"AIX" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 193.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Lugo en 1966 a partir da Caja Central de Ahorros y Préstamos, creada polos Sindicatos Católicos Agrarios, organización que tivo certa implantación na comarca de Mondoñedo. Dirixida dende a súa creación por Arcadio López Lens. No 2000 posuía 32 oficinas espalladas pola provincia de Lugo e unha máis en Melide, tiña 1.530 millóns de pesetas de recursos propios, manexaba 22.665 millóns de pesetas de recursos alleos e un investimento crediticio de 11.789 millóns de pesetas; o seu beneficio neto fora de 272 millóns de pesetas. A entidade, superado un período de consolidación, desenvolveu unha estratexia de apertura de novas oficinas e diversificou o investimento crediticio, abríndose a novos sectores económicos, sen esquecer o seu sector de orixe: o agrario. Durante a crise dos oitenta, asociouse xunto con outras entidades ao Banco de Crédito Agrícola-Cajas Rurales, grupo que abandonou para participar na creación da Sociedad Civil de Estudios y Proyectos, coa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contido dunha caixa.
-
-
Lado dunha caixa.
-
Cada unha das pedras laterais que constitúe o cadro do lagar.
-
Peza situada no peite do tear que dispón dun ferro para prensar o tecido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa pequena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
-
Persoa encargada de realizar pagamentos e cobros nunha empresa, nunha entidade financeira ou nun organismo da administración pública.
-
Aparello electrónico interactivo, dotado de pantalla e teclado, que permite aos clientes dunha entidade financeira efectuar diversas operacións de caixa e retirar o seu diñeiro dispoñendo soamente dunha tarxeta magnética dotada dun código de identificación persoal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballador especializado na confección de moldes tipográficos e na composición de textos para a súa impresión.
-
-
Caixa grande usada habitualmente como embalaxe.
-
Caixa sen tapa, encaixada no oco dun moble, que se utiliza para gardar cousas e que se pode desprazar cara a dentro ou cara a fóra para abrilo ou pechalo.
-
Caixa longa de madeira ou doutros materiais e con tapa destinada a depositar un cadáver ao que se vai dar sepultura.
-
Cada un dos espacios nos que se divide unha parede por medio dos machóns.
-
Caixa de madeira situada sobre a pedra do muíño onde se bota o gran para que vaia caendo pouco a pouco na quenlla.
-
Obxecto de madeira semellante a unha caixa aberta por un lado que utilizaban as lavandeiras para protexerse da humidade.
-
alforxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘caixa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘encaixar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘baúl’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Ribeira Alta do río Xúquer, Comunitat Valenciana, situado nunha extensa chaira (20.397 h [1996]). A agricultura ten moita importancia para a economía da rexión: destacan os cultivos de árbores froiteiras, principalmente laranxas, e tamén de fabas, millo e trigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento de pena ou mágoa producido polo sufrimento ou desgraza allea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músico que toca o contrabaixo.
-
-
-
contrabaixista.
-
Instrumento cordófono de catro cordas, pertencente á familia dos violíns. É o de dimensións máis grandes e ten unha forma semellante á das antigas violas. O número de cordas oscilou de tres a seis, pero estabilizouse en catro, afinadas da máis grave á máis aguda: mi, la, re, sol. Utilizábase xa na segunda metade do s XVII e introduciuse nas orquestras de ópera un século máis tarde. A miúdo, o seu papel limitábase a dobrar os violoncellos. A música para este instrumento está escrita en clave de fa, como a do violoncello, pero soa na oitava inferior. Dentro da música de cámara con contrabaixo destacan o Septeto de Beethoven (1800) e o Octeto de Schubert (1824). Ao longo do s XIX xurdiron grandes virtuosos deste instrumento como Domenico Dragonetti (1763-1846) e Giovanni Bottesini (1821-1889). Especialmente no jazz, este instrumento demanda un gran virtuosismo e utilízase a técnica do pizzicato; constitúe, xunto coa batería, un elemento rítmico esencial para as formacións...
-
-
-
Voz máis baixa ca a do baixo.
-
Persoa que posúe esta voz.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Faixa do escudo que presenta dous esmaltes diferentes.