"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que mide a forza electromagnética das pilas electroquímicas.
-
CUMIOS
Cumio situado na parroquia de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Acada os 1.463 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito deformado e de maior tamaño que aparece debido a certos trastornos hematolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado caracterizado pola presenza de poiquilocitos no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma crónica de dermatomiosite que cursa sen febre, leucocitose ou dor e que se caracteriza por atrofias musculares moi importantes, con retraccións músculo-tendinosas e unha profunda impotencia funcional.
-
PERSOEIRO
Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión da Francia occidental, situada entre Bretaña e Anjou ao N, Turena ao NL, Berry ao L, Lemosín ao SL, Angoumois, Saintonge e Aunis ao S, e o Atlántico ao O. Ocupa unha parte da actual rexión administrativa de Poitou-Charentes. Zona de altiplanos calcarios xurásicos, a súa capital é Poitiers. Ocupada sucesivamente por romanos (56 a C), visigodos (s V) e francos (507), no s VIII pasou a depender do ducado de Aquitania. Con Ranulfo I (839-867) iniciouse a casa dos condes de Poitiers. Pasou a Francia (1137), a Inglaterra (1152) e de novo a Francia (1224). Cedida a Inglaterra durante a Guerra dos Cen Anos (1360), en 1375 foi reconquistada polos franceses. Carlos VII de Francia (1422-1461) integrouna no seu reino.
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (25.810 km2; 1.640.068 h [1999]). Abrangue os departamentos de Charente, Charente-Maritime, Deux-Sè-vres e Vienne. A súa capital é Poitiers.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi notario en diversas poboacións españolas, alcalde de Arzúa e Lugo, gobernador civil en Salamanca e na Coruña. Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes (1973-1975). Deputado no Congreso por Coalición Democrática (1982-1986), foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pol. Tense noticia da súa existencia no s XIII, aínda que se puido construír con anterioridade, e foi reedificada no s XIX. Consta de nave rectangular cunha cuberta de madeira a dúas vertentes. A capela maior está a maior altura e o retablo maior é barroco (1763). Na fachada hai un óculo redondo e unha espadana dun só van.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
acetato de polivinilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliéster lineal que se obtén por policondensación do tereftalato de dimetilo co etilenglicol mediante unha reacción de transesterificación catalizada por sales, óxidos ou alcóxidos de diversos metais. O de peso molecular superior a 20.000 é unha substancia ríxida, incolora, con gran tendencia á cristalinidade. Presenta propiedades illantes eléctricas. Aplícase na fabricación de fibras téxtiles e na preparación de películas que se empregan como illantes eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que presenta múltiples adenomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén dous ou máis átomos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe numerosos rudimentos seminais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico que contén grupos carbonato (-O-CO-O-) repetidos regularmente ao longo da súa cadea principal. Pode considerarse un tipo de poliéster. Desde o punto de vista industrial, o máis importante é o derivado do 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano. Son substancias transparentes e ríxidas con boas propiedades como illantes eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Vello (Argos s V a C) Escultor grego. Condiscípulo de Mirón e coetáneo de Fidias, recibiu o ensino de Axeladas de Argos. Foi sobre todo broncista. Escultor de atletas, executou o Doríforo, obra conservada a través de copias de mármore, en que introduciu a técnica da gravitación sobre unha perna. Máis tardíos son o neno Xenocles, o Cinisco, atleta de Mantinea, o Discóforo, Heracles e o Diadumeno, que manifestan xa no seu ritmo a influencia da escola ática. Escribiu un tratado sobre a proporción, o ritmo e a simetría do corpo humano, coñecido co nome de Canon, en que defendía un esquema de proporcións perfectas segundo o que a figura representada debía medir sete veces máis ca a súa cabeza (canon das sete cabezas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (Argos s V a C - s IV a C) Escultor grego. Discípulo de Naucidas (colaborador de Policleto o Vello), traballou nas cidades de Argos, Megalópolis, Olimpia e Tebas desde o 390 ao 340 a C. Atribuíronselle estatuas de atletas como o Antípater de Mileto, diversas obras de divindades como Filipos en Megalópolis ou Apolo no monte Helicón, e unha Hécate de bronce en Argos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afinidade que ten un tecido por diferentes colorantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos oxoanións do fósforo que existen como sales e que corresponden a ácidos polifosfóricos raramente illables. Obtéñense por calcinación de diversos hidroxenofosfatos e dihidroxenofosfatos. Algúns polifosfatos utilízanse na industria alimentaria como aditivos texturizadores, estabilizadores e emulsionantes.