"Arles" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 266.
-
PERSOEIRO
Orientalista francés. Especializado na historia do Imperio Bizantino, foi membro da École française de Roma e de Atenas. Entre as súas obras destacan L’Afrique byzantine (África bizantina, 1896), Manuel d’art byzantin (Manual de arte bizantina, 1903) e Histoire de l’empire byzantin (Historia do imperio bizantino, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudiou en Nova York onde fundou unha orquestra de cámara no ano 1938. Foi director da orquestra da NBC, da Filharmónica de Nova York, da Orquestra Sinfónica de Sydney, da Orquestra Sinfónica de Göteborg e da Orquestra Sinfónica da Radio de Hesse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta e teólogo. Foi ministro da Igrexa Congregacionalista e profesor de crítica bíblica en Manchester (1930-1935), e de teoloxía en Cambridge (1935-1939). Para el, o corazón do Novo Testamento é a escatoloxía realizada. Publicou, entre outras obras, The Authority of de Bible (A autoridade da Biblia, 1928), The Bible and the Greeks (A Biblia e os gregos, 1935), The parables of the Kingdom (As parábolas do Reino, 1935), The interpretation of the Fourth Gospel (Interpretación do cuarto evanxeo, 1953), Historical tradition in the Fourth Gospel (Tradición histórica no cuarto Evanxeo, 1963) e The Founder of Christianity (O fundador da cristiandade, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e matemático inglés. Coñecido como Lewis Carrol, foi profesor de matemáticas en Oxford. Da súa produción destaca Alice’s Adventures in Wonderland (Alicia no país das marabillas, 1865). Outros contos seus son: Through the Looking-Glass (A través do espello, 1871) e The Hunting of the Snark (A caza do Snark, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo e historiador francés. Estudiou no colexio dos xesuítas de Amiens e en pouco tempo aprendeu latín, grego, francés e varias linguas estranxeiras. Fixo despois dereito en Orléans e, tras prestar xuramento como avogado ante o Parlamento de París (1631), regresou a Amiens. O 19 de xullo de 1638 casou con Catherine du Bos e en 1645 pasou a ocupar o cargo de funcionario da facenda pública de Amiens. En 1668, a peste que se apoderou da cidade obrigouno a trasladarse a París. As súas obras son un modelo de erudición, polo que foi admirado no seu tempo. Como filólogo é autor do Glossarium ad scriptores mediae et infimae latinitatis (1678), o primeiro dicionario completo da baixa latinidade e o máis rico dos repertorios mediolatinos; así mesmo, pode ser considerado como o primeiro léxico do francés antigo, polo importante volume de textos que recolle desta lingua. Deixou tamén un Glossarium ad scriptores mediae et infimae graecitatis (1688), en que non se limita a dar o verdadeiro significado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente obreiro. De profesión tipógrafo, fundou en Palma de Mallorca a Societat Tipogràfica de Mallorca que presidiu ata 1883, cando se trasladou a Barcelona. Militou no movemento socialista e foi un dos fundadores da Unión General de Trabajadores (UGT) e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e historiador francés. Escribiu, entre outras obras, Considérations sur les moeurs de ce siècle (Consideracións sobre os costumes deste século, 1751). Foi membro da Académie Française, na que ocupou o cargo de secretario perpetuo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político irlandés. Estudiou leis en Dublín e, xunto con John Blake Dillon e Thomas Davis, fundou o semanario patriótico The Nation (1842). Posteriormente, formou o partido Young Ireland que defendía a independencia de Irlanda. En 1852 foi elixido membro do Parlamento e tentou formar unha oposición forte. Emigrou a Australia (1855), onde foi membro da asemblea lexislativa (1856-1864, 1867-1874 e 1876-1880). Nomeado primeiro ministro do estado de Victoria (1871-1872), actuou como voceiro do Parlamento (1877-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París. Gañou o Prix de l’Afrique Nord e trasladouse a Alxer (1910-1912). Dende entón incorporou á súa pintura elementos de carácter exótico. Realizou grandes composicións sobre temas históricos e míticos, como A descuberta de América e Orfeo, e recreou temas clásicos como O rapto das sabinas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. As súas obras caracterizáronse pola frialdade e por ser imitacións de Poussin. Escribiu o tratado De arte graphica (A arte gráfica, 1668).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena francés. Formouse con André Antoine no Vieux-Colombier de Jacques Copeau e no Théâtre Populaire de Firmin Gémier. En 1921 puxo en marcha o Théâtre de L’atelier, onde estableceu unha escola de formación actoral en que introduciu un programa novidoso, baseado no adestramento acrobático, no uso de técnicas da comedia musical, da commedia dell’arte ou do teatro xaponés. Promoveu, xunto con L. Jouvet, G. Pitoëff e G. Baty, a defensa do Teatro de Arte. No seu repertorio como director combinou a versión de clásicos como, Molière, William Shakespeare ou Ben Jonson, coa presentación de novos autores como, Luigi Pirandello ou Jean-Paul Sartre, cunha posta en escena creativa, baseada na sinxeleza, no rigor, na sutileza e na defensa do espírito do texto fronte ao aparato escénico. Tamén impulsou o movemento de descentralización teatral cun informe elaborado en 1937, que tivo moita influencia na posterior aplicación do modelo ao remate da Segunda Guerra Mundial. Entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles François du Périer.
