"CAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 163.

  • Acción e efecto de cauterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen cauteriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queimar un tecido orgánico mediante un cauterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que actúa con cautela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou K ā veri Río do S da India, que nace nos Ghats Occidentais, atravesa a chaira do Decán, os Ghats Orientais e desemboca no golfo de Bengala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a parte da Caucasia situada ao N do Gran Cáucaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concrescencia conxénita dun eixe lateral co talo principal do que procede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causa que actúa xunto con outra ou outras para producir un mesmo resultado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cauterización por conxelación local. Mediante o uso de substancias crioxénicas, como o dióxido de carbono ou o nitróxeno líquido, pódense tratar lesións inflamatorias, cicatriciais e dexenerativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema francés de vías desmontables e de doado traslado para pequenos transportes ferroviarios eventuais, ideado por Paul Decauville (1846-1922). A anchura da vía é de 60 cm e os carrís van asentados fixamente sobre os traveseiros de ferro, que son moi amplos e permiten colocar a vía sobre o terreo sen necesidade do leito de grava habitual nas liñas fixas. Pódese usar en obras e, nalgún caso, no transporte de viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios, da orde dos nectrídeos, de ata 1 m de lonxitude, con cabeza enorme de forma triangular expandida e coas extremidades e a cola curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cirúrxico que se emprega na destrución ou coagulación dos tecidos por medio da aplicación dunha corrente eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica pictórica que consiste en diluír as cores en cera fundida, polo que debe pintarse en quente. Difundida no mundo antigo, parece que se empregou en Grecia pero non se pode afirmar que se utilizase nas pinturas pompeianas que, sen embargo, puideron recibir unha capa de cera unha vez pintadas. Entre as pinturas conservadas destacan os retratos do Fayum.

    2. Preparado feito con cera esluída que se lles aplica ás pinturas, ás obras feitas en mármore ou pedra, á madeira ou ás paredes para protexelas da humidade ou darlles brillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está preparado con cera, fundamentalmente a pintura e o verniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tinta de cor vermella que empregaban os emperadores romanos para asinar un escrito.

    2. encáustica.

    3. Pintar por medio do lume ou combustión mediante ceras de cores esluídas, que se aplican mediante un ferro quente ou quentándoas previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construír canais.

    2. Conducir a auga dun río, dun lago, dun torrente, etc, a través de canais ou regos.

    3. Transformar en canal unha corrente de auga para regulala ou facela navegable.

    4. Orientar unha cousa en dirección a un obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Erill, barón de Orcau e de Rubinet. Conselleiro real de Filipe III, foi capitán xeneral (1617-1623) de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correntes parasitas inducidas nas pezas metálicas sometidas a un fluxo magnético variable. Aínda que nalgúns casos son útiles, normalmente procúrase eliminalas ou reducir os seus efectos e substituír as pezas macizas sometidas ao campo magnético por outras constituídas por un amontoamento de láminas delgadas vernizadas por unha cara e orientadas adecuadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento, realizado en 1851 por J. B. L. Foucault, que consiste en deixar oscilar un péndulo, libremente, durante un longo período de tempo; isto permite observar un cambio do plano de oscilación do péndulo respecto á Terra, que constitúe unha proba do movemento de rotación desta. Coñécese tamén como péndulo de Foucault.

    VER O DETALLE DO TERMO