"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Político paraguaio. Latinista, avogado de ideas liberais e deputado (1809), uniuse aos independentistas de Paraguay. Desprazou o resto de dirixentes ata proclamarse cónsul (1811-1816) e ditador vitalicio (1816-1840). Estableceu un réxime nacionalista que afirmou a independencia de Paraguay fronte a España, Brasil e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse en artes escénicas na Escola Superior da Música e Artes do Espectáculo do Instituto Politécnico de Porto. Cofundador de Teatro Bruto, traballou coas compañías Elsinor Teatro, Casahamlet, Galileo Teatro e Pífano Teatro. Ademais foi director da Aula de Teatro do Campus de Lugo (1998-2003), director da Aula de Teatro da Universidade da Coruña (a partir de 2003) e axudante de dirección xunto a Manuel Lourenzo na compañía UVE-GA. Participou nas series de televisión A familia Pita (1997), Pratos combinados (2000) e Fíos (2001). Escribiu Manuel Lourenzo. Vivir para o teatro (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e humorista gráfico. Coñecido como Gogue, foi o creador de personaxes como Floreano, Monchiña e Epifanio, que aparecen diariamente desde 1989 en Faro de Vigo. Deuse a coñecer internacionalmente con caricaturas de personaxes de Hollywood, políticos e deportistas. Colaborador de El Correo Gallego, Diario 16, Babel Magacin (Pennsylvania) e Earth Times (Nova York), pertence á NCN (National Caricaturist Network) e á AWN (Animation World Network). Publicou Personaxes vigueses (1981), Cen tolos da ría (1993) e Floreano (1994). Recibiu o primeiro premio (1999 e 2001) no Homer Davenport Cartoon Contest, en Oregon, e o primeiro premio no Winsenheimer Cartoon of the Week (2004), en Kansas City.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Chema Madoz, formouse en historia da arte na Universidad Complutense de Madrid e en fotografía no Centro de Enseñanza de la Imagen. Na súa obra desenvolveu o concepto de obxectos, unha constante nas súas imaxes. Expuxo parte dos seus traballos na Real Sociedad Fotográfica de Madrid (1985), na Sala Minerva do Círculo de Bellas Artes (1988), no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1991) e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1999). Publicou Chema Madoz (1985-1995) (1995) e Mixtos-Chema Madoz (1998). Recibiu o Premio Kodak (1991) e o Premio Nacional de Fotografía de España (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, marqués de Santa María. Foi auditor xeral do exército e fiscal do Consello Supremo de Guerra. Militou no liberalismo moderado, baixo a sombra de U. Montero Ríos. Foi senador pola provincia de Pontevedra en oito lexislaturas (1905-1907 e 1910-1923) e pola de Lugo (1907-1910). Colaborador do xornal El Español, publicou Manual Práctico de los Tribunales Militares.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Dirección de Empresas pola Escola de Negocios de Caixanova, foi correspondente da RAG e da TVG en Vigo. Colaborador en distintos medios impresos, foi redactor xefe de Ondas Galicia Radio (1985-1987), editor e presentador de Deportes Fin de semana e xefe de deportes da TVG (1993-1996). Foi director do Centro Territorial en Galicia de Televisión Española (1998-2004) e posteriormente xerente do Padroado de Turismo Rías Baixas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e empresario. Foi un dos impulsores de COREN en Ourense, presidente de Caixa Rural de Ourense e vicepresidente primeiro de Caixa Galicia. Dedicouse tamén a hostalaría e foi conselleiro delegado de Cervezas San Martín SA. Foi deputado provincial na Deputación Provincial de Ourense (1972-1979) e senador electo por Ourense en dúas lexislaturas pola UCD (1977-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Afiliouse ás Xuventudes Socialistas no ano 1979, chegando a ser secretario da organización en León. En 1986 acadou un escano no Congreso pola provincia de León, converténdose no deputado máis novo, escano que mantivo nas sucesivas eleccións a cortes xerais. Formou parte das comisións de Xustiza e Interior, Constitucional, do Defensor do Pobo e de Administracións Públicas, na que era portavoz do seu grupo. No V Congreso provincial do PSOE (1988) é elixido Secretario Xeral da Federación Socialista Leonesa. Reelixido en 1994 e 1997, neste último ano entrou como vogal na Executiva Federal, máximo órgano do PSOE. No ano 2000 decidiu presentarse candidato a