"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Formado con Noël Jouvenet, recibiu influencias de Quentin Varin. Foi a París (1612) e traballou nos talleres de Georges Lallemand, Ferdinand Elle e Alexandre Courtois, onde colaborou con Philippe de Champaigne. En 1624 instalouse en Roma onde admirou a Rafael e Tiziano e pintou dentro dunha estética clasicista obras como Et in Arcadia ego... (1629-1630), Le triomphe de Flora e a serie de Bacchanales encargadas polo cardeal Richelieu. Volveu á corte francesa (1640), como pintor recoñecido e pintou a Dernière Cène para a capela de Luís XIII de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor grego. Naturalizado francés, era de tendencia non figurativa e representou signos en movemento. Tamén fixo decorados de ballets (Erik XIV, de Strindberg) e ilustracións para libros, como Le Mur, de Sartre, e Le bestiaire, de Guillaume Apollinaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán de Bratislava.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre Napoleón I Bonaparte e o Emperador Francisco II na cidade de Pressburg (Bratislava), en decembro de 1805, pouco despois da vitoria francesa en Austerlitz. Austria cedeu unha serie de territorios ao Reino de Italia, Baviera, Württemberg e Baden, e os tres últimos estados acadaron a emancipación respecto a aquela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Akademie der Wissenschaften.
-
GALICIA
Pintor. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e nos anos corenta instalouse en Granada. Destacado debuxante e retratista, revolucionou a arte sacra cos seus Cristos crucificados, caracterizados pola forza e o esgazamento expresivo. Realizou numerosos retratos e grandes lenzos como o de san Damián de Molokai, apóstolo dos leprosos, ademáis de Retrato de gitana (1928) e El peregrino de la paz. Recibiu a primeira medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1952). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de la Angustia de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico e escritor. De nome Xaime Quesada Porto, comezou a pintar de neno e iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid (1956-1960), cidade onde entrou en contacto co grupo Acento. Obtivo unha bolsa para acudir á escola de paisaxe de El Paular (Segovia) e recibiu a medalla de ouro en paisaxe polas obras Beso e Tierras (1959). Partidario do internacionalismo da arte, empregada como medio de expresión cultural e compromiso social, iniciou, desde a década de 1960, a súa particular busca de novas formas de expresión, en Europa e Norteamérica, que derivaron na mestizaxe estética característica das súas obras. Cubismo, expresionismo, surrealismo, naturalismo, simbolismo, suprematismo, futurismo, orfismo, hiperrealismo ou academicismo foron algúns dos infinitos estilos que aplicou nas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oficial romano. Encargado de gardar a prisión do papa santo Alexandre I, este converteuno a el e a toda a súa familia. Sufriu martirio por negarse a apostatar. Represéntase vestido con armadura de cabaleiro, cun estandarte e cun escudo. A súa festa celébrase o 30 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar noruego. Simpatizante do nazismo, colaborou cos alemáns durante a ocupación de Noruega (1940) e o seu partido, o Nasjonal Samling (Unidade Nacional), pasou a ser o único permitido no país. Xefe de goberno (1942), aboliu a constitución e o réxime parlamentario e, ao terminar a guerra, foi xulgado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico polaco. Trasladouse coa súa familia en 1899 a EE UU. Estudou física na Cornell University e doutorouse na Columbia University en 1927, cunha tese sobre as propiedades magnéticas dos cristais, e obtivo a nacionalidade estadounidense. Traballou sobre as propiedades magnéticas e eléctricas do átomo, e ideou o método da resonancia magnética nuclear. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo funerario de Ramsés II situado na beira oeste do Nilo, fronte a Luxor. Comprendía dous patios, rodeados de columnas, precedidos cada un por un pilono ou porta monumental; unha sala e dous vestíbulos hipóstilos; unha sala e, finalmente, o santuario, con catro columnas cadradas. Fóra había diversas construcións destinadas a almacéns, cuartos dos escribas e dos funcionarios e un arquivo, o palacio de Ramsés II e un santuario de Sethi I.
-
PERSOEIRO
Mecánico e técnico inglés. Construíu diversos instrumentos de física, sobre todo de óptica, e en 1768 inventou unha máquina electrostática. Tamén estudou a expansión dos metais e estableceu un método para trazar círculos graduados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnógrafo e explorador danés. A partir de 1902 comezou a exploración das rexións árticas: Groenlandia, o Ártico americano e rexións próximas ao estreito de Bering. Escribiu In der Heimat des Polarmenschen (Na patria do home do polo, 1922) e Across Arctic America (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Promontorio da costa mediterránea situado ao NL de Tunisia. Constitúe o extremo N da península homónima e limita polo L co golfo de Tunes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político fundado en 1947 por Charles de Gaulle. Triunfou nas eleccións municipais de outubro daquel mesmo ano e nas lexislativas de 1951 obtivo 121 deputados. Ao ano seguinte, a actitude de De Gaulle provocou a primeira escisión de 32 deputados que formaron a Action Républicaine et Sociale. En 1953 De Gaulle deu liberdade aos restantes que se agruparon na Union des Républicains d’Action Sociale (URAS) e os Républicains Sociaux (RS), que en 1958, co acceso de De Gaulle ao poder, crearon a Union pour la Nouvelle République (UNR). En 1976 cambiaron o nome por Rassemblement pour la République (RPR).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político francés xurdido en 1976 do Rassemblement du People Français (RPF). De ideoloxia neogaullista, foi fundado por Jacques Chirac. Nas eleccións xerais de 1986, grazas á alianza preelectoral coa Union pour la Démocratie Francaise, conseguiu a maioría relativa na Assemblée Nationale, e J. Chirac foi designado primeiro ministro. En 1988, en cambio, situouse por baixo dos resultados da outra formación de dereita, a UDF. As presidenciais de 1995 comportaron a elección de J. Chirac como presidente da república, reelixido en 2002.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica. Iniciou a súa carreira cinematográfica con Morgan: a Suitable Case for Treatment (1965) de K. Reisz, quen a volveu dirixir en Isadora (1968). Recibiu un Oscar pola súa interpretación en Julia (1977) de F. Zinneman. Participou tamén en Camelot (1967), Yanks (1979), The Bostonians (1984), Howards End (1991), James and the Giant Peach (1995) e The Fever (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para tomar mostras do contido gástrico do estómago despois dunha comida de ensaio, que consiste nunha sonda estreita flexible provista, no seu extremo superior, dunha xiringa para a extracción.