"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación política que agrupou a Democracia Galega, Coalición Galega, presidida por X. Posada, e Progresistas de Galicia, liderados por Manuel Soto, nas eleccións autonómicas do 2001. Presentou como candidato a Enrique Marfany, que tentou chegar a un electorado autonomista e de centro. Os resultados electorais convertéronos na quinta forza política.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1869 como resultado da fusión de dúas publicacións próximas, La Democracia e La República Federal. Subtitulouse “Periódico federal propagandista”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico trisemanal editado en Pontevedra en 1868 que substituíu a La Democracia de Pontevedra. Subtitulouse “Órgano republicano federal”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. Nos seus artigos analiza aspectos relacionados co proceso revolucionario da Gloriosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido en 1885 en Ferrol. Fundado e dirixido polo impresor Francisco Suárez García, quen foi encarcerado en diversas ocasións, constituíu o órgano de expresión dos membros do partido republicano. Cesou probablemente en 1896 debido á división interna dos republicanos despois da incorporación da ideoloxía socialista. Enfrontouse acotío a El Correo Gallego e La Monarquía, voceiros da clase media e conservadora, respectivamente.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia republicano-lerrouxista, aparecida en Caldas de Reis en 1903. De periodicidade decenal, subtitulouse “Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
SEMANARIOS
Semanario que apareceu en Lugo no ano 1913 e que probablemente tivo unha segunda época de edición en 1916.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar mediante a influencia dos demos.
-
-
Acción e efecto de denunciar.
-
Acto que require unha declaración de coñecemento mediante o que a persoa que presenciou a perpetración -feito que pode ser constitutivo dun delito ou falta- ou ten coñecemento dela, notifícallo á autoridade xudicial, á administración pública, ao ministerio fiscal ou á policía. Pode facerse de palabra ou por escrito. Constitúe unha obriga de carácter procesual polo que o seu incumprimento é sancionable. Este deber non lles afecta aos que non teñan uso de razón, nin tampouco ao cónxuxe do delincuente, aos ascendentes e descendentes cosanguíneos ou afíns, aos avogados e procuradores respecto ás explicacións vertidas polos seus clientes, nin aos eclesiásticos e ministros de culto respecto ás novas que lles revelen no exercicio das funcións do seu ministerio. Como requisitos formais só esixe a identificación e a ratificación do denunciante, que pode facerse persoalmente ou a través dun mandatario cun poder personalizado, de modo verbal ou escrito. Nunha denuncia o denunciante non é parte, a...
-
Delito que consiste na atribución a unha persoa duns feitos que, de ser certos, constituirían delito. Debe existir un coñecemento da falsidade da declaración. Tamén é denuncia falsa simular ser responsable ou víctima dunha infracción penal ou denunciar unha infracción inexistente, feito que provocaría actuacións procesuais. Para actuar contra o falso acusador terá que existir unha sentenza absolutoria dos feitos imputados.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter nacionalista, aparecida en 1965 en Venezuela e editada pola Unión do Pobo Galego (UPG). Contraria ao réxime franquista, subtitulouse “Órgano informativo e de ataque que, con eficacia e rapidez, desenmascare tódalas maniobras antigalegas e antipopulares do Réxime Franquista”. Editouse en Galicia ao ano seguinte co subtítulo de “Folla informativa da UPG (Unión do Pobo Galego)”. Incluía artigos sobre a concentración parcelaria, os accidentes laborais, os problemas no eido do campo e da pesca, a loita contra as grandes empresas, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode denunciar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen denuncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai unha denuncia ante un tribunal.
-
-
-
Declarar ou notificar algo á autoridade que corresponda.
-
Declarar que alguén cometeu un delito.
-
-
Dar a coñecer publicamente algo que é irregular ou abusivo.
-
Declarar unha parte firmante dun acordo a súa intención de non seguir formando parte do convenio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á denuncia.
-
-
Feito de depender.
-
Lugar, cuarto ou edificio que forma parte dunha construción maior.
-
Sección ou departamento que depende dunha organización superior.
-
Situación na que se atopa quen traballa por conta doutro e baixo a súa dirección.
-
Relación que mantén un ser vivo cos outros membros da biocenose e cos factores ambientais polos que está condicionado.
-
Territorio que depende da administración dun Estado ou doutra división administrativa. É un vestixio da época colonial que tivo a súa máxima expansión durante a segunda metade do s XIX. Estados como o Reino Unido, Francia, os Países Baixos e os EE UU manteñen aínda algunhas dependencias baixo a súa administración, que son na súa maioría arquipélagos de Oceanía, do Índico e das Antillas.
-
Relación sintagmática fundamental que se crea no discurso entre un elemento x e un elemento y se a elección ou manifestación de y está condicionada pola natureza de x (por exemplo, en galego a presenza da segunda forma do artigo coa preposición tras: tralo). L. Hjelmslev, introdutor deste concepto, consideraba que as diversas partes dun obxecto de análise existen só polas dependencias que as unen e son o único obxecto de descrición científica. Distinguía entre constelación (ou independencia), determinación (dependencia unilateral) e interdependencia (dependencia mutua).
-
-
ínculo relacional ou funcional entre dúas variables, conxuntos ou calquera outro obxecto matemático, de xeito que os valores duns están condicionados polos dos outros.
-
dependencia alxébrica
Relación xerárquica entre as estruturas numéricas. En O os números que non dependen alxebricamente de N, e que polo tanto son alxebricamente independentes, denomínanse números transcendentes; en consecuencia, os números transcendentes, como e ou π, non son raíces de ningún polinomio con coeficientes en N.
-
...
-
-
-
SEMANARIOS
Semanario deportivo aparecido en Vigo a partir de setembro de 1977. Dirixido por Bernardo M. Vázquez Xil, contaba coa colaboración de Antonio Bermúdez, Luis Fernández, Maloca, R. Louro e Ramón Pérez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Artes Gráficas Galicia. Ilustrado con fotografías de Ángel Llanos e Alver, entre outros, analizaba a traxectoria dos equipos galegos de fútbol nas diferentes categorías, realizaba reportaxes sobre adestradores, árbitros e xogadores, e publicaba táboas estatísticas dos equipos e dos máximos goleadores. As últimas páxinas dedicábaas a outras actividades deportivas como o baloncesto, a natación, o motocrós, a caza e a pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode depreciar.
-
-
Acción de depreciar ou depreciarse.
-
-
Diminución do valor dos elementos da actividade dunha empresa. Derívase dun aumento do poder adquisitivo da moeda reflectido na diminución dos prezos do mercado, dunha diminución ou cambio de orientación da demanda ou dun grande incremento da oferta.
-
depreciación monetaria
Perda do valor da moeda nacional como consecuencia dunha situación inflacionista de longa duración.
-
-
-
-
Rebaixar ou diminuír o valor ou o prezo de algo.
-
Perder valor ou prezo algunha cousa.
-