"CAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bote de remos plano e sen quilla, semellante a unha piragua, feita cun único tronco dunha árbore e tripulada por un único individuo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristino Álvarez Herrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al pouco profundo.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Exerceu en París e está considerado como un dos mellores intérpretes e compositores da escola francesa de viola de gamba. Na súa produción partiu da tradición francesa para achegarse, posteriormente, ás formas italianas. As súas pezas musicais para viola publicáronse en distintos volumes entre os anos 1719 e 1751.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, de madeira, cartón, metal ou doutros materiais, con ou sen tapa, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.
-
Contido dunha caixa.
-
Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.
-
Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para ir recollendo a fariña que cae ao moer o gran.
-
caixa de cimentación
Caixa de madeira, formigón ou aceiro, de formas e dimensións moi variables, empregada para cimentar o terreo cando este tende á reptación, presenta correntes de auga subterráneas ou ben cando está mergullado. A súa función é evitar os desprendementos de terra e a inundación da obra. A caixa aberta ou caixa india está formada por unha ou máis células cilíndricas, abertas polos extremos, que se cravan no terreo a medida que se escava o fondo. Cando hai que traballar a grandes profundidades ou noutras condicións difíciles, emprégase a caixa de aire comprimido, provista dunha cámara na parte inferior onde se inxecta aire a presión para evitar a entrada de auga.
-
caixa de Kubiëna
Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.
-
caixa de urxencias
Armario pequeno ou estoxo con medicamentos, gasas e útiles farmacéuticos para casos de urxencia.
-
caixa do correo
Receptáculo no que, a través dunha abertura longa e estreita, se deposita a correspondencia. Comprende tanto os que a administración de Correos dispón polas rúas, provistos dun saco no que se recolle a correspondencia para a súa repartición posterior, como o que reúne o correo nos domicilios particulares.
-
caixa estanca
Caixa xeralmente metálica que serve de depósito de auga ou combustible.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa d’Estalvis de Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída na Coruña o 3 de abril de 1978 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo (1896) e da Caja General de Ahorros y Monte de Piedad de Ferrol (1902), culminando un proceso pioneiro en España. A partir desa data incorporáronse novas entidades financeiras: en 1980 a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela (1879), en 1982 a Caja de Ahorros Provincial de Lugo (1964), en 1986 as caixas rurais da Coruña (1979) e Pontevedra (1968), en 1988 a Caja Rural de Orense (1961) e en 1992 a Caja Rural de León (1968). Dende 1978 dirixiuna José Luis Méndez López. En 1980 iniciou un proceso de expansión, ás veces a través da compra de oficinas bancarias doutras entidades (Banco de Fomento, Banco Urquijo e BNP Paribas), que a levou a ter presenza en todas as comunidades autónomas españolas, fundamentalmente en Madrid, nas comunidades mediterráneas e no Bierzo, así como en Portugal e noutros puntos de Europa e América. No 2000 posuía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Vigo o 17 de xullo do 2000 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), da Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1930). Ademais, forma parte da entidade o Banco Gallego (1988), que pertencía ao grupo de Caixavigo dende 1997. Con anterioridade, a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e a Caja de Ahorros Provincial de Orense asinaran en 1999 unha escritura de fusión. Dirixida por Julio Fernández Gayoso, quen dende 1965 era director xeral de Caixavigo. Durante o proceso de integración copresidiron a entidade Ramón Cornejo Molíns, procedente de Caixavigo; Manuel Bermúdez Castro, de Caixa Ourense; e Manuel Campos Vilariño, de Caixa Pontevedra. Está presente en todo o territorio galego, así como no Bierzo, Madrid, Lisboa, Porto, Xenebra, Caracas e México D F. No 2000 posuía unha rede de máis de seiscentas oficinas operativas, tiña un volume de negocio de 3 billóns...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Barcelona en 1926. Aínda que o seu ámbito de actuación inicial era provincial, en 1936 aumentou a súa xurisdición a toda Catalunya. En 1999 era a sexta entidade financeira española por volume de activos. Promove unha importante obra social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa de Aforros de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Lisboa en 1876. En 1879 logrou a autorización para a concesión de empréstitos á administración local. En 1885, trala integración da Caixa Económica Portuguesa, instituíu as cartillas de aforros; nese ano, ademais, as oficinas de correos comezaron a funcionar como axencias da CGD. Reestruturouse en 1909 para ampliar as operacións realizadas e para iniciar a súa expansión por todo o territorio portugués; así mesmo, estableceu o réxime de participación do persoal nos beneficios da CGD, unha verdadeira innovación para a época. Trala reforma de 1929 consolidouse como entidade crediticia; nese ano fundáronse a Caixa Nacional de Crédito e a Caixa Nacional de Previdência, que concedía as pensións aos familiares dos funcionarios públicos falecidos dende 1934. A Caixa Económica Postal integrouse na CGD en 1936. En 1988 constituíuse o grupo CGD, o maior grupo financeiro portugués que englobaba institucións de crédito e empresas de todas as áreas do sector financeiro,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Lugo en 1966 a partir da Caja Central de Ahorros y Préstamos, creada polos Sindicatos Católicos Agrarios, organización que tivo certa implantación na comarca de Mondoñedo. Dirixida dende a súa creación por Arcadio López Lens. No 2000 posuía 32 oficinas espalladas pola provincia de Lugo e unha máis en Melide, tiña 1.530 millóns de pesetas de recursos propios, manexaba 22.665 millóns de pesetas de recursos alleos e un investimento crediticio de 11.789 millóns de pesetas; o seu beneficio neto fora de 272 millóns de pesetas. A entidade, superado un período de consolidación, desenvolveu unha estratexia de apertura de novas oficinas e diversificou o investimento crediticio, abríndose a novos sectores económicos, sen esquecer o seu sector de orixe: o agrario. Durante a crise dos oitenta, asociouse xunto con outras entidades ao Banco de Crédito Agrícola-Cajas Rurales, grupo que abandonou para participar na creación da Sociedad Civil de Estudios y Proyectos, coa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contido dunha caixa.
-
-
Lado dunha caixa.
-
Cada unha das pedras laterais que constitúe o cadro do lagar.
-
Peza situada no peite do tear que dispón dun ferro para prensar o tecido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa pequena.