"Agar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 159.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). A súa planta é irregular, produto dos diversos engadidos á obra orixinaria. De dúas alturas, na planta baixa hai dous arcos, un deles cego e outro que serve de acceso e sobre eles mantéñense dous escudos. A fachada sitúase unida a un corpo un pouco máis alto cuberto a catro augas. Conserva dúas solainas descubertas. Relaciónase cos Nóvoa, Puga, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cadórniga, Bóveda e Salgado.
-
-
-
Réptil da familia dos lacértidos, de pequeno tamaño, forma alongada e provistos de catro extremidades completas. Os dedos son longos e finos, especialmente o cuarto, que pode ter o dobre de lonxitude que os demais. O corpo está cuberto de escamas, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, con membrana timpánica visible. Viven en ambientes variados pero sempre soleados, e máis ou menos húmidos. Están activas en primavera e verán, invernando nos meses fríos do ano. Reprodúcense por ovos. Aliméntanse de insectos e outros invertebrados. Poden desprenderse voluntariamente dunha parte da cola por autotomía. En Galicia hai sete especies de lagarta, que pertencen aos xéneros Lacerta, Podarcis e Psammodromus. Existen algunhas especies que son raras ou escasas en Galicia, como por exemplo Psammodromus algirus (na metade S), Podarcis hispanica (en zonas secas máis secas -Verín e arredores de Ourense-) e Podarcis muralis (está desprazada...
-
lagarta da serra [port: lagartixa-de-montanha; cast: lagartija serrana; ingl: iberian rock lizard] [Lacerta monticola, Fam dos lacértidos]
Lagarta robusta, de cabeza e corpo xeralmente aplanados que acada os 80 mm de lonxitude cabeza-corpo. O dorso é verde ou pardo con tons variables, xeralmente cuberto de manchas negras irregulares e máis densas nos costados. A zona do ventre soe ser azulada, verdosa ou amarelenta e ás veces con pequenos puntos negros nas escamas segundo a poboación. Os machos son máis grandes e de cabeza máis robusta ca as femias, con ocelos azuis detrás dos membros anteriores e ao longo dos costados. É unha especie propia de zonas montañosas, en áreas rochosas e de mato. É un endemismo ibérico, e en Galicia é común no N e NL, chegando ao nivel do mar. En Galicia atópase a subespecie L. m. cantábrica.
-
lagarta das brañas [cast: lagartija de turbera; ingl: viviparous lizard] [Lacerta vivípara, Fam dos lacértidos]
Acada os 65 mm de lonxitude corpo-cabeza. Ten cabeza robusta, fociño redondeado, unha pregadura gular patente, un colar serrado, membros curtos e rabo groso e recuberto por escamas grandes e aquilladas. O dorso é marrón, pardo ou pardo-vermello, cunha liña vertebral escura. Xeralmente, existe nos laterais unha banda marrón ou pardo-vermella tirando a negra, delimitada na zona superior por unha liña máis clara. O ventre é abrancazado ou amarelo. É unha especie moi higrófila que se atopa, principalmente, en turbeiras, prados húmidos, lindeiros e incluso nas marxes de regatos de montaña. Ten unha amplísima distribución, pero en Galicia é moi rara, atopándose soamente en recunchos especialmente húmidos dalgunhas localidades lucenses como a serra do Xistral e os Ancares.
-
lagarta dos penedos [port: lagartixa-ibérica; cast: lagartija ibérica; ingl: spanish wall lizard] [Podarcis hispanica, Fam dos lacértidos]
Lagarta de tamaño moi variable, cabeza aplanada cos ollos sobresaíntes. Carece de manchas na gorxa e a coloración é moi variable, presentando o dorso tons que van do pardo claro ao verde, con machas de tons negros pouco aparentes nalgunhas poboacións e moito noutras. Ás veces aparecen manchas escuras que forman unha liña vertebral. O ventre, de fondo branco ou amarelento, non acostuma presentar manchas escuras, e se o fai están situadas nas escamas máis externas. Ocupa unha gran variedade de hábitats ligados a substratos rochosos. Está presente en case toda a Península Ibérica e en Galicia é común na metade S.
-
lagarta galega [port: lagartixa-de-Bocage; cast: lagartija de Bocage; ingl: Bocage´s wall lizard] [Podarcis bocagei, Fam dos lacértidos]
Lagarta robusta, de cabeza alta e relativamente curta, de ata 71 mm de lonxitude corpo-cabeza. O dorso presenta manchas negras sobre un fondo pardo, verdoso ou verde intenso. As zonas laterais son verdes ou amarelentas. É unha especie que ocupa gran variedade de hábitats, sendo os máis característicos as zonas clarexadas dos bosques de carballos e as áreas de mato. É un endemismo Ibérico que só ocupa o NO peninsular, e en Galicia está homoxeneamente distribuído, excepto nas zonas de influencia mediterránea. Pódese atopar desde o nivel do mar ata os cumios das serras.