secretario xeral deste partido, creando para iso unha nova corrente, centrista e liberal, chamada Nueva Vía, inspirada no laborismo británico de Tony Blair e a socialdemocracia alemana de Gergard Schröeder. Gañou o posto o 22 de xullo dese ano, por escasa marxe, grazas ao apoio dos socialistas cataláns. A súa elección conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador de baloncesto. Coñecido como Cholas, dirixiu diversos equipos de baloncesto nas ligas masculina e feminina, entre eles o Celta de Vigo que se proclamou campión de España na tempada 1998-1999. Adestrou a Selección Nacional feminina, coa que acadou dúas medallas de bronce no Eurobasket de Francia 2001 e no de Grecia 2003, ademais da medalla de ouro na Universiada. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e abandonou a selección en xaneiro de 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e militar. Director do Centro de Derecho Internacional Humanitario de Cruz Roja Española, foi conselleiro togado do Cuerpo Jurídico Militar, director da Revista Española de Derecho Militar, presidente do Tribunal Militar Central e director da Escuela Militar de Estudios Jurídicos. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, a Gran Cruz del Mérito Militar, a Cruz de Plata da Garda Civil e o Premio Tomás y Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista mexicano. Pertenceu ao círculo da Revolución Mexicana. Foi autodidacta e embaixador en Brasil (1937-1939) e Cuba (1939-1943). Tamén foi reitor da Universidad de Morelia (1944). Destacou como narrador coas obras Mi caballo, mi perro y mi rifle (1936) e La vida inútil de Pito Pérez (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador belga. De formación realista, cultivou, en estilo naturalista, temas simbolistas influído por Baudelaire. Traballou o óleo, o pastel e sobre todo, o gravado. Ademais das súas primeiras obras La Peine de Mort e La Médaille de Waterloo, ilustrou Les diaboliques (1884) de Barbey d’Aurevilly (1879), Le vice suprême de Péladan (1883) e La Grande Lyre de Mallarmé (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico bacteriólogo. Estudou medicina na Universitat de Barcelona, fundou a primeira cátedra de microbioloxía en Norteamérica e foi director da École de Laiterie de Saint Hyacinthe. En 1934 fundou o Instituto Rosell de Canadá e, en 1942, o Instituto Rosell de Lactología en España. Os seus estudos céntranse nas enfermidades dixestivas e da nutrición e foi pioneiro na investigación das bacterias lácticas e no desenvolvemento das súas aplicacións industriais. Colaborou en diversas revistas médicas e científicas e ten numerosas publicacións médicas e de cultura xeral, das que destacan Métodos analíticos de laboratorio lactológico y microbiología de las industrias lácteas (1952), en colaboración con Ignacio dos Santos, e Manual de análisis lactológico y fabricación de quesos y mantecas (1960), en colaboración con José Gómez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Expulsado de EE UU en 1944 cando se opuxo a colaborar na construción da bomba atómica, trasladouse a Reino Unido, naturalizándose británico (1946). Desde as Pugwash Conferences on Science and World Affaires, da que foi membro fundador en 1945 e que presidiu desde 1988, dedicouse a denunciar os perigos da enerxía nuclear. Escribiu numerosos libros sobre o tema e en 1995 recibiu o Premio Nobel da Paz, xunto coas Pugwash Conferences.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Exiliado de Alemaña ao chegar Hitler ao poder, a súa obra narrativa reflicte a fin do imperio austríaco. Destaca Radetzkymarsch (A marcha de Radetzky, 1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. En 1791 compuxo o himno coñecido posteriormente como La Marseillaise. Despois da Revolución Francesa compuxo outros himnos, romances para piano e corda, cancións e outras pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Capitaneou un movemento idealista de inspiración hegeliana no seu país. Afirmou que o obxecto das ideas non é externo á consciencia, senón que é a plenitude que interiormente perseguen e que as conduce cara a unha totalización. A consciencia absoluta, Deus, comprende todos os significados das consciencias finitas e os procesos temporais en que se realizan. Escribiu The Religious Aspect of Philosophy (1885), The World and the Individual (1889-1901) e The Philosophy of Loyalty (1908).
VER O DETALLE DO TERMO