"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Médico francés. Profesor na École de Santé e no Collège de France, foi un dos primeiros en poñer en práctica a concepción anatomoclínica da enfermidade, que fora introducida por Bichat. Clinicamente, débeselle a recuperación e o desenvolvemento do método da percusión. É autor do Essai sur les maladies et les lésions organiques du coeur et des gros vaisseaux (Ensaio sofre as enfermidades e as lesións orgánicas do corazón e dos vasos grosos, 1806) e dunha tradución francesa do Inventum Novum, de J. L. Auenbrugger, titulada Nouvelle méthode pour reconnaître les maladies internes de la poitrine (Novo método para recoñecer as enfermidades internas do tórax, 1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Abadín. Construída no s XVIII, consta dunha nave con cuberta de madeira a dúas augas e ábsida separada da nave por un lintel. Na fachada principal engadiuse unha espadana de época posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 480 m de altitude, no monte do Pedregal, da parroquia da Pena (concello de Negreira). O seu curso adopta unha dirección N-S coa que drena as parroquias de Aro, Liñaio, Arzón e Lueiro. Desemboca no lugar de Barbazán, entre as parroquias de Liñaio e Lueiro, 750 m augas abaixo do encoro Barrié de la Maza, logo dun percorrido duns 9 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xurista. Despois de seguir a carreira xudicial en España, exerceu como avogado en La Habana, onde dirixiu os xornais La Voz de Cuba e La Unión Constitucional. Escribiu Ensayos poéticos (1861), Hojas de Otoño e Derecho penal y popular, amais de diversas obras teatrais, como Las dos joyas de la casa, La cuerda tirante, Un baño a domicilio e Las fieras de su Alteza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Os seus primeiros poemas apareceron no xornal El Miño (1858); entre eles, “Horas de calma”, “A media noche” (recollido no Álbum de la Caridad, 1862) ou “Melancolía”. Publicou: El cancionero de Galicia (1861), Las víctimas de Carral (1862), La literatura desde el siglo XVII hasta fines del XVIII e Consideraciones sobre el teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construída en estilo románico no s XIII, modificouse en séculos posteriores. Trátase dun templo cunha soa nave con cuberta de madeira e cun coro alto que se substituíu por un de formigón no s XX. A ábsida cóbrese con bóveda de canón. O arco triunfal é de medio punto. Tanto no interior como no exterior o edificio caracterízase pola ausencia de vans. A espadana ten dous arcos de medio punto e un coroamento calado; o máis destacable é que está illada da igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cosmógrafo. Piloto pola Casa de Contratación de Sevilla, participou nas dúas primeiras viaxes de Colón ao continente americano e, ao seu regreso, separouse del e dedicouse á navegación polo Mar Cantábrico, do que confeccionou detalladas cartas. Viaxou de novo ás Indias (1499-1500) con Alonso de Ojeda e Amerigo Vespuci, e elaborou o seu Mapamundi ou Carta de Marear, que comprendía as partes coñecidas de Europa, África, Asia e, por vez primeira, a costa oriental americana. Realizou a súa sétima e derradeira travesía en 1509.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación que se efectúa empregando unha peneira. Un dos métodos máis utilizados en Galicia consiste en que unha persoa especializada, tras abrir unhas tesoiras e pendurar da súa punta unha peneira, pronuncie ditos do xeito de “co poder de Deus e das areas do mar/dime, peneiriña, que che hei preguntar” e, despois, a persoa preocupada polo futuro concentra o pensamento no que desexa saber. A peneira indica resposta afirmativa ao se decantar á dereita ou co simple movemento, mentres que a quietude ou o xiro á esquerda son sinal da negación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inverso do seno dun ángulo: cosecα=1/senα.

    2. Función cosec: O-{kπ, kÎM}→O definida pola asignación x-1/senx, onde sen é a función seno. É periódica de período 2π e non está acoutada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cosetanos.

