"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MONTES

    Monte situado no límite entre os concellos de Lugo e Friol. O seu cumio acada os 542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Reigosa e Saldanxe (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. Estudou na Escola Superior de Música de Cracovia, onde foi profesor desde 1964 e reitor desde 1972. As súas obras máis notables son Passio...secundum Lucam (1966) e as óperas Die Teufel von Loudun (Os demos de Loudun, 1968-1969), Intermezzo (1973), para 24 instrumentos de corda; Die schwarze maske (A máscara negra, 1984-1986) e Ubu Rex (1990-1991). Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de las Artes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada (Silleda). O seu cumio acada os 806 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Augas Santas (Allariz). O seu cumio acada os 662 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Hospital e Veiga de Forcas, ambas as dúas no concello de Pedrafita do Cebreiro. O seu cumio acada os 1.306 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Videferre (Oímbra). O seu cumio acada os 866 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Magazos (Viveiro). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Filgueira de Barranca (Cesuras) e Santa María de Lurdes (Curtis). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de peñorar.

    2. Garantía dun préstamo.

    3. Dereito real que se constitúe sobre unha cousa que se entrega ao acredor para obter o pagamento dun crédito, facultando a este a reter a cousa vencido o termo. Mentres na hipoteca a cousa hipotecada permanece en poder do debedor, no peñoramento a posesión da cousa peñorada pasa ao poder do acredor. O peñoramento aplícase ás cousas mobles. A débeda ten que ser real e pode proceder de calquera obrigación lícita e considérase indivisible en atención á cousa peñorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Negreira 6.3.1924 - Salamanca 15.12.2000) Filólogo. Catedrático de Filoloxía Románica e Galego-portuguesa nas universidades de Oviedo (1957-1962) e Salamanca (1963-2000), foi discípulo de Dámaso Alonso. Como investigador centrou gran parte da súa produción na edición e estudo dos textos de Martín Sarmiento: Colección de voces y frases gallegas (1970), Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1973), Viaje a Galicia (1745) (1975), La educación de la juventud (1984), Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables (1986), Elementos etimológicos según el método Euclides (1998) e Onomástico etimológico de la lengua gallega (1999), aínda que tamén editou e estudou a outros autores do s XVIII como Xoán Sobreira (Papeletas de un dicionario gallego, 1979)). Investigou varios aspectos do galego, tanto medieval coma moderno, sen esquecer outras linguas como o asturiano. Así, profundizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de pensar. Filosoficamente adóitase distinguir entre o pensar -actividade ou proceso de orde psíquica- e o pensamento -entidade ideal, atemporal e non psíquica-, segundo sexa psicolóxica ou lóxica a perspectiva que se tome. Entendido como aquilo con que se enfronta ao pensar, o pensamento é calquera ideal, aquilo que aparece no home e que é obxecto da fenomenoloxía e das teorías do obxecto ou ontoloxías rexionais (E. Husserl, A. Pfänder). Entendido, en cambio, como a actividade intelectual e psicolóxica, o pensar foi estudado en relación ao real e ao chamado coñecemento sensible. Desde o punto de vista da psicoloxía, o pensamento pode dividirse en asociativo (associative thinking) e en dirixido ou inmediato (directed thinking).

      2. Acción e efecto de pensar.

      3. Sentenza que recolle o carácter ideolóxico dunha doutrina ou dun principio moral.

      4. Conxunto de ideas propias dunha persoa, dunha escola ou dun movemento intelectual.

      5. Xeito de apreciar e valorar algo ou a alguén desde un punto de vista individual e segundo os propios valores.

    1. herba da trindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ferrol a partir do 1 de setembro de 1865. Cesou o 15 de marzo de 1866. Fundada e dirixida por Ventura Pueyo, subtitulouse “Revista quincenal de ciencias, literatura, industria, agricultura, comercio [...] con la cooperación de los principales hijos de Galicia notables en las ciencias y en las letras”. Na súa redacción participaron, ademais do propio director, Leandro de Saralegui e Bieito Vicetto. Dividiuse en tres partes, unha doutrinal, outra creativa, e unha terceira referida a novas e descubrimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 2 de xaneiro de 1887. Subtitulado “Diario católico-tradicionalista”, substituíu a El Libredón e defendeu a causa carlista. Dirixido por M. Jamardo e posteriormente por Xoán Vázquez e Carlos Adrán, a publicación foi substituída a partir do 2 de xaneiro de 1897 por El Pensamiento Gallego. En 1900 saíu co título de El Pensamiento de Galicia, como continuador dos dous anteriores. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns, apartado en que se incluíron as novelas A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre, de A. López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol tetrahidroxílico saturado. Emprégase na fabricación de resinas alquídicas e na síntese de produtos farmacéuticos, plastificantes, insecticidas, aceites secantes e explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado diamínico que se presenta en forma de pos cristalinos de cor branca e gusto amargo que se funden a 180°C. É un antiprotozoario que se emprega no tratamento da enfermidade do sono, producida por Tripanosoma rhodesiense e T. gambiense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pentastómidos.

    2. Metazoo do grupo dos pentastómidos.

    3. Grupo taxonómico de posición filoxenética incerta formado por animais metazoos tripoblásticos, celomados e protóstomos, con características intermedias entre os artrópodos e os anélidos. Inclúe especies parasitas das vías respiratorias de vertebrados carnívoros. O corpo, de 2 a 13 cm, é aplanado e anelado exteriormente, e divídese en tres rexións: a cefálica, curta, con cinco protuberancias, catro delas semellan patas con pinzas e uñas, e a quinta, en forma de morro, onde ten a boca; unha rexión xenital anelada que ocupa case todo o corpo; e unha rexión anal moi curta. Todo o corpo está cuberto dunha cutícula que muda periodicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pentatómidos.

    2. Insecto hemíptero da familia dos pentatómidos.

    3. Familia de insectos heterópteros, da orde dos hemípteros, formado por individuos de corpo fortemente esclerotizado e de cor variada segundo as especies. Aliméntanse chuchando o zume dos vexetais ou o sangue doutros insectos, polo que algunhas especies están consideradas pragas de certos cultivos. Teñen unha ampla distribución en todo o planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha escala ou sistema musical que ten cinco tons e ningún semitón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical en que a oitava só ten cinco tons.

    VER O DETALLE DO TERMO