"ASP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
PERSOEIRO
Político e almirante francés. Apresado cando combatía na Batalla de San Quintín, durante o seu cativerio converteuse ao protestantismo (1558) e, co tempo, chegou a dirixir os hugonotes. De acordo co Rei Carlos IX preparou a ofensiva francesa en Flandres e concertou a unión de Enrique de Borbón (futuro Enrique IV) con Margarita de Valois. Foi unha das víctimas da matanza de protestantes da Noite de San Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou o problema da descrición dos movementos dende sistemas de referencia xiratorios e descubriu a aceleración complementaria que leva o seu nome. Contribuíu a establecer unha terminoloxía precisa para a mecánica, ao darlle unha significación clara a termos como traballo e forza viva. Publicou diversas obras, como Du calcul de l’effet des machines (Sobre o cálculo do efecto das máquinas, 1829) ou Traité de la mécanique des corps solides et du calcul de l’effet des machines (Tratado da mecánica dos corpos sólidos e do cálculo do efecto das máquinas, 1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador portugués. Residiu na India a maior parte da súa vida e a súa obra Lendas da India está considerada como a máis importante da historiografía ultramarina portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
coanoflaxelado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á medusa que presenta unha dobra no bordo da umbrela chamada veo, que cando se contrae permite o seu desprazamento.
-
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Discípulo de Rubens en Bruxelas, en 1641 foi nomeado pintor dos Austrias. Compuxo un gran número de retratos para a corte. A súa pintura relixiosa, de debuxo coidado e de agradable cor, seguiu as normas da Contrarreforma. Entre as súas obras destaca A pesca milagrosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xulio Martínez Pérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Estudiou dereito na Universidade de Viena. En 1911 foi elixido membro do Parlamento austríaco, onde defendeu os dereitos da minoría italiana. Unha vez incorporada a súa rexión a Italia (1918), fundou o Partido Popular Cristián (1921), do que foi elixido secretario en 1924. Desde 1921 foi tamén membro do Parlamento italiano. Regresou á política activa coa caída de Mussolini e foi presidente do consello de ministros desde setembro de 1945 ata xullo de 1953. Durante a súa presidencia decidiuse a proclamación da República cun referendo (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor de mimo francés. Comezou a traballar en París, no Boulevard du Crime e no Théâtre des Funambules, e fixo unha destacada recreación de Pierrot.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Segundo unha inscrición, foi un dos autores do retablo maior da colexiata de Xunqueira de Ambía, no que empregou columna de balaústres, xunto co escultor flamengo Juanín, identificado por algúns historiadores con Cornielles de Holanda, e co pintor Pedro Bello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que determina a perda do carácter, normalmente aspirado, dunha articulación nunhas circunstancias determinables. Por exemplo, en grego unha consoante aspirada sofre unha desaspiración cando vai seguida na palabra doutra consoante aspirada que non lle é contigua.
-
-
Conxunto das comunidades xudías dispersas por todos os lugares do mundo fóra de Palestina. O termo apareceu na versión grega do Antigo Testamento, onde a dispersión do pobo xudeu se interpreta como castigo á súa apostasía. A diáspora foi resultado de varias deportacións acontecidas tralas invasións ou conquistas de Palestina. A primeira tivo lugar despois da captura de Samaria polos asirios de Sargón, no 721 a C. En 587 a C os babilonios deportaron os habitantes do Reino de Xudá a Mesopotamia; cincuenta anos despois, o persa Ciro o Grande permitiu o retorno dos xudeus a Palestina, pero os máis ricos permaneceron en Babilonia, onde formaron unha comunidade numerosa e influínte. A conquista das tropas helenas de Alexandre o Grande causou a dispersión dos xudeus por Asia e Siria. Pouco despois da deportación a Babilonia, un grupo de xudeus que quedara en Palestina emigrou voluntariamente a Exipto e formaron a colonia alexandrina. A súa presenza en Roma documéntase...
-
Dispersión dun grupo étnico, relixioso ou cultural fóra do seu lugar orixinario.
-
Complexo orgánico formado por un ser vivo, as máis das veces por unha planta, destinado á propagación e conservación da especie.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego editada en Zúric a partir do 1 de maio de 1993. Subtitulada “Revista da Federación de Sociedades Galegas Na Suíza”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Plana Artes e nos talleres de A Nosa Terra. Dirixiu o seu primeiro número Xosé Luís Leirós e entre os seus colaboradores destacan Rosa Fernández, Felipe Senén, Xermán García Cancela, Dionisio Pereira, Gustavo Luca de Tena, Ricardo Sarmiento e Xesús Rábade Paredes. Contén información sobre a situación da colectividade galega en Suíza e presta unha atención especial á historia, ás actividades e aos congresos da propia Federación. Inclúe tamén temas referidos a Galicia. Na portada aparece un debuxo de Maside e no interior os artigos van acompañados de fotografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidróxido de aluminio, de fórmula AlO(OH). Cristaliza no sistema rómbico. O hábito dos cristais pode ser tabular ou en masas de follas. É incoloro, aínda que pode presentar tinturas diversas. Ten unha dureza de 6,5-7 e unha densidade de 3,3-3,5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dalgunhas variedades de xaspe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da clase dos agnatos, de ata 15 cm de lonxitude, propios de principios do Devónico. Os xacementos máis importantes están en América do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da clase dos agnatos, de ata 30 cm de lonxitude. Presentan o corpo aplanado, a cola estreita e a boca virada cara a arriba. Propios de principios do Devónico, os xacementos máis importantes están en Alemaña.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Gaspard Poussin, por ser discípulo e cuñado de N. Poussin, especializouse na pintura de paisaxes. Traballou para o Papa Inocencio X e a familia Colonna. Entre as súas obras destacan os frescos sobre a historia dos carmelitas realizados en San Martino ai Monti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi ministro da Guerra (1936-1945). Accedeu á presidencia da República en 1946 e no seu mandato redactouse unha nova constitución, a cuarta, que foi aprobada en setembro de 1946, pero que conservou a estrutura sindical corporativa e reprimiu as forzas obreiras independentes. No verán de 1947 tivo lugar a Conferencia Internacional para o Mantemento da Paz e a Seguridade de Petrópolis. Unha disposición do tratado estipulaba a defensa recíproca dos asinantes no caso dunha agresión armada directa contra calquera das nacións asinantes do tratado. En outubro de 1947, desatada a Guerra Fría, rachou as relacións coa URSS e, poucos meses despois, ilegalizou o Partido Comunista e expulsou os comunistas que ocupaban escanos no Parlamento (1948).
VER O DETALLE DO TERMO