"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

    1. Excrecencia carnosa eréctil que posúen na cabeza algúns animais.

    2. Apéndice carnoso que teñen algúns animais, especialmente a cabra e o galo, na parte anterior do pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mergullar ou mergullarse.

    2. Especialidade deportiva de submarinismo que consiste en somerxerse na auga ata a máxima profundidade posible sen axuda de escafandro nin de equipo de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se crían os mexillóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mexillón.

    2. Persoa que pesca, cultiva ou vende mexillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Molusco lamelibranquio do xénero Mytilus, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridiscente no interior. Forma colonias de gran densidade sobre as rochas da zona intermareal, ás que están adheridas por medio da glándula do biso. Moi apreciado en gastronomía, o seu cultivo (mitilicultura) existe desde tempos moi antigos. A súa distribución é moi ampla, xa que crece en augas temperadas e tropicais. Na costa atlántica, atópanse as especies M. edulis e M. galloprovincialis, esta última moi común en Galicia.

      2. mexillón atlántico [Mytilus edulis, Fam dos mitílidos]

        Molusco de ata 10 cm de lonxitude, de valvas iguais de cor entre parda e negra azulada, con bordo liso. É moi semellante ao mexillón rubio, e habita sobre substrato duro nas zonas de esteiro e do mesolitoral e do infralitoral, onde forma colonias. Distribúese polo Atlántico desde o canal da Mancha ata o mar do Norte. Tamén é comestible, e cultívase en países como Francia e Países Baixos. En Galicia, tamén está presente, pero en menor medida que o M. galloprovincialis.

      3. mexillón rubio [Mytilus galloprovincialis, Fam dos mitílidos]

        Molusco de ata 10 cm de lonxitude, formado por unha cuncha de dúas valvas iguais, de contorno triangular, de cor negra azulada e con estrías de crecemento concéntricas; no interior está o corpo, mol, envolto polo manto, de cor crema alaranxada. Ten un pé musculoso, e de entre as valvas sobresaen uns filamentos segregados pola glándula do biso para poder fixarse aos substratos duros. Vive, en estado natural, na franxa infralitoral rochosa, forma colonias moi numerosas, e aliméntase por filtración de materia orgánica particulada e de plancto, e pode chegar a filtrar ata 8 litros de auga por hora. Trátase dun animal de crecemento rápido, que é máximo entre os meses de xuño e agosto, e mínimo entre xaneiro e febreiro. Entre os principais inimigos do mexillón están as estrelas de mar e algúns crustáceos. O seu ciclo reprodutor dura 7 meses, son unisexuais, existen machos e femias, e a fecundación ten lugar no mar. Tras a liberación dos gametos e, tras o nacemento da larva, ao cabo de dúas semanas...

    1. Molusco lamelibranquio de auga doce e 4 cm de lonxitude, e que non é comestible. Na Península Ibérica considérase unha especie invasora especialmente perigosa, procedente dos mares Negro e Caspio, e que comezou a invasión debido ao transporte marítimo de mercadorías. Aliméntase de fitoplancto, polo que compite polo alimento con outras especies, e produce así alteracións nos ecosistemas.

    2. madreperla de río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Visma (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. migalla.

    2. Bolo que se daba como óbolo ou esmola o día de defuntos.

    3. Agasallo de castañas e doces que, en certas comarcas, se fai o día de Todos os Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor xornalístico no diario Madrid e posteriormente exerceu como correspondente dos xornais Ya e La Vanguardia en Rabat, Lisboa e diversos países de América Latina. Xefe da sección internacional de El País, colaborou con diversas revistas, como Cuadernos para el Diálogo, Revista de Occidente e Papeles de Son Armadans. Publicou Galicia: éxodo y desarrollo (1967), Galicia: de la estética al subdesarrollo (1970), El pensamiento filosófico de Julián Besteiro (1971), La Comuna de París: ensayo sobre un mito histórico (1971), El Atlántico Sur: un estudo político-estratégico (1984), con Antonio Sánchez-Gijón; Europa y el Mediterráneo, perspectivas de la Conferencia de Barcelona (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Os experimentos que realizou na Universidade de Chicago, desde 1953, permitiron demostrar que unha determinada excitación eléctrica dunha masa gasosa, semellante á posible atmosfera primixenia da Terra, provoca a síntese dos aminoácidos que constitúen a parte fundamental da materia viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista británico. Fixo estudos importantes sobre cristalografía e introduciu o uso dos símbolos cristalográficos, ideados por W. Wavell, que desenvolveu e adaptou, e que se coñecen co nome de índices de Miller. Da súa produción destacan Treatise on Cristallography (1839), An Elementary Introdution to Mineralogy (1852) e A Tract on Cristallography (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, monoica, de entre 1 e 4 m de altura. Ten raíces fasciculadas, talo cilíndrico, e follas anchas e lanceoladas de ata 12 cm. As flores están dispostas en inflorescencias situadas, tanto as masculinas como as femininas, no mesmo pé. As masculinas son as primeiras en desenvolverse e están dispostas en acios de espigas, de cor amarelado; e as femininas agrúpanse en espigas biflorais que se ordenan nun certo número de ringleiras sobre un eixe. O froito é cariópside, de forma, cor e tamaño diverso, segundo as variedades de millo, e disponse en fileiras ao longo dun eixe, formando a mazaroca. É unha planta orixinaria de América Central, probablemente do S de México; a súa orixe podería estar nun antecesor descoñecido con dous pares de cromosomas que, ao hibridarse con algunha planta do xénero Tripsacum, daría lugar ao xénero Euchlaena, o máis semellante ao millo actual. Ao hibridarse novamente co suposto antepasado daría lugar ás variedades máis recentes...

    2. millo amarelo/graúdo

      Millo que ten o gran grande e de cor amarela.

    3. millo apicharado/pego

      Millo co gran de varias cores.

    4. millo barbeito

      Primeiro millo que se sementa.

    5. millo branco

      Millo que ten os grans brancos e a mazaroca grosa.

    6. millo centeeiro

      Millo que se bota na terra onde se recolleu o centeo.

    7. millo colorado

      Millo de grans vermellos. OBS: Tamén se denomina millo conde, millo rei, millo reino ou millo rubio.

    8. millo das restrollas/restebado

      Millo que se sementa despois de recoller o trigo.

    9. millo de cedo/temperán/tremesiño

      Millo que madura axiña.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na serra da Queixa que serve de límite ás parroquias de Forcadas (Chandrexa de Queixa) e Cernado (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.652 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Desde 1869 foi director do Theater an der Wien, en Viena. É célebre polas súas operetas Der Bettelstudent (1882) e Der arme Jonathan (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mil veces mil.

    2. Número indeterminado e moi elevado dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade moi elevada dalgunha cousa, especialmente de cartos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un ou varios millóns.

    2. Persoa que ten unha fortuna de moitos millóns.

    VER O DETALLE DO TERMO