"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Relativo ou pertencente aos órganos xenitais e urinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Aurillac. Fundou o mosteiro beneditino de Aurillac na beira do Camiño de Santiago e axudou a estender o seu culto por Francia. Represéntase coa coroa condal, coa espada e unha igrexa por ser fundador. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dereito ou ás leis ou que se axusta a eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intérprete do dereito civil, no dereito romano.

    2. xurista.

    3. Persoa coñecedora do dereito, aínda que non exerza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autoridade, poder, potestade ou dominio que se exerce sobre outro.

      2. Poder de fixar o dereito que posuían os maxistrados, os pretores e os edís.

      3. Potestade ou facultade que ten un estado ou unha autoridade para aplicar as leis, a través dos órganos legalmente constituídos para iso, mediante a administración de xustiza.

      4. Conxunto de atribucións de carácter xudicial que lle corresponden a un órgano nun territorio determinado.

      5. xurisdición ca­nó­nica/ecle­siás­tica /

        Conxunto de facultades empregadas para o goberno da Igrexa e dos seus fieis, cuxa autoridade corresponde, como máximo representante de san Pedro na terra, ao Papa.

      6. xurisdición contenciosa

        Potestade que un xuíz exerce nun proceso xudicial sobre as pretensións ou dereitos das partes litigantes.

      7. xurisdición contencioso-administrativa

        Autoridade que se manifesta a través dos recursos contra as decisións definitivas da Administración.

      8. xurisdición voluntaria

        Axuda que un xuíz presta a unha operación xurídica feita entre particulares e que non ten por ela mesma efecto de ningún tipo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia do dereito.

    2. Conxunto de leis sobre unha materia.

      1. Interpretación da lei feita polos xuíces en casos particulares.

      2. Normas de xuízo que suplen as omisións ou lagoas da lei e que se fundamentan nas prácticas seguidas en casos iguais ou análogos.

      3. Conxunto de sentenzas que determinan un criterio sobre unha cuestión xurídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estuda ou profesa a ciencia do dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Reagrupamento Democrático de África (RDA), foi o primeiro presidente do país. Prohibiu gradualmente os partidos políticos ata que só quedou o RDA. Foi derrocado por un golpe de estado liderado por S. Lamizana, xefe do estado maior do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco lamelibranquio de aspecto similar á vieira, cunha cuncha de ata 6 cm de lonxitude, e coas dúas valvas convexas pero non iguais exactamente. Ten dúas prolongacións ao lado da charneira e orellas de tamaño moi desigual. É de cor variable, entre pardo amarelada e arrubiada purpúrea. Vive libre ou fixa ao substrato polo biso. Habita na zona infralitoral, a 80 m de profundidade aproximadamente. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. A talla mínima para o consumo e comercialización é de 40 mm. En Galicia os bancos que existen desta especie non son tan abondosos como os de vieira, polo que se están a estudar técnicas en acuicultura para promover a súa produción, tanto para o consumo humano como para a repoboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón homónimo, Suíza, situada a ambos os dous lados dos ríos Limmat e Sihl, na desembocadura do lago de Zúric (337.900 h [2001]). Está flanqueada polo Uetliberg (803 m), ao SO, e polo Zürichberg (678 m), ao NL. É o principal núcleo industrial e o principal centro comercial e financeiro de Suíza. Habitada polos celtas helvecios, foi conquistada por Roma (Turicum). En 496 pasou a poder dos francos e en 843 ao imperio xermánico. En 1336 a burguesía gremial estableceu un ordenamento constitucional (Erster Geschoworener Brief), vixente ata finais de 1798 coa ocupación francesa. Ameazada polos Habsburgo, integrouse na Confederación Helvética en 1351. Reformada por Zwingli (1516), loitou contra os cantóns católicos nas Guerras de Relixión. A industria téxtil, introducida no s XVI, tivo unha grande expansión durante os ss XVII e XVIII. A catedral, Grossmünster, é a igrexa románica (s XI-XIII) máis grande de Suíza. Construída no s XI, unha boa parte do edificio actual é do s XIII. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do N de Suíza (1.729 km 2; 1.252.800 h [2000]). A capital é Zúric. Comprende unha parte do Mittelland nororiental e esténdese desde o lago de Zúric, que inclúe a maior parte del, ata a fronteira alemá. A poboación é de lingua alemá, a maioría de confesión protestante. Destacan as industrias mecánicas, téxtiles, químicas e alimentarias. O predominio da cidade sobre o resto do cantón mantívose ata despois da revolución de xullo de 1830, cando a nova constitución cantonal estableceu a igualdade entre a cidade e o cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago suízo situado entre os cantóns de Sankt Gallen, Schwyz e Zúric. Ten 40 km de longo, de 1 a 4 km de ancho e 143 m de profundidade máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 10 de novembro de 1859 entre Austria e Francia-Sardeña, que ratificaba os acordos preliminares de Villafranca di Verona (12 de xullo) e reunificaba a Lombardia (cedida por Austria a Sardeña) e o Piemonte, para preparar así a unión territorial de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘peseta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘peso (cinco pesetas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘bolsa (dos cartos)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘rico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zúric ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zúric.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘peseta’.

    VER O DETALLE DO TERMO