    2. Individuo do pobo dos cosetanos.

    3. Pobo ibérico prerromano que habitou as rexións do Campo de Tarragona e o Alto e Baixo Campo. O seu nome parece provir do oppidum ou cidade de Cissa, tomada polos romanos no 218 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de Wolfgang Amadeus Mozart, con libreto de Lorenzo da Ponte, estreada no 1790 en Viena. É unha ópera bufa setecentista na que dous prometidos se someten respectivamente a proba, instigados por un vello escéptico. Destaca a súa perfección formal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Fundou o Colegio de México (1938), a editorial Fondo de Cultura Económica (1948) e as publicacións Revista de Historia Mexicana e Trimestre Económico. Dirixiu La Historia Moderna de México (1955-1972), obra en dez volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Florencia (1537-1574) e gran duque de Toscana (1569-1574). Fillo de Giovanni Medici, chamado dalle Bande Nere (das Bandas Negras), e membro dunha rama colateral dos Medici. Despois do asasinato do duque de Florencia Alexandre I (1537), foi nomeado xefe da República e gobernou contando coa axuda da asemblea, do consello e do senado. Fracasou no intento de apoderarse de Lucca e do Piombino, pero no 1555, despois dun longo asedio, ocupou e anexionou a República de Siena. Estableceu un eficaz aparato de goberno sobre Toscana, centralizou todos os servicios públicos no edificio dos Uffizi e emprendeu melloras agrarias e navais. Mantivo as súas alianzas co Emperador Carlos V e co seu fillo Filipe II, aínda que tamén mantivo boas relacións cos franceses e co papado, que recaía noutro Medici, Paulo III. Exerceu o mecenado sobre un notable conxunto de artistas, como Bertomeu Ammannati, Pontorno e Bronzino, e favoreceu os estudios ling|üísticos co establecemento da Academia de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1609-1621), fillo de Fernando I de Medici. Tentou manter o equilibrio entre España e Francia, colaborando nas negociacións entre ambos os dous países que culminaron nos matrimonios entre Filipe IV e Isabel de Francia (1616). A súa flota enfrontouse con éxito aos turcos no Mediterráneo e mantivo relacións comerciais co emir druso Fakhr ad-Din, co que conseguiu vantaxes comerciais no tráfico con Oriente. Continuou o labor dos seus devanceiros como mecenas de Matteo Nigetti e Pietro Tacca, e protexeu a Galileo. Abandonou definitivamente as actividades bancarias e comerciais dos Medici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1670-1723), fillo de Fernando II. O seu goberno caracterizouse pola vontade de manter a neutralidade nas guerras de Luís XIV e pola decadencia interna, debida á influencia da nobreza cortesá e do clero. Ao temer a extinción da liña masculina da dinastía, aboliu a bulla aurea para posibilitar a sucesión da súa filla Ana Luísa, aínda que a Cuádruple Alianza, formada por Francia, Inglaterra, Holanda e España, decidiu no Tratado de Londres (1718) que no caso de extinción da liña masculina, o Gran Ducado de Toscana, xunto con Parma e Piacenza, pasarían a mans do infante Carlos de Borbón (futuro Carlos III de Borbón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Xunto ao seu irmán Damián dedicábanse a sandar enfermos e facer curacións milagrosas, polo que son patróns da profesión médica e farmacéutica e dos hospitais. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanos, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc. Na iconografía visten roupa de médico (cun bonete ou un capuchón) e levan como atributos persoais algún instrumento da súa profesión. A súa festa é o 26 de setembro, inda que antano tamén se celebraba en Galicia o 22 de outubro. É titular de 25 parroquias (na parroquia de Cusanca, no Irixo, coa forma Cosmede) e tamén é patrón do concello de Barreiros, lugar onde o celebran o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro destacado da escola de Ferrara, traballou na decoración do palacio Schinaffoia, no que pintou unha representación alegórica dos meses do ano. Trasladouse a Boloña e realizou, entre outras obras, o retablo da capela Griffoni na igrexa de San Petronio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. A súa arte ten puntos de contacto co claroscuro de Caravaggio e Ribera. Acompañou a Rubens na súa viaxe a España. Pintou os cadros da beguinaxe de Malinas sobre a vida de Cristo e santa Teresa (1655), ademais de escenas de xénero (Os fumadores).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Licenciado en Xurisprudencia, foi profesor de dereito constitucional na Universidade de Sassari. En 1945 iniciou a súa andaina política na Democracia Cristiá (DC), da que foi deputado (1958-1963). Foi ministro de Administración Pública (1974-1976) e Interior (1976-1978). A partir de agosto de 1979 liderou un goberno de coalición formado pola DC, o Partido Socialdemocrático Italiano (PSDI) e o Partido Liberal Italiano (PLI). En 1980 encabezou un segundo goberno apoiado pola DC, o Partido Socialista Italiano (PSI) e o Partido Republicano Italiano (PRI). Exerceu tamén como presidente do Senado (1983-1985). Rematou a súa traxectoria política como presidente da República (1985-1992) e foi proclamado senador vitalicio. En 1998, logo dunha profunda crise na DC, fundou o partido centrista Unión Democrática para a República.
    En xaneiro de 2001 recibiu en Euskadi...

    VER O DETALLE DO TERMO