-
-
Muller desvergonzada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde ten o seu niño o lagarto.
-
-
Que caza lagartos.
-
Que ou quen obra con enxeño ou mesmo con malicia para sacar proveito de algo.
-
-
Ave rapaz de pequeno tamaño da familia dos falcónidos, de plumaxe avermellada con manchas negras e co bico e as unllas negros e fortes. Presenta un forte dimorfismo sexual, sendo a femia de maior tamaño ca o macho, e con distinta coloración. Xeralmente aniñan en construcións humanas derruídas ou en uso. O seu rasgo máis característico é a capacidade de peneirarse sobre a zona onde caza e, unha vez localizada a presa, atrapala cun voo en picado coas ás cerradas. En Galicia atópase doadamente o lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus), pero non así o lagarteiro buxarelo (Falco neumanni), do que hai moi poucas citas. OBS: Tamén se denomina bailarete.
-
lagarteiro buxarelo [port: Peneireiro-de-dorso-liso; cast: cernícalo primilla; ingl: lesser kestrel] [Falco neumanni, Fam dos falcónidos]
É unha das rapaces máis pequenas de Europa (30 cm nos machos e 35 cm nas femias). De forma estilizada, o voo é menos peneirado pero máis planeado ca o do lagarteiro peneireiro. Ten o lombo pardo-vermello, sen pintas, e presenta unha distintiva mancha de cor azul pálido nas plumas cobertoiras. A femia ten as garras de cor pálida. Aliméntase principalmente de insectos. Cría formando colonias, en tellados, ocos de muros altos e acantilados. Atópase en edificios vellos ou gorxas rochosas, pero cazan en campo aberto. É frecuente atopalo vivindo en cidades. Distribúese por Europa, Asia e África mediterráneas. No verán aparece na Península Ibérica agás no N e no O. En Galicia cítase na provincia de Ourense pero non se ten constancia da súa cría.
-
lagarteiro peneireiro [port: Peneireiro-de-dorso-malhado; cast: cernícalo vulgar; ingl: kestrel] [Falco tinnunculus, Fam dos falcónidos]
Ave rapaz pequena, de 33 cm os machos e 39 cm as femias. O macho adulto ten a cabeza agrisada con bigoteira escura, partes dorsais e plumas cobertoiras castañas con pintas, e a parte exterior das ás é escura. O sobrecú e a cola son grises, rematando esta última nunha franxa escura co extremo branco. A femia ten o lombo e as ás pardo-vermellas, a cola vermella e, por riba, ten unhas barras escuras moi contrastadas. O ventre é pardo e, nas femias, presenta unhas rechamantes pintas formando liñas. Os dous sexos teñen as garras negras. Aliméntase de insectos, lagartas, lagartos e pequenos roedores. Habita zonas de cultivos e zonas arborizadas abertas, e cría en niños de córvidos e pombos, en acantilados ou canteiras abandonadas. Moi estendido por Europa, Asia e África, en Galicia atópase en todo o territorio. É unha especie moi popular, aparecendo en contos e cantigas populares.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao municipio de Eljas (Cáceres).
-
Natural ou habitante do municipio de Eljas (Cáceres).
-
Dialecto do galego que se fala no municipio de Eljas (Cáceres).
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N do Tajo (1.786 h [2001]). É un termo agrícola e gandeiro. Son típicos os seus bordados artesanais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Réptil da orde dos escamosos, de forma alongada, con, salvo excepcions (escáncer), e catro extremidades completas, algúns deles coas patas pouco desenvolvidas (esgonzo común). Os dedos adoitan ser longos e finos, especialmente o cuarto, que pode ter o dobre de lonxitude cós demais. A cabeza é máis ou menos robusta e a boca está provista de numerosos dentes, implantados directamente nos maxilares. O corpo está cuberto de escamas, superpostas ou non, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, tendo as aberturas auriculares unha membrana timpánica visible. Viven en ambientes variados pero sempre soleados, aínda que máis ou menos húmidos. Reprodúcense por ovos. As crías despois de nacer son capaces de desenvolver unha existencia autónoma e teñen unha coloración distinta á dos adultos. Aliméntanse, xeralmente, de insectos e outros invertebrados, algúns tamén dalgunha froita ou micromamíferos. Poden desprenderse voluntariamente dunha parte da cola por autotomía para chamar a atención...
