"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e actor polaco. Traballou inicialmente en Moscova con Stanislavski, para logo dirixir filmes de propaganda vermella como Khleb (1918). Viaxou por Alemaña, Francia e finalmente os EE UU, onde dirixiu a actores destacados como Gary Cooper en Operator 13 (O espía nº 13). Foi coñecido sobre todo polo filme The garden of Allah (O xardín de Alá). Dirixiu tamén The last of the lone wolf (O último lobo solitario, 1930), Les miserables (Os miserables, 1935) e The last of Mrs. Cheyney (A última conquista da señora Cheyney, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da familia das boletáceas.

    2. Familia de fungos da orde das boletais á que pertencen as andoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da orde das boletais.

    2. Orde de basidiomicetos da subclase das agaricomicetídeas integrada por fungos de carpóforo carnoso co himenio formado por tubos que forman unha capa separable e que establecen micorrizas con diversas plantas. Pertencen a esta orde as familias das higroforopsidáceas, das onfalotáceas, das paxiláceas, das gonfidiáceas, das boletáceas, das xirodontáceas e das estrobilomicetáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Publicación periódica sobre unha materia determinada que, en xeral, constitúe o órgano de divulgación dunha entidade oficial ou privada. En Galicia destaca o Boletín da Real Academia Galega, revista mensual que publicou o primeiro número en maio de 1906. Nela figuran interesantes traballos sobre Prehistoria, Etnografía, Arqueoloxía, Historia, Lingüística, Numismática, Xeografía, Bibliografía, etc, referidos a Galicia. Tamén contén unha curiosa Colección de Documentos Históricos relativos ao noso país, obra que consta de máis de dous tomos, independentes da revista.

      2. Publicación periódica de carácter oficial na que se fan públicas as leis e outras disposicións de xeral observancia, resolucións e avisos de interese xeral ou ben necesidades dunha publicidade para seren plenamente eficaces xuridicamente.

      3. boletín electrónico

        Boletín oficial dunha administración que dispón dunha versión completa ou reducida que se pode consultar a través dunha rede de comunicacións, como o Diario Oficial de Galicia, no enderezo http://www.xunta.es/doga, ou o Boletín Oficial do Estado, en http://www.boe.es.

      1. Pequeno escrito de noticias para circulación interna nalgún organismo ou para a comunicación pública.

      2. Breve comentario de noticias de operacións militares.

      3. Bloque de novas de última hora que aparece tanto nos xornais como nos medios audiovisuais. Na súa orixe, trátase dunha folla informativa de pequenas dimensións dirixida a un grupo de persoas en función duns intereses moi concretos.

