"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • CAPITAIS

    Capital do land Baixa Austria, Austria, situada ao O de Viena (49.272 h [2001]). Posúe industrias de maquinaria, plásticos e papel. Mosteiro beneditino en 760, foi desde 1700-1780 un dos principais centros do barroco, estilo en que se construíu a catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na chaira do Vic (3.047 h [2001]). Destaca a cría de gando porcino. Posúe fábricas e talleres do sector téxtil e metalúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.927 h [2001]). É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole megalítica situada no concello do Incio, nunha chaira en que se localizaron un total de 24 mámoas, das que 11 presentan restos de estruturas megalíticas. O dolmen que se atopa nun mellor estado de conservación conta cunha cámara de 5,60 m de lonxitude e 2,80 m de diámetro, que está constituída por nove lousas chantadas pero carece de cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (19.782 h [2001]). O regadío está ocupado por cítricos e hortalizas. Destaca tamén a actividade pesqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. Emigrou a La Habana onde comezou a súa actividade empresarial que continuou en Nova York, onde casou con Irene Ceballos Sánchez (1877). Xunto con X. García Barbón, fundou a Sociedad de Beneficencia de Naturais de Galiza (1871), que se constituíu como a primeira sociedade de emigrantes galegos do mundo. Defensor da promoción da cultura e da arte, achegouse aos círculos liberais. Deixou toda a súa fortuna á cidade de Vigo, establecendo no seu testamento a doazón dun terreo para a construción do que foi o primeiro instituto de ensino gratuíto, -o Santa Irene-, en honor á súa muller, así como un hospital de caridade nas aforas da cidade. Tamén cedeu unha importante colección de arte dos ss XVII e XVIII, que se preserva no Museo Quiñones de León de Vigo. Aínda que faleceu en París, os seus restos foron trasladados a Vigo en 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Ucraína, situada na república autónoma de Crimea (350.798 h [1999]). Localizada nas beiras dunha baía do Mar Negro que a divide en dúas partes (N e S), é un porto no que destaca a industria pesqueira e conserveira. Situada preto da colonia grega do Quersoneso, foi ocupada por romanos e bizantinos. Entre 1783 e 1784 os rusos construíron unha base naval e a fortaleza. Durante a Segunda Guerra Mundial foi asediada e ocupada polos alemáns e liberada polas tropas soviéticas (1944). Ao se disolver a URSS (1991), a base naval foi motivo de disputa entre Ucraína e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e poeta senegalés. Foi un dos creadores do concepto de negritude. Presidente de Senegal (1959 e 1980), escribiu obras de carácter romántico e traduciu poemas tradicionais do seu país, destacan Chants d’ombre (1945), Hosties noires (1948), Chants pour Naëtt (1949), Ethiopiques (1956) e Nocturnes (1961). En 1984 converteuse no primeiro africano que ingresou na Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1506-1548), fillo menor de Casimiro IV de Polonia e sucesor do seu irmán Alexandre I de Polonia. Afrontou as acometidas dos rusos e dos tártaros polo L; as dos turcos, que pretendían Moldavia, polo S; e polo O, as do Sacro Imperio Romano-Xermánico, que finalizaron en 1515 cun dobre matrimonio, que lles asegurou aos Austrias a sucesión de Hungría e Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572), fillo e sucesor de Sexismundo I de Polonia. En 1561, ante os ataques moscovitas, os cabaleiros da orde dos Portaespadas cedéronlle Livonia e a soberanía nominal de Curlandia, rexións desexadas polos rusos e suecos. En 1569 Lituania e Polonia, ata o momento unidas por un soberano común, fundíronse nun só estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1587-1632) e de Suecia (Sexismundo I, 1592-1604), fillo de Xoán III de Suecia e Catarina Jagellón. A asemblea polonesa elixiuno rei en 1587 e, á morte do seu pai (1592), foi proclamado rei de Suecia. Gañador da Contrarreforma, intentou someter á Santa Sé os ortodoxos lituanos e poloneses e favoreceu os católicos suecos. Isto e a subordinación dos intereses de Suecia aos de Polonia descontentou á maioría dos suecos, que o desposuíron e esixiron o trono para o seu tío, Carlos IX de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lyon 430? - Clermont-Ferrand, Auvernia 488?) Bispo e escritor galorromano. Os seus escritos, 24 poemas en hexámetros, dísticos elexíacos e hendecasílabos, e 147 cartas, son a única fonte para a historia do período en que viviu. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Autónoma de Crimea, situada en Ucraína (337.118 h [1999]). Ten industria alimentaria e téxtil, unida por ferrocarril con Sebastopol. Xurdiu, no lugar da antiga Neápolis, durante a dominación dos tártaros, como residencia dos khans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno en que o pole está agrupado en tétradas, polinios ou polinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en 1905 no seo da Federación Local Obrera da Coruña, coa finalidade de organizar ao personal sanitario e de servizo embarcado nos transatlánticos estranxeiros que ían a América. Integrado na CNT desde 1911, funcionou ata a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical creada en Pontevedra en 1925. Fundada, entre outros, por Antón Losada Diéguez, Afonso R. Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle ou Vicente Barreiro, para impulsar as actividades musicais na cidade. Losada Diéguez foi o seu primeiro presidente, cargo que tamén ocupou Castelao quen, ademais, foi o encargado de realizar diversas escenografías para as actuacións da coral. O seu repertorio inclúe polifonía sacra e profana, así como temas populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar do anfiteatro romano ao que se levaban os gladiadores mortos e onde os despoxaban de todo o que levaban.

    2. Estancia das termas romanas que servía para que os bañistas se espisen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo polaco. Destacan as escolmas poéticas Dzien duszy (O día da alma, 1903), Ptakom niebieskim (Aos paxaros do ceo, 1905), Teçzalez i krwi (O arco iris de lágrimas e sangue, 1918) e Wiklina (O vimbio, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO