"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse en 1923 en estilo neogótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo período e idade do Eoceno inferior, comprendido entre o Ilerdiano e o Luteciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Cuisiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (San Petersburgo 1882 - Peredelkino, Moscova 1969) Escritor ruso. En 1903 trasladouse a Londres como correspondente, feito que lle permitiu adquirir un coñecemento profundo da literatura inglesa e americana. Tradutor de R. Kipling, M. Twain e P. Whitman, exerceu como crítico literario; posteriormente, cultivou a literatura infantil.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Sinaloa, México, situada na marxe dereita do río San Lorenzo (696.262 h [1995]). É un importante centro agrícola (cana de azucre, millo, piña, algodón e froitas) e gandeiro (vacún e porcino). As industrias téxtiles complementan a súa economía. Fundada polos colonizadores no s XVI, o seu crecemento demográfico foi extraordinario, posto que é o núcleo dunha área mineira e agrícola en plena expansión. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a catedral (s XVIII) e o antigo hospicio, convertido en palacio municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no lugar de Tarrío, en Culleredo, polo que recibiu tamén o nome de Santo Estevo de Tarrío. Conserva a fábrica medieval gótica pero con certa tradición románica. Segundo unha inscrición do tímpano da porta de acceso, contruíuse no s XII. Ten planta rectangular dunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida rectangular que se cobre cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón. Tanto o arco faixón coma o triunfal descansan en columnas entregadas con bases áticas e capiteis robustos de decoración estilizada. No interior da nave e da ábsida consérvanse restos de pinturas murais do s XVI que representan o martirio de santo Estevo e escenas do ciclo da Paixón. No exterior destaca a portada occidental cunha porta abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto que descansan en columnas acobadadas. As bases presentan un perfil de características áticas e adórnanse con flores de lis. Os capiteis teñen proporcións e decoración góticas, con monstros...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo luterano. Foi profesor de eséxese e de historia da Igrexa antiga nas facultades de Teoloxía de Estrasburgo (1930), Basilea (1938), París (1953) e na Sorbonne (1954). Propón unha teoloxía ecuménica na que ofrece como perspectiva fundamental a concepción do cristianismo como unha historia da salvación. Das súas obras cómpre destacar Christius und die Zeit (Cristo e o tempo, 1946), Die Christologie des Neuen Testaments (Cristoloxía do Novo Testamento, 1957), Katholiken und Protestanten (Católicos e protestantes, 1958) e Heil als Geschichte (Salvación como historia, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está ou acada o punto de máximo de altura, esplendor, intensidade ou interese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade literaria cultivada no s XVII en España, no marco da cultura barroca. A orixe do termo é dubidosa. Considérase que foi empregado inicialmente polo poeta Luis Carrillo y Sotomayor e polo preceptista Bartolomé Patón para designar as innovacións que autores, como Juan de Mena, introduciron na lingua literaria desde o s XV, en especial o uso de neoloxismos e cultismos. Máis adiante, o termo perdeu o seu carácter meramente descritivo e adquiriu connotacións negativas, sobre todo nos ataques de Francisco de Quevedo á poesía de Luis de Góngora -quen levou o culteranismo ao seu máximo desenvolvemento coa publicación de Soledades e de Fábula de Polifemo y Galatea (1613)- e á dos seus seguidores. Tenta construír un universo poético refinado e ideal, a través dunha lingua caracterizada pola súa altura estética, a musicalidade e unha coidada selección do léxico común. Caracterízase pola tendencia á amplificación retórica e ás construcións latinizantes; entre outros procedementos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
culterano.
-
-
Relativo ou pertencente ao culteranismo.
-
Escritor adscrito ao culteranismo.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán que se editou a partir do 1 de xuño de 1940 en La Habana como continuación de Cultura Gallega. Subtitulouse “Revista literaria mensual: Órgano de la Agrupación Artística Gallega”. Dirixida por Adolfo V. Calveiro, contaba cunha redacción coordinada por Raimundo Vázquez Rábade na que colaboraban Ramón Fernández Mato, Francisco González, J. Fernández Castro, Aureliano Barredo, Rafael López e Ramón Lemos, entre outros. En canto á súa liña editorial, perdeu a súa identidade co galeguismo e pasou a difundir unha ideoloxía de carácter conservador, achegada ao réxime franquista. Incluía numerosas fotografías da Agrupación, de actos institucionais e de motivos galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Sucre, Venezuela (232.228 h [1992]). Os terremotos destruíron varias veces a cidade, que está actualmente á beira do río Manzanares, estendida cara ao golfo de Cariaco. A principal actividade económica é a pesca, cun gran movemento comercial no seu porto. A industria conserveira adquiriu relevancia nos últimos anos, principalmente o enlatado de sardiña e atún. Tamén destacan as actividades agrícolas, como o cultivo de café, o cacao e as froitas tropicais. A rexión foi explorada por Pedro Alonso Niño e Cristóbal Guerra (1499-1500), aínda que o primeiro establecemento de carácter misioneiro data de 1515. En 1521 Gonzalo de Ocampo fundou Nueva Toledo. O definitivo asentamento da cidade foi obra de Diego Fernández de Serpa (1568), quen lle outorgou o nome de Cumaná. A rexión foi poboada en gran parte por canarios, condición imposta pola monarquía hispánica (1718) para que o arquipiélago canario comercializase con sete portos americanos. Iniciou o movemento independentista...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo cumano.
-
Individuo do pobo cumano
-
Pobo nómade de orixe turca, coñecidos tamén como kipchaks ou polovtses, orixinario da rexión da conca media do río Obi. A mediados do s XI emigraron cara ao O e chegaron a dominar os territorios situados ao N do Mar Caspio e do Mar Negro dende o 1065. Mantiveron frecuentes enfrontamentos cos eslavos de Kiev durante o s XII e saquearon esta cidade no 1204. Durante eses anos recibiron importantes influencias rusas e estableceron unha alianza con algunhas das familias reais, pero no 1222 foron sometidos polos mongois. Derrotados de novo por unha segunda vaga mongol (1237), os sobreviventes emigraron cara ao O e establecéronse nos territorios das actuais Bulgaria e Hungría, na rexión de Cumania, onde foron cristianizados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía de Canadá, situada na costa oriental da illa de Baffin, entre as penínsulas de Cumberland e Hall, no mar do Labrador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do S dos Apalaches, situado entre os estados de Tennessee e Alabama, EE UU. Constitúe unha área chá, entre o Gran Val apalachense e o val do Mississippi. É unha extensión rica en carbón e ferro.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha nave e unha ábsida rectangulares. No interior destaca o arco triunfal de medio punto, peraltado e dobrado, coa rosca maior decorada con boceis e medias canas, e apoiado nun par de columnas acobadadas que teñen as bases baixo o pavimento do presbiterio. Os capiteis cóbrense con dúas ordes de follas estilizadas e aguzadas. A chambrana adórnase cunha fila de billetes. No exterior destaca a portada occidental formada por un arco semicircular peraltado e moldurado cinguido por unha chambrana de bólas e apoiado en dúas columnas acobadadas con capiteis vexetais e con pomas nos cimacios. Os canzorros que sosteñen os beirís son rudos e presentan cabezas de cuadrúpedes, figuras humanas, volutas ou sen decoración.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra do NO de Inglaterra formada na era Primaria que sufriu posteriormente unha grande erosión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ceramista. As súas obras caracterizáronse polas formas simples e as calidades pétreas, entre as que destacan os vasos e as pezas de formas depuradas. Na súa última época realizou placas nas que buscaba os efectos escultóricos e de policromía mediante a aplicación dos esmaltes. Entre os plafóns que elaborou cómpre salientar o que decoraba o pavillón español na feria mundial de Nova York (1962-1964). Entre outros galardóns, recibiu en tres ocasións a Medalla de Ouro da Trienal de Milán (1936, 1951 e 1957) e o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO