"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en Cateau-Cambrésis (actual Cateau Cambresis), Francia, o día 2 de abril de 1559 entre Francia e Inglaterra, e o día 3 entre Francia e a monarquía hispánica, que puxo fin ás guerras entre Francia e os Habsburgo. No tratado con Inglaterra, Francia recuperou a cidade de Calais e, pola paz con Filipe II, as prazas de Somme; ademais, conservou os bispados de Metz, Toul e Verdun, recoñeceu as posesións hispánicas en Italia e nos Países Baixos, e devolveu Córsega aos xenoveses e Savoia e o Piemonte ao duque de Savoia, agás algunhas prazas fortes máis alá dos Alpes. Lombardía quedou repartida entre os Savoia, os Farnesio e os Gonzaga. Por último, acordaron o matrimonio entre Filipe II e Isabel de Valois, filla de Enrique II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das catorce partes nas que se divide unha unidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multitude desordenada de xinetes ou de persoas a pé.
-
FILOSOFOS
Filósofo e matemático francés. Estudiou a teoría dos conxuntos e os problemas derivados da súa axiomatización; tamén se interesou pola xénese das teorías científicas. Participou na Resistencia e foi fusilado polos nazis. Entre as súas obras cómpre destacar Méthode axiomatique et formalisme (Método axiomático e formalismo, 1937) e Remarques sur la formation de la théorie abstraite des ensembles (Notas sobre a formación da teoría abstracta dos conxuntos, 1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gaiola onde os romanos gardaban aves ou outros animais.
-
Lugar do teatro e do circo romanos que estaba destinado aos espectadores, situado ao redor da orquestra, e xeralmente de forma semicircular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bailar’.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Precedesor de Samuel Beckett e do nouveau roman, a súa obra inicial inclúese na estética surrealista; posteriormente pasou a ser máis intimista e a basearse nas súas vivencias persoais. Como poeta publicou Le hollandais volant (O holandés voador, 1936), Poèmes de la nuit et du brouillard (Poemas da noite e da néboa, 1945) e Poésie-Journal (Poesía-Xornal, 1969-1980); no eido da narrativa é autor, entre outras obras, de Le froid du soleil (O frío do sol, 1963), Histoire de la mer (Historia do mar, 1973) e Histoire du ciel (Historia do ceo, 1979). Escribiu tamén numerosas novelas, guións de cine e curtametraxes. Dende 1973 é membro da Académie Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que se traballa con moito afán cando en realidade non se está facendo nada útil.
-
-
Condimentar e cociñar a comida nunha cazola.
-
Andar levantando as tapas e mirando o que hai nas cazolas.
-
Andar cambiando a comida dunhas cazolas para outras.
-
Entremeterse alguén en traballos domésticos que non realiza.
-
-
-
Última das tres comidas principais do día que se toma á noite. Na tradición oral recóllense ditos como: “En casa chea, logo se fai a cea. A quen lle has dar a cea, non lle chores a merenda. Ben mal cea o que cea por conta allea. Boa cea cea aquel que non cea. Con malas ceas e malos almorzos, encóllense as tripas e alónganse os pescozos. Con malas ceas e ruís xantares, crecen os ósos e minguan as carnes. Negra é a cea na casa allea, mais aínda é máis negra pra quen dá a cea. Soles e ceas teñen as covas cheas. Toda boa cea polo beber comeza”.
-
Acción de cear.
-
O que se toma para cear.
-
Representación iconográfica da Santa Cea.
-
Entre os membros da Igrexa Reformada, celebración da eucaristía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
arcea.
-
RIOS
Río da conca do Duero, afluente pola esquerda do Esla. Nace na cordilleira Cantábrica, flúe en dirección N-S e desemboca preto de Benavente, logo dun percorrido de 175 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do concello de San Cristovo de Cea durante os períodos de vixencia do municipalismo (1812-1814, 1820-1823 e dende 1834) ata 1910.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da vila de Cea, no concello homónimo, e da parroquia de Cea, en Vilagarcía de Arousa. Esta caste asentou a súa casa principal no concello de Nigrán e emparentou con ilustres familias como os Mariño, os Troncoso ou os Gondar. Estendeuse por toda a Península e fundou casas en León, Córdoba e Málaga. Unha rama pasou a Chile, Nuevo Reino de Granada e Perú. As súas armas levan escudo cortado: primeira partición, en campo de ouro, cunha banda de goles, acompañada no alto dun león rampante da mesma cor, e no baixo, de cinco flores de lis de azul, postas en aspa; segunda partición, en campo de sinople, cun brazo armado, de prata, movente do flanco sinistro, empuñando unha espada denuda, do mesmo metal, coa gornición de ouro, e adestrado dun cordeiro, de prata; en punta, ondas de azul e prata. Algúns usan, en campo de azul, tres flores de lis, de ouro, ben ordenadas, e debaixo delas, dúas estrelas de prata, formando unha aspa coas flores de lis; en punta, un cordeiro de prata, sobre...
-
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional nos xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. Redactor xefe de O Correo Galego, coordina a edición electrónica deste xornal na Internet. Publicou O Pindo: pedra e mar (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou na diocese de Ourense e realizou a cruz procesional da parroquia de Viana do Bolo (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou pazo de Nigrán Situado en Nigrán, foi construído a finais do s XVI por Xoán de Cea, aínda que a comezos do s XIX sufriu unha serie de transformacións da man de Bernardo de Cea Añel Romay. Trátase dun recinto amurallado cun portal de acceso no que se sitúan escudos de armas dos Cea e dos Gándara. O edificio principal ten forma de L cun patín de acceso na confluencia das dúas coxías. Conserva tamén unha capela brasonada. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1978.