"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que é unha alteración do nome do personaxe artúrico Myrddhin, profeta e feiticeiro moi famoso entre os galos. Procede do latín medieval Merlinus e de aí pasou ao francés Merlin, a través do que se espallou ás outras linguas europeas. Posiblemente significase ‘outeiro ao lado do mar’ ou, se a forma orixinaria era o celta *mori-dünon, ‘forte do mar’. A súa festividade celébrase o 18 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendario, mago e profeta. Correspóndese co Myrddhin galés, bardo do s V, que se identifica co poeta Taliesin. Nas lendas antigas aparece como un guerreiro que loitou nas batallas contra os saxóns. Geoffrey de Montmouth introduciuno no ciclo artúrico na súa Historia regum Britanniae (s XII), onde aparece relacionado coa lenda do Graal como mestre do Rei Artur e coa Dona do Lago, para quen prepara un sepulcro encantado para gardar o corpo. Vítima dun engano, foi enterrado aí e continúa desde a tumba lanzando as súas famosas profecías. Nun poema francés do s XIII, obra de Robert de Boron, aparece como un fillo do demo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe Antoine Merlin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón creado en Vigo por Edicións Xerais de Galicia en 1986. O director editorial, Luís Mariño, foi o promotor deste premio, que se converteu en motor deste xénero e en canteira de novos creadores. Úrsula Heinze, con A casa abandonada, foi a primeira gañadora do premio. Outros escritores recoñecidos que tamén o gañaron foron Xosé A. Neira Cruz, en dúas ocasións (1988 e 2000), Agustín Fernández Paz (1989), Fina Casalderrey (1991), Marilar Aleixandre (1994), Manuel Lourenzo (2003) e Xesús Manuel Marcos (2004).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antoine Christophe Merlin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Álvaro Cunqueiro publicada en 1955. Na primeira parte do libro, coñécense por medio do narrador, Felipe de Amancia, as persoas e as historias que ían parar á casa luguesa de Miranda, propiedade do amo e mestre Merlín, un mago que satisfai plenamente as demandas das diversas visitas. Ensaríllanse, a partir da evocación dun Felipe vello e anugallado, un grupo de historias que agrandan e multipican o universo espacial e temporal da novela e amplían o número e tipoloxía dos narradores e protagonistas: clérigos franceses, unha serea, un reloxeiro suízo ou unha princesa de prata déixanse caer por Miranda para beneficiárense das artes máxicas de Merlín. Todos veñen dos lugares máis recónditos buscando no corazón de Galicia unhas habilidades que resultan non só exquisitas, senón verdadeiramente eficaces. Na segunda parte da novela, cando xa Felipe de Amancia non traballaba na casa de Merlín, danse a coñecer outras historias como as ditas por uns abades e escoitadas na Pousada de Tremar...
-
PERSOEIRO
Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome que reciben distintos paxaros da orde dos paseriformes.
-
Paxaro que pode medir ata 20 cm de lonxitude. O macho ten a plumaxe dun azul cinsento e a femia de cor marrón, coas partes inferiores a raias. Habita en Europa e en toda a Península Ibérica, en rochedos e cantís, e en Galicia é moi raro, xa que só se observa en diversos puntos do litoral e do interior.
-
Paxaro que pode medir ata 25 cm de lonxitude e de cola longa. Os machos presentan unha plumaxe de cor negra co peteiro e o círculo orbital dun amarelo vivo e as femias de cor marrón co peteiro pardo. É omnívoro e aliméntase fundamentalmente de miñocas, insectos en xeral e diversos froitos. Ten un canto moi agradable e habita en campos, fragas, parques, bosques e xardíns, con vexetación mesta de baixa e media altura. Atópase amplamente distribuido por toda Europa e en Galicia é moi común en todo o seu territorio desde a beiramar ata os 1.500 m de altitude.
-
Paxaro de ata 25 cm de lonxitude que presenta contornos claros nas plumas, o que lle dá un aspecto escamoso, o macho ten unha mancha de cor branca no papo e a femia unha de cor gris. Aliméntase de insectos, vermes, caracois e bagas, e habita en campos e zonas abertas. En Galicia é moi raro.
-
Paxaro de ata 18 cm de lonxitude e cola curta que presenta o peito e a gorxa de cor branca, as partes superiores mouras e as inferiores dunha cor castaña escura, e non posúe dimorfismo sexual. Aliméntase de larvas e insectos acuáticos, vermes e peixes que captura ao mergullarse ou nadar. Habita preto de augas limpas, nos cursos altos e medios dos ríos e en regueiros de corrente rápida. É común en case toda Europa salvo nalgúns países como Dinamarca, Países Baixos ou o N de Alemaña. En Galicia é raro velo en zonas preto do litoral e naquelas zonas onde existe contaminación.
-
Paxaro que pode medir ata 19 cm de lonxitude. Os machos presentan no verán, a cabeza, o pescozo e o lombo azuis e o resto dunha cor avermellada, coas ás escuras. Aliméntase de insectos, vermes e moluscos. En Galicia é moi escaso, xa que só se atopa na zona suroriental en altitudes superiores aos 900-1.000 m.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada na rexión Litoral, á dereita do río de Las Conchas (390.031 h [1991]). Forma parte da aglomeración urbana de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo entre 1896 e 1897. Editado nos obradoiros tipográficos de Varela e caracterizado polo seu humor disparatado, elaborárono varios escritores como homenaxe a Xosé Antonio Fernández, alcumado o Merlo Blanco, un popular limpabotas de Vigo a quen fixeron constar como director da publicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. De familia de actores, en 1933 debutou no teatro coa obra La vuelta al mundo en 80 días. A partir de 1941 dedicouse ao cine, con filmes como Rojo y negro (1942), Ídolos (1943), Cuento de hadas (1951), Trío de damas (1960), La caza (1966), Flor de santidad (1973) e Entre hermanos (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Centrou os seus traballos na dialectoloxía italiana. En 1924 fundou a revista Italia dialettale. Foi un profundo coñeceder do campo da onomasioloxía románica, onde publicou I nomi romanzi delle stagioni e dei mesi (1904) e realizou numerosos estudos, como Saggi linguistici (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe que pode acadar os 50 cm de lonxitude, e que presenta corpo, cabeza e aleta dorsal alongados, e unha coloración variable predominando o verde e o laranxa. É unha especie de litoral e atópase en fondos de 2 a 50 m ao redor de rochas e algas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos fragmentos de muro ou parapeto que se ergue entre dúas troneiras dunha fortaleza.
-
-
Relativo ou pertencente aos merlúcidos.
-
Peixe da familia dos merlúcidos.
-
Familia de peixes da orde dos gadiformes. Son depredadores, nadan en cardumes e a gran maioría das especies son comestibles. O seu representante máis destacado é Merlucius merlucius, coñecido comunmente co nome de pescada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos merlúcidos, ao que pertence a pescada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pescada.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Estudou con Saint-Saëns, Fauré e Gigout. Compuxo operetas e óperas cómicas, como Veronique (1898) e Fortunio (1907), e ballets, como Les deux pigeons (1886). Dirixiu a Opéra-Comique de París (1898-1904) e a orquestra da Opéra de París (1907-1914). Compuxo tamén música para piano.
VER O DETALLE DO TERMO