-
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico. Foi un dos creadores da Escola de Barcelona. Dirixiu Cada vez que... (1967) e Liberxina 90 (1970), pero os problemas coa censura fixéronlle abandonar a realización e entón exerceu tarefas de produción. Foi fundador do Instituto de Cine Catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Coñecido como Carolus-Duran, foi pintor académico e retratista da aristocracia parisiense. Recibiu unha pensión e viaxou por Italia e España en 1861. En 1905 nomeárono director da École Françoise de Rome. Entre as súas obras destaca La Dame au gant (A dama da luva, 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador estadounidense. No eido do deseño centrouse na creación de cadeiras e sillóns. Con Eero Saarinen realizou a cadeira de Eames, galardoada polo Museum of Modern Art de Nova York (1940). Dende 1941 traballou coa súa dona, Ray Kaiser Eames (Sacramento 15.12.1916 - Los Angeles 21.8.1988), e os seus deseños convertéronse nos prototipos dos anos cincuenta e sesenta. No ámbito da arquitectura, proxectou a súa vivenda en Santa Monica (1949), na que as ventás, as portas e as paredes eran elementos prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte e pintor inglés. Formouse con B. R. Haydon, e deuse a coñecer co cadro de historia Napoleon on board the Bellerophon (Napoleón sobre o Bellerophon, 1815). Foi bibliotecario (1842-1844) e presidente da Royal Academy (1850), e conservador (1843-1847) e primeiro director da National Gallery (1855-1865). Escribiu, entre outras obras, Materials for a history of oil painting (Materiais para unha historia da pintura ao óleo, 1847) e Contributions to the literature of Fine Arts (Contribucións aos escritos sobre Belas Artes), publicado postumamente pola súa dona en 1870. Recibiu o título de sir. O seu sobriño, Charles Locke Eastlake (1836-1906), foi conservador na National Gallery (1878-1898) e autor, entre outras obras, de Hints on household taste (Indicacións sobre o gusto doméstico, 1868) e A history of the gothic revival (Historia do neogótico, 1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con J. Trumbull e J. Quidor. Retratou a sociedade do seu tempo. Das súas obras destacan Fenimore Cooper, Erastus Dow Palmer e Cyrus McCormick.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ecólogo. Foi un dos pioneiros da ecoloxía, á que definiu como a “historia natural científica que se ocupa da socioloxía e economía dos animais”. A súa principal obra é Animal Ecology (Ecoloxía animal, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante, arquitecto e gravador francés. Coñecido como le Fils, formouse co seu pai Charles Errard (1570?-1630), coñecido como le Pére. Como pintor traballou na decoración, entre outros, dos palacios do Louvre e Versailles, e do Parlamento de Bretaña. No terreo da arquitectura realizou a igrexa da Asunción de París. Foi un dos primeiros membros da Académie Royale de Peinture et Sculpture, director da Académie de France en Roma (1666-1672) e membro da Accademia di San Luca de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO