"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de percusión de láminas de aceiro, análogo ao xilófono, que se percute con diversos materiais. Un pedal expresivo regula a intensidade do son. A súa extensión é de tres oitavas, de fa2 ao fa5. Creouse na década de 1930 no ámbito do jazz e da música lixeira e posteriormente foi incorporado á orquestra sinfónica.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral (1973) e comandante en xefe do exército (1975), en 1976 dirixiu un golpe de estado que derrocou a María Estela Martínez de Perón e asumiu a presidencia do país. Instaurou unha ditadura. ; As actividades represoras e as tensións entre os diversos grupos das forzas armadas provocou que fose afastado do cargo (1981), e condenado pola Corte Suprema de Justicia (1986) á inhabilitación perpetua e a destitución do grao militar. Foi indultado en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sistema de telecomunicación en que a información se transmite xeralmente en forma de datos numéricos e se recibe en forma de texto gráfico sobre unha pantalla ou monitor.
-
videotexto.
-
-
GALICIA
Escritor. Traballou no servizo de normalización lingüística da universidade compostelá e como asesor lingüístico da TVG. Colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998) e escribiu os relatos “Realmente Inês...” (1990) ou “A busca ou a burla” (Premio Curuxa de Humor Literario, 1991). Publicou Liques da memoria (1993, Premio de Poesía Fermín Bouza Brey 1992), O devalo do mar (1994), A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997, Premio Cómaros Verdes) e Días de Sherezade (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ocabulario que pretende ser unha base sólida para o establecemento de parte do léxico estándar galego. Por este motivo non se recolle moito léxico dialectal nin moito léxico das linguas de especialidade. É unha obra que serve de orientación para o uso correcto da lingua galega e un instrumento útil para a súa normalización. Coa finalidade de crear un vocabulario que servise de referencia para a ortografía estándar, en 1987 Antón Santamarina e Manuel González comezaron a traballar, xunto cun grupo de colaboradores, na súa elaboración. Tras varios anos de traballo ininterrompido, en 1989 tirouse unha versión provisional non venal, co obxectivo de mellorar e rectificar o que fose mester; despois de catorce anos de exposición pública, de estudo e revisión das propostas recollidas no VOLGa, publicouse en 2004.
-
PERSOEIRO
Escritora, nai de Mary Shelley. Relacionada co círculo de radicais do editor Johnson, defendeu os dereitos das mulleres nos ensaios Thoughts on the Education of Daughters (1787) e A Vindication of the Rights of Woman (1792) e na novela Mary (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ciencia que trata de analizar e explicar a localización e a distribución no espazo dos diferentes elementos da superficie terrestre e a súa evolución. O seu obxectivo é a análise do resultado das relacións entre dúas estruturas diversas: a física e a humana, ambas as dúas obxecto de estudo doutras ciencias que analizan aspectos parciais. Os estudos sobre a forma da Terra e a súa posición respecto aos astros foron iniciados polos caldeos, chineses e aztecas, entre outros pobos. Estes coñecementos formaron parte da xeografía pero acabaron desenvolvendo unha ciencia propia, a astronomía. Os gregos aplicaron un gran rigor nos estudos astronómicos e, a súa expansión polo Mediterráneo, levonouno a unha sistematización das observacións de navegantes e viaxeiros. Apareceu entón a corografía e paralelamente, comezou o desenvolvemento da cartografía. As achegas máis importantes na elaboración de itinerarios e descricións foron as de Estrabón e C. Ptolomeo, cuxa concepción, aínda que moi deformada,...
-
xeografía biolóxica
bioxeografía.
-
xeografía económica
Rama da xeografía que estuda o home como produtor e os resultados das súas actividades.
-
xeografía física
Rama da xeografía que estuda todos os elementos naturais inanimados que constitúen a superficie terrestre, coa finalidade de analizar e comprender o medio onde vive o home e as actividades que este realiza. A diversidade dos elementos de estudo obriga a subdividila en diversas ramas como a climatoloxía e a xeomorfoloxía, que tamén se relaciona coa xeoloxía, incluíndo a paleoxeografía, a hidroloxía e a ocenografía.
-
xeografía humana
Rama da xeografía que estuda todo o que está en relación co home e as súas actividades. Segundo os enfoques no estudo do home pode dividirse en: xeografía social, económica e do establecemento humano.
-
xeografía rexional
Rama da xeografía que estuda todos os elementos xeográficos que aparecen nun sector concreto da superficie terrestre ou unha parte destes elementos, para poñer de manifesto as interrelacións que se producen.
-
xeografía social
Rama da xeografía que estuda o home e os grupos humanos en si mesmos, considerando a existencia e os efectos da evolución e da organización.
-
xeografía xeral
Rama da xeografía que estuda un elemento xeográfico ou un conxunto de elementos xeográficos en toda a superficie terrestre para establecer unha tipoloxía determinada.
-
-
Conxunto dos accidentes e características físicas dun territorio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á xeografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en xeografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir textos ou imaxes por xerografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Relativo ou pertencente á xerografía.
-
Que se obtivo por xerografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de diagnose que consiste na obtención de imaxes radiográficas en seco, gravando nas placas recubertas cunha capa moi fina dun semicondutor. Emprégase especialmente na detección de patoloxías nos tecidos brandos, como por exemplo a xeromamografía, para a diagnose dos tumores de mama. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Arte de gravar a madeira. A técnica consiste en rebaixar e tallar con gubias e burís as partes da superficie dunha prancha de madeira que teñen que quedar brancas na estampa, deixando en relevo a superficie lisa para ser tintada e estampada sobre o papel. Orixinouse en Oriente, a raíz do descubrimento do papel en China. As primeiras xilografías europeas (s XIV), gravadas a fío e empregadas para xogos de naipes ou estampas relixiosas, foron os precedentes dos tipos móbiles (tipografía).
-
Lámina obtida por estampación dun gravado de madeira. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á xilografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, que se caracteriza por presentar o pescozo extraordinariamente longo ao igual que as patas dianteiras, que son máis longas que as traseiras. Teñen cornos pequenos recubertos pola pel e unha pequena protuberancia no medio da fronte. O pelame é amarelo con manchas grandes e irregulares de cor escura, salvo no pescozo e nas patas, onde son máis pequenas. É o mamífero máis alto de todas as especies de animais, e os machos son de maior tamaño que as femias, xa que poden medir entre os 4,8 e os 6 m e pesar máis de 1.000 kg. É herbívoro e aliméntase principalmente de follas e brotes de acacia. Vive en pequenos grupos na sabana africana.
-
Persoa moi alta e desproporcionada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal que se sitúa entre a de Dragón, Osa Maior, Lince, Cocheiro, Perseo, Casiopea e Osa Menor. A estrela principal é α-Camelopardalis de magnitude aparente 4,38 e situada a unha distancia de 3.300 anos luz.
-
-
Relativo ou pertencente aos xiráfidos.
-
Mamífero da familia dos xiráfidos.
-
Familia de mamíferos artilodáctilos, da suborde dos ruminantes, co pescozo moi longo e unha altura da cruz maior que a do lombo, con dous dedos nas patas e cun número variable de cornos pequenos e recubertos de pel. A esta familia pertencen a xirafa e o ocapi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que di moitas blasfemias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que ten por obxecto a descrición dos animais.