-
lagarto arnal [port: sardao; cast: lagarto ocelado; ingl: ocellated lizard] [Lacerta lepida, Fam dos lacértidos]
Lagarto de maior tamaño de Galicia e de Europa, chegando a medir 260 mm. É verdoso con pintas negras polo lombo e uns característicos ocelos azuis nos costados, que son máis vistosos nos machos. As poboacións galegas son de tamaño lixeiramente inferior. Está activo entre marzo e novembro, e inactivo durante o inverno. Prefire áreas despexadas, con matorrais dispersos, e cálidas. Atópase sempre en zonas soleadas e cerca de refuxios (pedras) para protexerse. A súa alimentación baséase en insectos (sobre todo coleópteros) e outros pequenos artrópodos, gasterópodos (lesmas e caracois), micromamíferos, pequenos réptiles e froitos. En Galicia está presente en todo o territorio, se ben non aparece nas zonas máis húmidas. Existe unha subespecie exclusiva da Illa de Sálvora (Lacerta lepida oteroi)
-
lagarto das silvas [port: lagarto-de-água; cast: lagarto verdinegro; ingl: Schreiber´s green lizard] [Lacerta schreiberi, Fam dos lacértidos]
É o máis característico e frecuente dos lagartos galegos. Mide entre 71 e 120 mm, de corpo e cabeza, e o dobre de rabo. A cabeza dos machos é máis grande cá das femias. O corpo dos machos é verde claro ou amarelo cun fino punteado negro ata as patas traseiras, sendo estas e o rabo de cor marrón. As femias poden ser verdes coas patas posteriores e o rabo marróns ou completamente marróns, con manchas negras irregulares. En Galicia é activo desde febreiro ata novembro, sendo o celo nos meses de abril e maio. Vive en ambientes húmidos, e en Galicia atópase en zonas de mato, en áreas abertas, lindeiros de bosques e terras de labor. Aliméntase de insectos, outros pequenos artrópodos, pequenos gasterópodos e ás veces amoras. É un endemismo ibérico que soamente se atopa no NO da Península Ibérica e no Sistema Central, e en Galicia está uniformemente distribuído.
-
-
solombo.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Tuxe (O Bolo). O seu cumio acada os 903 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre as de Cisne, Cefeo, Casiopea, Andrómeda e Pegaso. Contén poucas estrelas, entre as que destacan áLac, de cor branca, magnitude aparente visual 3,85, situada a unha distancia de 91 anos-luz, e âLac de magnitude 4,6 e cor amarela-alaranxada.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lamaigrexa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 790 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Illotes de pequeno tamaño situados ao SO da illa de Sálvora, na parroquia de Aguiño (Ribeira).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da familias das agaricáceas, que presenta o sombreiro liso, xeralmente branco, e láminas libres. En Galicia atopamos as especies L. bresadolae e L. leucothites, ambas as dúas en outono.
-
GALICIA
Profesor galego. Dirixiu a Escola Normal de Santiago de Compostela a finais do s XIX e contribuíu á renovación da escola en Galicia, baixo a influencia da ILE. Das súas obras destacan Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. La primera Colonia Escolar Compostelana. Vacaciones escolares de 1893 (1894) e Cuestiones educativas. Colección de estudios pedagógicos con arreglo a las modernas teorías de la Escuela (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, tres faixas ondadas de azul. Outra variante leva, en campo de prata, cinco faixas ondadas de azul; bordo de goles, cargado de catro estrelas e catro aspas de ouro, alternadas, comezando por unha aspa no cantón destro do xefe. Outra variante leva, en campo de ouro, tres faixas de azul.
-
GALICIA
Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Debutou como internacional en 1965 e foi campión nacional absoluto de 100 metros lisos (1967,1968 e 1969), de 200 metros lisos (1968 e 1969) e de 400 metros lisos (1966). Participou nos Xogos Olímpicos de México (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Foi cofundador de Nova Galiza e Encrucillada. Escribiu La Iglesia en la Galicia contemporánea: 1931-1936 (1978), en colaboración con Francisco Carballo, Quiénes somos los gallegos (1979), A emigración: modernización e cambio social na Galicia contemporánea 1900-1936, e foi coautor de O monte comunal na Galicia contemporánea: unha historia de resistencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse en Santiago, na Sociedade Económica de Amigos del País. De estilo ecléctico, destaca o retablo neogótico (1906) da Capela das Reliquias na catedral de Santiago de Compostela, o de Santa María de Pontevedra e o de Santiago de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO