"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Aplícase a calquera sal do ácido pirofosfórico.
-
Anión de fórmula P 2 O 7 4- . O anión pirofosfato forma complexos estables co Fe (III) e actúa como un enmascarante deste catión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acetato impuro producido pola acción do ácido piroleñoso sobre un metal ou unha substancia básica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anión de fórmula Si2O76-, que forma parte dos silicatos discretos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termóstato para altas temperaturas.
-
-
Relativo ou pertencente ás pirrófitas.
-
Alga do grupo das pirrófitas.
-
Grupo de cromófitas, integrado por algas unicelulares biflaxeladas. Comprende as clases das criptofíceas e das dinoflaxeladas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido pirúvico.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carlo Dossi, a súa orixe nobre permitiu que recibira unha coidada formación. Desenvolveu a carreira diplomática ata que se dedicou á arqueoloxía. A súa obra literaria, comprendida dentro da scapigliatura, abarca unha nova técnica estilística. É autor de L’altrieri: nero su bianco (1868), Vita di Alberto Pissari (1871), La colonia felice (1874) e La desinenza in A (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e medallista italiano. Coñecido como Pisanello, formouse con Stefano da Zevio e recibiu a influencia de Gentile da Fabriano. Cultivou un humanismo entre o uso cortesán do gótico internacional e o estudo da natureza e da Antigüidade clásica. Das súas obras destacan Annunciazione (1424-1426), Madonna col il bambino, retratos como o de Lionello d’Este e Margherita Gonzaga (1435?) e numerosos debuxos. Renovador do xénero da medalla (Filippo Maria Visconti, Cecilia Gonzaga) traballou nas principais cortes italianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Almanaque que se publicaba anualmente con prognósticos meteorolóxicos.
-
PERSOEIRO
Director e teórico teatral alemán. Fundou e dirixiu diversos teatros tras a Primeira Guerra Mundial, como Das Tribunal, de Königsberg (1919), o Central-Theater (1923-1924), o Volksbühne (1924-1927) e o Piscatorbühne (1927-1928 e 1929-1930), todos eles en Berlín, intentando achegar á escena un teatro de tipo proletario. Posteriormente traballou ao longo de once anos como director convidado en diferentes compañías, ata que en 1962 foi nomeado responsable do Theater am Kurfürstendam. Nas súas representacións tentou sintetizar a arte e a política, asimilando a estética expresionista e construíndo un teatro ideolóxico que crease unha conciencia revolucionaria nos individuos. Dos seus espectáculos destaca Die Abenteuer des braven Soldaten Schwejk (As aventuras do bravo soldado Schwejk, 1928), sobre unha novela de J. Hašek, e Die Ermittlung (1966), de P. Weiss. No eido da teoría teatral cómpre destacar Das politische Theater (1929-1964) e Schriften zum Theater...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pesca ou aos pescadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a piscicultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar destinado á reprodución e comercialización de peixes.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego. Como aristócrata dirixiu o partido da montaña, que agrupaba os campesiños pobres do interior da Ática e a xente máis humilde da cidade. En 546 a C erixiuse en tirano de Atenas. Tivo amizade con todos os estados gregos e proporcionoulle a Atenas unha etapa de paz e prosperidade. Instituíu as grandes festas dionisias. Foi sucedido polos seus fillos Hipias e Hiparco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción calcaria que se forma ao redor dun núcleo mineral ou orgánico. Adoita ter unhas dimensións superiores a 2 mm.
-
-
Zume que se obtén de machucar carne de ave, que se lle daba quente aos enfermos con dificultade para tragar.
-
Guiso ou fritada elaborados con anacos de pemento, tomate, cebola, cabaciña e outros ingredientes.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia, situada ao NO do val de Florencia (83.936 h [2001]). Tradicionalmente dedícase á metalurxia e á manufactura de zapatos e tecidos. A Pistoia romana permaneceu unida á morte de Catilina (62 a C). Cara ao 1300 era un municipio importante, sobre todo no campo das finanzas, pero comezou a decaer cando se viu obrigada a aceptar a soberanía de Florencia, en 1401. Conserva as igrexas de San Bartolomeo en Pantano, San Giovanni Fuorcivitas, Sant’Andrea e a catedral (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Toscana, Italia (965 km2; 268.180 h [2001]). A súa capital é Pistoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sínodo convocado na cidade de Pistoia por Scipione de’ Rici do 18 ao 21 de setembro de 1786, por consello do gran duque Leopoldo I de Toscana. Os seus decretos foron a converxencia do galicanismo, do derradeiro xansenismo e do reformismo ilustrado e pretendían ser a formulación dun estatuto dunha Igrexa nacional. Vinte e cinco das súas proposicións foron condenadas pola bula Autorem Fidei, de Pío VI (1749).