiles da era primaria.
-