"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • ou Derradeira Cea Xuntanza que, segundo os Evanxeos, realizou Xesús cos seus doce apóstolos para celebrar a Pascua, tal e como preceptuaba a Lei de Moisés, e na que se instituíu a eucaristía. Despois de cear e cantar os salmos de celebración da Pascua, saíron cara ao monte de Xetsemaní onde prenderon a Xesús. A Santa Cea foi un tema moi representado na iconografía cristiá, dende a que pasou a toda a arte occidental. Hai mostras xa na arte paleocristiá e nos mosaicos bizantinos de San Apolinar il Nuovo en Ravenna (s VI). A composición máis habitual é a de dispoñer os apóstolos, con Xesús no centro, ao redor dunha longa mesa e de cara ao espectador. No románico introduciuse a figura de Xudas e o anuncio da traizón; desta época destacan a representación pictórica de san Isidoro de León, os capiteis da catedral de Pamplona e da igrexa de San Juan de la Peña. O gótico representouna dun xeito máis detallista e realista, como no retablo da catedral de Toledo. Durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indo cara a atrás de costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de 1 cear.

    2. Que xa tomou a cea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex e de Kent (685-688) despois de destituír o Rei Centwine. Durante o seu reinado mantivo Sussex e Surrey, recuperou a illa de Wight e South Hampshire, e invadiu Kent. Fundou mosteiros e foi bautizado polo Papa Serxio I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Cultivou o debuxo e a pintura no taller de Juan Espinal en Sevilla e despois con Rafael Mengs en Madrid. Animado por Jovellanos, dedicouse á investigación. Publicou Dicionario de los más ilustres profesores de bellas artes en España (1800), Noticias de los arquitectos y la arquitectura en España (1829) e un gran número de estudios e monografías. Foi membro da Real Academia de Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Academia San Luis de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Militar. Comandante en xefe do rexemento de Infantería destinado no cuartel de San Francisco en Ourense, asumiu o mando durante a sublevación militar de 1936 nesta cidade. Dez días despois, marchou coas súas tropas á fronte de Asturias onde o feriron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar algún tipo de alimento como cea.

    2. Tomar a cea. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen has dar de cear, déixao merendar. Cea pouco e come máis; durme en alto e vivirás. O que cea e vaise deitar, mala noite quer pasar”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir cara a atrás.

      1. Remar cara a atrás, especialmente ao facer a ceavoga.

      2. Nas embarcacións de propulsión mecánica, facer xirar as hélices en sentido oposto ao de avance.

    2. Facer que algo vaia para atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, localizado entre o Océano Atlántico e Serra Grande, drenado polos ríos Jaguaribe e Curu (146.348 km2 ; 6.809.290 h [1996]). A súa capital é Fortaleza (1.965.513 h [1996]). Forma parte da rexión semiárida do NO. Os cultivos principais son o algodón, o trigo, a cana de azucre, o plátano, o arroz, a mandioca e as patacas doces. Foi colonizada polos portugueses a comezos do s XVII e gobernada polos holandeses entre 1637 e 1654. Pertenceu á capitanía de Pernambuco desde 1680 ata 1799, ano no que se independizou. Ao ser proclamada a República brasileira (1889) converteuse en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterodáctilos do Cretáceo, de ata 4 m de envergadura, dotados de mandíbulas estreitas e moi longas, e con dentes grandes e cónicos entrelazados. Os xacementos máis importantes están en Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Foi crítico dramático dos xornais Le Siècle, L’Evénement e Le Matin. De tendencia naturalista, publicou, entre outras obras, La saignée (A sangría), Les soirées de Médan (Na recolleita), e Terrains à vendre au bord de la mer (Terreos para vender á beira do mar, 1906). Para o teatro escribiu Les résignés (Os resignados, 1889) e Tout pour l’ honneur (Todo para o honor, 1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado da provincia de Leinster, Irlanda, ao SL da illa (896 km2; 40.616 h [1996]). A súa capital é Ceatharlach, na beira do río Barrow (11.502 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Militante da xuventude comunista desde 1936, emigrou á URSS durante a Segunda Guerra Mundial. Deputado en Romanía a partir de 1946, dous anos despois accedeu ao Comité Central do Partido Comunista. Chegou ao Politburó no 1955 e substituíu a Gheorghiu-Dej como primeiro secretario do PC romanés en 1965. Converteuse en presidente do Consello do Estado en 1967 e permaneceu no cargo ata o 1974, cando unha reforma constitucional lle permitiu autoproclamarse presidente da República. Gobernou apoiado pola Securitate, a policía política, e situou a diversos membros da súa familia en postos estratéxicos, co que construíu un réxime personalista e corrupto. As crises do petróleo tiveron especial incidencia no país pola política de proxectos megalómanos unida aos intentos de limitar a débeda externa do país e aumentar a taxa de natalidade. No exterior seguiu unha vía de aparente independencia política da URSS, co que acadou o respecto das potencias occidentais pero sen enfrontarse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (? - 593) Rei dos saxóns occidentais ou de Wessex (560-592), fillo e sucesor de Cynric. Venceu os bretóns (556 e 571-577), aos que expulsou de Cornualla e Devon. No 591 o Rei Ceol conquistou as súas terras e derrotouno en Woddesbeorg. No 592 exiliouse e morreu asasinado ao ano seguinte.

    2. Manobra que se fai cando os remeiros dun lado cean e os do outro reman.

    3. Poñer a proa en dirección oposta á que tiña antes de comezar a manobra. Nos vapores realízase co temón e dándolle á máquina avante e atrás ou tamén axudándose coa áncora fondeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manobra que se fai cando os remeiros dun lado cean e os do outro reman.

    2. Poñer a proa en dirección oposta á que tiña antes de comezar a manobra. Nos vapores realízase co temón e dándolle á máquina avante e atrás ou tamén axudándose coa áncora fondeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 593) Rei dos saxóns occidentais ou de Wessex (560-592), fillo e sucesor de Cynric. Venceu os bretóns (556 e 571-577), aos que expulsou de Cornualla e Devon. No 591 o Rei Ceol conquistou as súas terras e derrotouno en Woddesbeorg. No 592 exiliouse e morreu asasinado ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no Cebreiro do que só se conserva a igrexa. A súa orixe está na fundación dun hospital para peregrinos e dun pequeno templo no s IX, fundados posiblemente por Xerardo, conde de Aurillac, despois de percorrer o Camiño de Santiago. O mosteiro noméase nun documento de doazón de Afonso III ao bispo de Iria no 833. Estas dependencias substituíronse por outras en 1072, cando Afonso VI lles cedeu o control do hospital aos monxes franceses da abadía de Saint-Geraud d’Aurillac, máis tarde anexionada á de Cluny. O mosteiro recibiu privilexios e doazóns de Afonso VI, Afonso VII e Fernando II. En 1487, os Reis Católicos, peregrinos a Compostela, ampliaron o primitivo hospital e separárono, grazas á bula de Inocencio III, de Aurillac. En 1496 pasou a depender da congregación de san Benito el Real de Valladolid ata a súa exclaustración en 1835. O deterioro que sufriu o conxunto monástico alongouse ata que no ano 1962 se iniciou a rehabilitación do hospital, convertido na Hospedería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciar o fonema /s/ cunha articulación igual ou semellante a / "Stone Sans PhoneticIPA" >ɵ /.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade Económica dos Estados de África do Oeste.

    VER O DETALLE DO TERMO