      4. boletín electrónico

        Conxunto de noticias de actualidade sobre un tema ou temas determinados que se lles envía periodicamente por correo electrónico aos internautas subscritos a ese servizo ou que se poden consultar directamente na Internet visitando unha páxina web.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibiu o Boletín informativo del Ateneo da Coruña. Tomou este título en novembro de 1986, cando o Ateneo estaba a piques de cumprir os dez anos de existencia. Rexístranse números ata xullo de 1989, aínda que se sabe que seguiu editándose na década dos anos 90. O nome de Boletín informativo del Ateneo de La Coruña pasou a ser o subtítulo desta publicación en galego. Nesta etapa editouse baixo a coordinación da Comisión de deseño do Ateneo. O contido é case o mesmo que o da época anterior: balance económico, asemblea de socios, cursos, ciclos, conferencias, etc. Estaba ilustrado con montaxes fotográficas e debuxos alegóricos das actividades que se ían desenvolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo publicado en galego que apareceu en 1987. Esta publicación foi subtitulada como “Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia”. Contiña noticias sobre actividades, cursiños, directiva desta asociación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo do “Centro Benéfico Social Fillos da Estrada” da cidade de Caracas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe editada na Coruña en abril de 1985. Subtitulábase “Escola técnica superior de arquitectura da Coruña”. Foi dirixida por Xosé Antonio Franco Taboada. O consello de redacción estaba composto por Rosa Mª Fernández Esteller e Xoán Bautista Pérez Valcárcel, entre outros. A revista publicaba traballos sobre cuestións arquitectónicas, construción, perspectivas, proxectos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Boletín de uso interno da Asociación Cultural”. Apareceu en xaneiro de 1980 na localidade coruñesa de Negreira. O consello de redacción, ao longo da súa traxectoria, estivo composto por X. Francisco Escudero Caamaño, X. Amancio Liñares Giraut, Paulo Vaamonde García, Arturo López Regueiro, Manuel Martínez Álvarez e Alberto García Pintos, entre outros. Os contidos desta revista amosaban un compromiso decidido coa normalización da cultura e da lingua galegas, cuestión que se percibe segundo os títulos do sumario: “Refráns galegos”, “Novas de Afonso Eans”, “Libros”, “Os nosos artistas”, etc. O número 1 contén artigos dedicados a Celso Emilio Ferreiro e a Eduardo Blanco Amor, e cada ano saía un boletín especial co gallo do Día das Letras Galegas. Desta revista saíron dous números que destacan especialmente: o número 19, un boletín especial con motivo do Centenario de Rosalía de Castro, e o número 20 que conmemora o X Aniversario da Sociedade Afonso Eans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña entre os anos 1907 e 1916 de perioricidade mensual. Trátase dunha revista que informaba sobre cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería das dúas comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nacionalista que apareceu posiblemente en 1976. Este boletín sucedeu ao Boletín da AN-PG (Galicia), publicado no ano 1976, continuando coa súa numeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu en Santiago no ano 1984 baixo o subtítulo “Revista trimestral da Asociación Galega de Apicultura AGA”. No ano 1988 o nº 26 apareceu subtitulado como “Información e divulgación das abellas. Asociación Galega de Apicultura. A.G.A.” A redacción e o asesoramento corrían a cargo de X. M. Asorey e X. L. Meixide. Entre os seus colaboradores atópanse Merche Espiño, X. L. López, X. López, Marcos Varela, Edgar A. Correira e Xosé Torres, entre outros. Trátase dunha revista especializada dentro do campo da Apicultura que contaba coas seccións: “Editorial”, “Técnicas”, “Sanidade”, “Lexislación”, “Flora” e “Informe”. Estaba ilustrada con fotografías e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o grupo Marcelo Macías de colaboradores do mesmo. O seu primeiro número, correspondente ao ano 1971, saíu ao ano seguinte, sucedendo a este un total de 28 números ata decembro de 1999, cunha periodicidade anual ou bianual segundo as épocas. Os primeiros catro números contaron coa dirección de Xesús Ferro Couselo, director entón do Museo, ao que sucedeu nesa responsabilidade o seguinte director, Francisco Fariña Busto. O seu primeiro consello de redacción estivo composto polo propio Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Xaquín Lorenzo Fernández, Xulio F. Ogando Vázquez e Olga Gallego Domínguez. En anos posteriores incorporáronse investigadores como Antonio Rodríguez Colmenero, Manuel de Dios, Juan Carlos Rivas, Manuel Taboada Cid, Vicente Rodríguez Gracia, Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Alfredo Seara Carballo, Bieito Pérez Outeiriño, Francisco X. Espino Domarco, Xosé A. Vázquez Urtiaga, Xulio Rodríguez González e Afonso Vázquez-Monxardín....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na cidade da Coruña o 1 de xaneiro de 1895. Cesou o 24 de decembro de 1896. Dirixida por Uxío Carré Aldao, serviu de boletín propagandístico da súa Librería Gallega e como plataforma divulgativa da literatura galega. Entre os seus colaboradores figuraban W. Insúa, Eduardo Pondal, Lisardo R. Barreiro, Martelo Paumán ou F. Vaamonde Lores. Tiña unha tirada considerable: 3.000 exemplares do número 1 e 5.000 dos seguintes. O boletín incluía información sobre publicacións periódicas, certames literarios e acontecementos biográficos relativos a escritores, ademais dunha relación das obras publicadas en Galicia no mes anterior. Na “Sección bibliográfica” do nº 8 apareceu o reproducidísimo conto A pantasma de Francisco Añón. Outros colaboradores foron Noriega Varela e Álvarez de Nóvoa, quen no número 17, do 22 de maio-outubro de 1896, publicou o relato titulado “A nai” do libro Pé das Burgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación humorística, tirada na cidade de Vigo a partir do 20 de novembro de 1884. Foi o órgano informativo e publicitario da Sociedade Carnavalesca de Vigo. De carácter informativo e publicitario, daba conta das actividades que a sociedade organizaba. Os seus artigos caracterizábanse polos seus tons sarcásticos e humorísticos. O primeiro número foi vendido no Teatro Tamberlik durante unha función ofrecida polo cadro de declamación da sociedade. O seguinte número foi repartido tres días máis tarde, o domingo 23, co gallo dunha nova velada teatral. Non se teñen novas da saída de posteriores números e tampouco se conserva ningún exemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Montevideo. O Centro Galego editaba unha revista chamada Galicia e distribuíase entre os seus asociados este “boletín informativo bimensual”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín creado na Coruña en 1963 co subtítulo “Ilustre Colegio Provincial de Abogados de La Coruña”; cesou a súa actividade no ano 1965. Entre os colaboradores figuran Xosé Pousa Pérez, Ricardo Mora e Manuel Iglesias Corral. Saían tres ou catro números nos que seccións como “Actividades colegiales”, “Tribuna de colegiados” e “Nuestro colegio”, figuran no Sumario. Esta publicación profesional dedicouse a informar sobre as actividades colexiais, ordes do ministerio de Xustiza, mutualidades, lexislación, asistencia xurídica, etc. Na editorial do primeiro número, que levaba o título de “Palabras Previas” e a firma do decano do Colexio provincial de avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, manifestábase a idea de abrir a revista a todos os pensamentos, observacións e informacións de interese dos propios xuristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O primeiro volume viu a luz en 1982. O organismo reitor e responsable do boletín era o Consello de Publicacións, integrado nos seus inicios por Ernesto Viéitez Cortizo, Antonio Fraguas Fraguas, Luís Cordero Rego e Tito Antonio Varela López. Expresábase en diferentes linguas: galego, castelán, inglés e portugués. A súa creación estivo enmarcada dentro do ámbito dos obxectivos fundamentais da Academia tales como a promoción, aplicación e difusión de coñecementos científicos experimentais. Este boletín permitía a publicación dunha gran parte dos traballos de investigación feitos en Galicia. Concibiuse orixinariamente como unha revista de periodicidade anual coa posibilidade de edicións suplementarias. Os artigos abranguían diferentes materias como a Física, a Química, as Matemáticas, a Bioloxía, a Xeoloxía, as Ciencias Técnicas, as Ciencias Sociais e Económicas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da Asamblea Nacional-Popular Galega que saíu en xaneiro de 1976. Os contidos deste boletín eran de reivindicación nacionalista. Despois do número 6 esta publicación pasou a denominarse Boletín APG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego, que apareceu en Santiago en decembro de 1990. Este boletín proporcionaba información sobre a sociedade a xeito de proxectos, estatutos, asembleas, seminarios, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO